Día Mundial do Traballo, A Coruña…

Na Coruña  as manifestacións do Primeiro de Maio non deron para moito. As Centrais Sindicais estaban máis divididas cos partidos maioritarios de esquerdas e dereitas. A CIGA (nacionalistas) congregou 500 manifestantes e CC.OO + UGT  a 1000. A chuvia non axudou a congregarse na praza de Vigo (simpatizantes do BNGA), nin na Palloza, simpatizantes e afiliados do PSOE e Esquerda Unida. Claro que, tamén choveu en Vigo, e as Centrais Sindicais conseguiron reunir a + de 10.000 manifestantes. Que pasada! Iso si que é celebra-lo día mundial das clases traballadoras e as súas xustas reivindicacións…

Insisto! Vivimos nun tempo histórico no que tanto as esquerdas como as dereitas so miran para o seu cu, só lles preocupa o nº de votantes, o poder en suma! As centrais sindicais levan o mesmo camiño, xa que mentres UGT se manfestaba por un emprego de calidade, no obelisco, os bombeiros, que levan moitos días durmindo a intemperie reivindicando un salario digno, acusaban á devandita central de traidora i esquirola.

1 de maio 002.jpg

 1 de maio 005.jpg 1 de maio 004.jpg

A manifestación conxunta de CC.OO+UGT rematou diante do goberno civil, estaba atiborrada de globos vermellos, cantouse a Internacional cos puños pechados dentro dos petos e o himno galego ao son das gaitas. Coma sempre, poucos manifestantes sabían as letras do ‘Agrupémonos todos na loita final’ e ‘Que din os rumorosos’, agás o histórico Geluco Guerreiro que estaba entre os presentes e liscou a fume de carazo cando rematou a manifestación. Propoño que, en lugar de tantas bandeiras e globos, repartan entre os manifestantes un calendario coa letra da Internacional e himno galego, paro non quedar mal, claro!

Lema das pancartas coruñesas das fotos: <1º de Maio. Pola igualdade. Emprego de calidade. Non a deslocalización.>

En fin! Xa que falan de igualdade e, o primeiro de maio é a festa do movimento obreiro, día iNTERNACIONAL DOS TRABALLADORES dende o 23 de abril de 1919, día feirado, festivo, haberá que reivindicar, tamén, como día festivo, o 8 de marzo= día da muller traballadora.

Fotos e texto: Fina Roca.

Deixa unha resposta