Día das letras galegas…

Paso o 17 de Maio, día das Letras Galegas, en Viveiro, escoitando unha orquestra na Fonte Nova, que interpretaba boleiros en castelán, anque tamén interpretou a Negra Sombra en galego. Pareceume pouco apropiado o dos ‘bailables en lingua castelá’. Cabe subliñar que, os nacionalistas con representación municipal, estaban presentes e aplaudían a rabechar. Para min que a ‘orquestina’ tomoulle o pelo ao concello. Diríase que eran do PP preconciliar. A ámbolos dous lados da praza había dos tenderetes de libros, en galego, que pouco ou nada vendían…

Mal anda quen lle dedica un só día a Cultura! Así non vamos a ningures. O galego ten pouco porvir como non volvan a popularizalo…

En vista de que non había moito que celebrar na vila, encamiñei as miñas pegadas ao paseo do río Landro, popularizado polo príncipe do romanticismo, Nicomedes Pastor Díaz. Que maravilla! Senteime na ribeira a ler o libro de Fran Alonso, A vida secreta de María Mariño, Ed.Xerais, da que, confeso, nada sabía ata que a homenaxeron este ano. Na represa, preto do Pozo de Piago, no medio da natureza do val de Landrove, lin o libro dunha tacada, ten unha lectura agradable e fácil. O tempo era bo e a paisaxe extraordinaria ata que a néboa por facer a puñeta apoderouse do solpor.

A Néboa a onde non chega manda recado!

Curiosamente estaba a ler estes versos de María Mariño cando me tiven que erguer e abrigar: Quen eres- preguntareiche- quen eres?/ Son a néboa que anda soia, sen o sol/ que quenta as queixas dos camiños…  (…)  Tiven medo de vogar/tiven medo da auga crara. /Anque fora cunsn bos remos/anque fora na mar calma/ non vogaba!/ Non vogaba… 

Paga a pena ler a obra desta poeta amiga de Uxío Novoneyra. Fina Roca.

 

?

Deixa unha resposta