Día mundial do comercio xusto. A Coruña…

 Comercio xusto 002.jpg Comercio xusto 003.jpg Praza de María Pita.

Carpa solidaria apoiando o Comercio Xusto co fin de que milleiros de familias en todo o mundo gocen de mellores condicións de vida. Diante da carpa había unha saba branca na que as persoas slidarias cosían un cacho de tea con frases relativas ao Terceiro Mundo, en especial con Africa, alusivas á fame, SIDA, pobreza extrema…

Na carpa había productos artesanais de varias partes do mundo e degustación de café e repostería, como unhas galletas, riquísimas, feitas por unha xove cooperante, cuxos ingredientes principais eran os anacardos (noces marañón) de Choluteca, Honduras. Anacardos que comercializaban ao natural e doces, en bolsas de 100 gramos, a 2´60 euros, provintes dunha cooperativa de cen labregas hondureñas, exportadas a través das redes do comercio xusto, que ven ser unha alternativa de reducción da pobreza a nivel mundial, baseado en principios éticos.

Comercio Xusto ríxese polos principios de igualdade e respeto entre produtores, tendas, importadores e cosumidores: redución da cadea de intermediarios, pago dun prezo xusto, condicións laborais dignas, non discriminación, non explotación infantil, respecto ao medio ambiente, productos de calidade…

Fotos e texto: Fina Roca

Unha imaxe vale máis que mil palabras…

                                            Juan Neira 009.jpg

Velaquí aparcado un coche do 091 na coruñesa rúa Juan Neira, no paso de peóns, fronte aos novos ministerios, onde queren poñe-lo Imelga, obrigando a unha persoa que se despraza en cadeira de rodas a meterse na estrada ante a indeferenza do garda de turno situado a súa esquerda! Vamos! Que logo multánnos, privándonos de puntos e comas por aparcamento indebido. Haberá que dar exemplo, non si? Dáse a circunstancia que nesta rúa os coches aparcan como lles peta, incluso, nas beirarrúas e diante dos vados, sen que ninguén lles diga nada. Viva a anarquía! Fina Roca.

Imelga…

 Veciños de Monelos reuníronse, onte, ante a futura sede do IMELGA coruñés, sito na rúa Juan Neira, na popular travesía de Monelos, para protestar en contra da ubicación da sede forense e das carencias do barrio, convocados pola asociación de veciños Fuente de las Pajaritas, que leva anos reivindicando un local social e un cruce de peóns con semáforos fronte a rúa Juan Neira. 

                                            Juan Neira 001.jpg Rúa Juan Neira.

Membros da Asociación veciñal colocando a pancarta nos baixos de Raminosa, onde vai ir o IMELGA , actualmente, está nos xulgados, que é onde ten que estar. Aínda ben non colocaron a pancarta apareceron a toda pastilla dous coches do 091, atrancando aínda máis a rúa Juan Neira, onde, os desaprensivos, aparcan en doble fila, nas beirarrúas e, incluso, en plena curva e diante dos garaxes malia ter o vado perfectamente señalizado e pagado.

Policía municipal e grúas non aparecen nunca por Juan Neira por pertenecer a ese tipo de rúas, que non ven os turistas. A Coruña que se ve está moi linda, pero a que non sae na foto da noxo! O parque de Oza, na bisbarra de Joaquin Galiacho e Juan Neira, está cheo de merda e as rúas pechadas a cal e canto. 

Os veciños, de momento, non van reivindicar aparcamentos para residentes, como existen nos barrios señoriais, pero van cansos de chamar ao concello para denuncia-la situación da rúa, sin que ninguén lles faga caso, a única vía que lles queda é manifestarse tódolos xoves. Ou sexa, munipas e Concello pasan dos problemas desta emblemática zona e, aínda por riba, queren ubicar aos forense nos baixos das vivendas familiares, nas que os veciños hipotecaron toda unha vida. 

Faltaría máis! Que leven o Imelga para os baixos da casa de Losada, o actual alcalde, ou para o mirador de San Pedro, alí teñen un bo ascensor para os osos dos mortos e delincuentes.

