Da Coruña a Oviedo pasando por Cudillero…

A Rota da Rexenta…

Excursión lúdica cultural recomendada para alumnos/as de 4º de ESO e bacharelato e, naturalmente para viaxeiros con gañas de gozar da paisaxe, arte e novas teconoloxías. Levo anos facendo esta rota co meu alumnado e sempre pasámolo ben, moi ben. Viaxamos ao través da Literatura (A Rexenta de Leopoldo Alas Clarín), da arte prerrománica (Santa María do Naranco e San Miguel de Lillo), da Tecnoloxía (Museo da Mina de El Entrego), da pesca e natureza en estado puro, Cudillero: http://www.cudillero.org.  En honor a La Regenta escomenzamos o percorrido no parque dos Franciscanos onde está o monumento a Clarin (foto nº 1), os pavos reais, que andan ceibes polo parque e bisbarra( foto nº 2) e a fonte dos sapos facendo alusión capítulo final da Rexenta. Seguimos polo Teatro Campoamor, catedral (4), monumento á Rexenta (5) e barrio antigo, coa visita obrigada ao mercado de La Fontan, onde se comercailizan os carballóns e, dende 1918, os famosos doces de avellanas ‘os carajitos do profesor’ Que ricos!

A segunda etapa obrigada é aos monumentos do prerrománico asturiano, declarados pola UNESCo patrimonio da Humanidade en 1985: Santa María del Naranco e San Miguel de Lillo (fotos 6-10) onde se celebran bodas e bautizos por 450 euros.

O museo da mina de El Entrego (foto nº 11), na conca do Nalón, é algo digno de ver, aos estudiantes encántalles baixar ao pozo cos cascos postos e facer de mineiros por unhas horas, baixan a pelo polas galerías e ramplas, e gozan a mazo coas antigas e novas tecnoloxías. Non falla! A visita a mina é o que máis lles gusta de todo o percorrido. Pasan da arte!

Cudillero é una vila de cine, punto de paso da rota costeira do Camiño de Santiago. As paleadoras non fixeron estragos, de momento! Aquí naceu, extendéndose a todo o principado de Asturias, a denominación de pixuetos para os pescadores e caizos para os labregos. Ten un curioso paseo fluvial, peatonal, que remata nunha casacada e que atravesa o monte de lado a lado (fotos 12, 13 e 14)