Recetas solidarias con Haití

 Esta receta sae por seis euros e vale para dous días como mínimo, así que ánimo ese euro que aforrades en comer ben mandarllo a Médicos Sen Fronteiras ou a Cruz Vermella, para que Haití recobre a súa dignidade. Insisto, non paguedes comisión a ningún banco. A min intentaron cobrarme pero ao final desistiron por berrar a consigna: négome a pagar comisións por mandar diñeiro aos dagnificados de Haití ao través das ONGas. 

Caldo de nabizas, ou de grelos:

Ingredientes para catro persoas: Un quilo de patacas, unha cunca de fabas secas, osos salgados e frescos, un cacho de carne fresca (xarrete, falda ou carrilleira), hunto, dúas madas de nabizas ou grelos, un chourizo. O caldo admite todo tipo de carne, ese fondo de neveira que sempre temos: un cacho de costela, touciño, lacón etc. Nesta mesma páxina en Receitas de Fina Roca podedes ver varias formas de face-lo caldo, con grelos, verdura, repolo…

Modo de facelo:  As fabas se son secas e a carne salgada hai que poñelas a remollo dun día para outro. Poñer os osos abaixo de todo da pota e resto de carne encima, cubrir con auga e poñer a cocer, a medida que vai cocendo haberá que engadir máis auga, que sempre quede a carne cuberta. Meter as fabas nunha saqueta especial para que se cozan coa carne e non ter que andar buscándoas, se non tedes saquetiña cocelas aparte e botar a auga de coción ao resto do caldo. Unha vez cocida a carne retirala, colar o caldo resultante e poñer de novo ao lume. -Canto máis lentamente se coza a carne máis substancia vai ter o caldo.- Cando ferva botar as patacas cortadas como para unha tortilla, deixalas cocer dez minutos aproximadamente e engadir a verdura. Tan pronto como a verdura levante o fervor (no caso das nabizas por exemplo que son moi ternas) revolver con coidado e apagar sen tapar a pota, para que a verdura quede verde, deixar repousar dez minutos como mínimo e servir.   

O máis difícil deste prato radica en limpar a verdura: as follas se trocean para o caldo. A parte do nabo pélase e cócese co chourizo e un cazo de caldo para servir coa carne.

Velaquí paso a paso.

Recetas de Fina Roca. 007.jpg

Recetas de Fina Roca. 024.jpg

Recetas de Fina Roca. 025.jpg

Recetas de Fina Roca. 026.jpg

 

Caldo de grelos. Recetas de Fina Roca. 003.jpg

Caldo de grelos. Recetas de Fina Roca. 005.jpg

O caldo en Galicia faise para varios días, eu recomendo reservar a mitade e metelo na neveira. Tamén se pode conxelar e coa carne sobrante, ou facer croquetas, por exemplo. Eu sempre reservo un tarro de caldo como fondo de neveira.

Caldo de grelos. Recetas de Fina Roca. 002.jpg

Foto e texto:Fina Roca

Deixa unha resposta