 O 091 apareceu en Juan Neira, tan pronto como colocaron a pancarta nas fiestras do futuro instituto forense, que está porta con porta do Liceo de Artesanos de Monelos.

 Juan Neira 006.jpg  Velaquí como aparcan os munipas nos pasos peatonais, miúda maneira de das exemplo. Dous coches contra cincuenta veciños. É moito…

  Membros da comunidade de propietarios do edificio de Raminosa, presentes na concentración de ontes, manifestaron que nin a Xunta de Galicia, nin o Concello da Coruña, pediron permiso aos copropietarios do edifico para facer o Imelga, como así reina nos seus estatutos.

  Juan Neira 002.jpg Juan Neira 004.jpg 

   Juan Neira 005.jpg Juan Neira 010.jpg Fotos e texto de Fina Roca

   No cartel de obras, onde vai ir o Imelga, está especificado o nome da arquitecta, promotor e licencia, pero non aclaran, como é preceptivo, a que se vai dedicar a obra. Lévanno todo con moito segredo. Cabe subliñar, que non respectan o descanso semanal, xa que os obreiros dos baixos de Raminosa, traballan sábados pola tarde e festivos, saltándose á toreira o convenio regulador da construcción.

  Os veciños, reunidos na rúa de Juan Neira, quedaron emplazados para o próximo xoves diante do centro cívico de Monelos ás oito e media da noite, van distribuír información do cadro reivindicativo das asociacións veciñais e recollida de firmas para protestar polas carencias do barrio, ausencia de paso de peóns diante de Juan Neira, relización do parque de Oza, local social, non o Imelga, etc.  

  O IMELGA, Instituto de medicina legal de Galicia, ten as seguintes funcións entre outras moitas: Antropoloxía forense, analizar tódolos restos óseos que aparecen en Galica, Patoloxía forense, realización de autopsias por morte violenta ou natural -contrátase o servio dunha funeraria que transporta os mortos ata as dotacións do Imelga- e valoración do dano corporal, ben por violencia de xénero, ben por delincuentes comúns, asasinos…

 

?

Día Mundial do Traballo, A Coruña…

Na Coruña  as manifestacións do Primeiro de Maio non deron para moito. As Centrais Sindicais estaban máis divididas cos partidos maioritarios de esquerdas e dereitas. A CIGA (nacionalistas) congregou 500 manifestantes e CC.OO + UGT  a 1000. A chuvia non axudou a congregarse na praza de Vigo (simpatizantes do BNGA), nin na Palloza, simpatizantes e afiliados do PSOE e Esquerda Unida. Claro que, tamén choveu en Vigo, e as Centrais Sindicais conseguiron reunir a + de 10.000 manifestantes. Que pasada! Iso si que é celebra-lo día mundial das clases traballadoras e as súas xustas reivindicacións…

Insisto! Vivimos nun tempo histórico no que tanto as esquerdas como as dereitas so miran para o seu cu, só lles preocupa o nº de votantes, o poder en suma! As centrais sindicais levan o mesmo camiño, xa que mentres UGT se manfestaba por un emprego de calidade, no obelisco, os bombeiros, que levan moitos días durmindo a intemperie reivindicando un salario digno, acusaban á devandita central de traidora i esquirola.

1 de maio 002.jpg

 1 de maio 005.jpg 1 de maio 004.jpg

A manifestación conxunta de CC.OO+UGT rematou diante do goberno civil, estaba atiborrada de globos vermellos, cantouse a Internacional cos puños pechados dentro dos petos e o himno galego ao son das gaitas. Coma sempre, poucos manifestantes sabían as letras do ‘Agrupémonos todos na loita final’ e ‘Que din os rumorosos’, agás o histórico Geluco Guerreiro que estaba entre os presentes e liscou a fume de carazo cando rematou a manifestación. Propoño que, en lugar de tantas bandeiras e globos, repartan entre os manifestantes un calendario coa letra da Internacional e himno galego, paro non quedar mal, claro!

Lema das pancartas coruñesas das fotos: <1º de Maio. Pola igualdade. Emprego de calidade. Non a deslocalización.>

En fin! Xa que falan de igualdade e, o primeiro de maio é a festa do movimento obreiro, día iNTERNACIONAL DOS TRABALLADORES dende o 23 de abril de 1919, día feirado, festivo, haberá que reivindicar, tamén, como día festivo, o 8 de marzo= día da muller traballadora.

Fotos e texto: Fina Roca.

Monelos e Imelga…

A Asociación de Veciños de Monelos Fuente das Pajaritas, cansa das falsas promesas do actual alcalde da Coruña, Losada, delfín de PAQUIÑO VÁZQUEZ, convocou unha manifestación pacífica, xoves 26 de abril, co fin de denunciar, que seguen sen local social e sen Parque de Oza; o único que fixo Losada foi vender terreo público en Elviña para facer un Centro Comercial e remexer a terra de Oza cunha paleadora para saír na foto preelectoral, deixando aos veciños co cu ao aire xa que non poder abrir as fiestras das casas porque enchénse de po e as moscas, asemade, nada se sabe dos 348.000 euros presupuestados para a realización do cacareado parque con xardíns nipóns, ingleses, franceses etc… O parque de Oza xa existe, natural, e só necesita unha boa limpeza. Ver o antes e despois nesta mesma páxina.

Os manifestantes concentráronse diante do centro cívico de Monelos e deron unhas voltas ao redor do barrio e do novo Centro Comercial de Elviña facendo unha parada técnica diante do Gadis, denunciando que, outrora, a asociación tiña a súa sede no mercado de Elviña, pero coa ‘Reforma’ botáronnos fóra para meter a Adolfo Domínguez, Gadis, Movistar, O Pincel e outras xoais da coroa, amén de mandar para a terceira planta aos usuarios e placeros: carniceiros, froiteiros, pescadeiros, amas de casa etc, ou sexa, que o mercado de Elviña quedou para os ricos de sempre…

Texto dunha das pancartas que abrían a manifestación:CONCEJALA, ALCALDE, CON IMELGA Y SIN LOCAL, MONELOS NO SALDRÁ DE VALDE.

       IMELGA = Instituto de Medicina Legal de Galicia. O Imelga coruñés estase a facer a marchas forzadas nos baixos do edificio de Raminosa, entre a travesía de Monelos e a rúa Juan Neira, sen o consentimento dos copropietarios do edificio como é preceptivo na apertura dun local, segundo os estatutos da Comunidade de Propietarios, que non descartan recurrir aos tribunais, xa que non están dispostos a ter os mortos e presos nos baixos das súas casas. Os manifestantes deron berros en contra do Imelga e a favor dun local social para os veciños de Monelos, acusando ao alcalde e a concelleira de barrio de traidores. Un equipo de patoloxía forenses, Imelga, nos baixos dun edificio, sito nun barrio superpoboado non é de recibo, é para botarse a tremer.

Mentres os manifestantes reuníanse diante do Centro Cívico de Monelos os membros da Xunta directiva repartían octavillas e explicaban o que pasou co mercado de Elviña, o club de chave e xardín, que agora ocupa Adolfo Domínguez e outros…

Texto doutra pancarta do movimento veciñal de Monelos: VÁZQUEZ LO PROMETIÓ Y UN AÑO MÁS TARDE LOSADA LO NEGÓ. NECESITAMOS UN LOCAL… ¡¡¡YA!!!

A única forza política que acudiu a manifestación foi Esquerda Unida (IU)…

Texto e fotos: Fina Roca

Día internacional do libro…

No ano 1995, en Paris, a Unesco proclama o día 23 de abril día internacional do Libro, a petición da Unión Internacional de Libreiros, habida conta que un 23 de abril do ano 1616 morreron dous grandes das Letras: Cervantes e Shakespeare. Cabe subliñar que, en España, celébrase o devandito día dende 1926 en honor do autor do El Quijote. Asemade, dende 1974, ese día entrégase El premio Cervantes, en masculino, claro! Xa que, en 33 anos, só dúas mulleres tiveron dereito a tan ilustre galardón: a poeta cubana Dulce María Loyuaz (1903-1997) e a malagueña María Zambrano.  Será por mulleres? Vamos! Xa falaremos mañá de a quen lle deron o premio, o pasado ano foi para Antonio Gamoneda…

Propoño practicar o bookcrosser para participar activamente no día do libro…

A librería Nos de A Coruña terá as portas abertas ata as 12 da noite para contar historias e ler, Cecilia, a libreira, propón regalar libros para a cárcere de mulleres cunha dedicatoria e frases ‘literarias’. Pareceme ben…

Bo día! Que non se diga! Regalemos un libro e unha flor, se pode ser, como en Cataluña. Fina Roca.

Todos funcionarios…

 

Dende o artigo de Mariano José de Larra, Vuelva usted mañana, os funcionarios, anque sexan bos, nunca tiveron boa prensa. Este vídeo de You Tube (vaya semanita:todos funcionarios) non ten desperdicio, supera a crítica de Larra, coido que foi feito por algún opositor fracasado e que vai adicado a todos cantos pensan mal dos funcionarios, pero que lles gustaría selo…

http://www.youtube.com/

O Entroido en Galicia, Entrudo en Portugal…

O Entroido

A festa do Entroido ten as súas orixes nas saturnianas latinas e na Grecia Antiga coas celebracións en honor a Dionisio, deus do viño e  transformación, que sometía aos seus feles a todo tipo de excesos. No seu honor facíanse desfiles en lanchas con rodas empuxadas por unha recua de sátiros (seres mitolóxicos con cara humana e pes de carneiro) e por homes e mulleres espidos, enmascarados, que incitaban a beber, danzar e foder. En Roma, había a mesma festa  en honor a Baco, nome latino de Dionisio… As Saturnianas se celebraban en honor a Saturno, Cronos para os gregos. os escravos disfrazábanse de amos e señoras, desfilando e danzando polas rúas reivindicando liberdade e igualdade.

Os cristiáns fan súa a festa nos séculos XIV e XV. En Galicia e Portugal  celebraban banquetes pantagruélicos para desquitarse da Coresma, coñecidos como Entroido en Galicia i Entrudo en Portugal: entrada ou introducción á Coresma xa que coarenta días despois celebrábase a Semana Santa. Portugal exporta o entroido a Brasil no 1723, o carnaval, durante catro días e noites, a música invade todo a rimo de samba,  da herdanza musical dos escravos africanos.    

 A primeira referencia literaria do Entroido, en castelán, aparece no Libro del buen amor (s.XIV), de Juan Ruíz arcipreste de Hita, la lucha de don Carnal y doña Cuaresma, irónica e sagaz lea entre animais marítimos e fluviais (exército de dona Coresma) e terrestres (exército de don Carnal) na que se  parodian os excesos de don Carnal, fronte ás falsas virtudes de dona Coáresma, unha ambiciosa e ponderada dama cristiá….

  O Entroido comprende un tempo de festas licenciosas no que está permitido todo, relacionadas coas festas do demo e estacións, celebrando o fin do inverno. Choqueiros, comparsas, entroidadas e regueifas son os compoñentes esencias da festa, xunto co lacón con grelos e doces tradicionais: filloas, orellas, chulas, flores e torradas. Choqueiros e comparsas están obrigadas a se meter cos sistemas políticos e relixiosos establecidos, de aí que, en España, suprimiran o Carnaval en numerosos períodos históricos, con Carlos V, Felipe II, Carlos IV  e  Franco, pero sen resultados positivos, seguiu a celebrarse nos clubs privados e aldeas coa complicidade dos alcaides e da propia garda civil.

Os bailes de máscaras foron  importados de Francia, e prohibidos por Felipe V de 1716 ao 1745; as caretas son importadas de Venecia (caretas venecianas). O  apoxeo dos bailes de entroido foi no século XIX, que é cando se populariza as festa, tanto en Galicia como Madrid, Cádiz e Canarias, o carnaval Canario é dos máis importantes de Europa, tamén se populariza o enterro da sardiña, que  comeza cunha procesión burlesca na que se parodian as cántigas e cerimonias eclesiásticas, para acabar enterrando a sardiña e as súas variante, como: o Meco, persoeiro burlesco e legendario, ao que lle botan as culpas de todo, que ven ser o Momo coruñés, castelanización do meco: cousas do ex alcalde Paquiño Vázquez e do seu delfín Losada…

En Galicia consérvase íntegra a festa, incluso, celébranse as vésperas co venres de comadres, sábado de compadres e domingo fareleiro, oleiro ou corredoiro. Rober Schuman compuso (1835) un concerto para piano, o Carnaval, no que se mesturan os persoeiros da comedia del’ Arte coas situacións pantasmagóricas, que reflicten moi ben o inicio dos bailes de carnaval.. Os Entroidos con maior tradición son os de Verín, Xinzo de Limia  e Laza, onde destacan os Cigarróns, disfrace , que se caracteriza por levar na cabeza un tricorne, do que pendura unha pelica de carneiro; o tricorne leva carauta de madeira tallada, pintada co sol e  lua; completa o vestuario un chaleco bordado, un calzón curto con borlas, unha faixa e un cinto do que colgan varias chocas que ocasionan gran ruído ao andar. Pantallas, caretas pintada, os peliqueiros, propios de Laza e Verín (Ourense) que se caracterizan por levar un traxe moi vistoso e unha carauta, que se prolonga na parte superior cunha especie de mitra, adornada con símbolos animais (serpes, cabalos, leóns) ou astrais, semellante aos cigarróns…

 Luís Tobío e Neira Vilas son as mellores referencias históricas e literarias do entroido galego do século XX. Tobío nas Décadas (pax. 42 )  describe o entroido viveirense: “todo era latricar, rir, cantar, bourear, beber e xantar larpeiradas, orellas de frade, freixós, pasteliños de nata, chulas, torradas, flores. As comparsas desfilaban polas rúas, cantando coplas con alusións e sucesos da vila, vellas habaneiras e valses que estaban de moda: Ven dueño mío, ven que mi alma te añora. O disfrace máis usado era o de Pierrot con violín, fronte ao do dominó, que tanto predicamento tivera nos tempos románticos. Os Pierrots con mascaritas, aflautando a voz,  metíanse con todo o mundo, publicando segredos e historias. O día culminante era o martes de entroido, de aí o dito ‘non todos os días do ano son martes de Entroido”. Os nenos disfrazábanse de chulas madrileñas e galáns románticos ou de choqueiros con calquera cousa. A festa remataba co enterro da sardiña, que era de moita risa con aquel arremedo que se facía das cousas máis respectables e santas, quer da igrexa, quer das autoridades, co desfile do enterro e o falso crego a botar un sermón cheo de chistes e alusións, e aqueloutros de comer chourizos colgados dun penico cheo de viño branco. Hoxe en día, en Viveiro, o enterro da sardiña comeza ás 10 da noite, preside o acto un meco sentado nun barril  de viño, detrás do barril, van as plañideiras (homes vestidos de negro con mantilla española, e mulleres ídem) consoladas polo bispo de Mondoñedo e polo alcalde, detrás das plañideiras vai o pobo, todos cubertos cunha saba branca, cal ánimas en pena da Santa Compaña cunha vela acesa, ou un fachón, parodiando a procesión de Semana Santa, advertindo do que lles espera cando enterren o entroido. Polo medio das filas van os augardenteiros, repartindo viño,  facendo parada e fonda en tódolos bares da vila… 

Neira Vilas, en Memorias dun neno labrego fai unha análise con ollos de neno do tempo de tolear (entroido) e do tempo de chorar (coresma). O carnaval é contado desde a fiestra dunha vella casa de aldea, por un neno, Balbino, que está de loito por un tío das Américas…<> Fina Roca

Apagón xeral

Para facer un chamamento mundial ante o cambio climático, un grupo de ecoloxistas franceses, secundado pola ONG Amigos da Terra, propón para hoxe entre as 19.55 e as 20 horas, un apagón eléctrico, ao que nos sumamos as blogueiras galegas entradas en anos. Fina Roca.