Os Maios en Viveiro

Maio, maio, entra de crego / non revolbas o tempo… Aí ven o maio pola calle de abaixo/ aí ven o maio de roubar un refaixo/ aí ven o maio pola pescadería/ aí ven o maio comendo pan e sardiña…

Campo de Urraca é un barrio Viveirense con moita marcha que ensalza todas as festas populares, incluso, a procesión dos nenos.  Outrora as nenas saían coa cruz de maio polas rúas, para atoparse cos maios; ían  vestidas de branco cos traxes da primeira comuñón, portando guirnaldas, frores, cruces e bandexas cubertas de pétalos para pedir esmolas. As nais axudábanas a formar arcos de mirtos e flores. Os rapaces pola súa banda saían cos maios, unha especie de espantallos formados con canas, fiuncho, ramas, vimbios, varas de salgueiro: tirábanse mortos no chan pero axiña resucitaban, o que viña ser a resurreción do mundo vexetal tras o longo inverno.

Os maios son manifestacións colectivas do denominado Ciclo de Maio, un tempo comprendido entre mediados de abril e mediados de maio: entre maio e abril sae o cuco do cubil. Tres xoves hai no ano que relucen máis co sol: Xoves Santo, Corpus Christi e Ascensión.

En Viveiro os maios saen todos xuntos.

Luciano López Río é a alma mater da festa dos maios: vai vestido cun traxe feito con canas verdes, que pesa veinte kilos aproximadamente. Os acompañantes cantan os maios e piden esmolas polas rúas parando nos bares máis tradicionais. As nenas van vestidas de primeira comuñón cos arcos de mirtos e frores tal como podemos observar nas fotos. Levan maiolas e noces e cantan os Maios acompañados dunha pequena orquestra invitando a todos os presentes a acompañalos. Este é o Maio de Campo de Urraca o máis galano que ten a comarca. Velaiquí o maio:

El mayo de viveiro.jpg

IMG_0430.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

O 15M na Coruña

Impresionante a manifestación de onte na Coruña convocada polos indignados do 15 M. Había que ver aos vellos, xoves e nenos en perfecta harmonia e pacifícamente manifestándose dende a praza da Palloza á de María Pita, cantando consignas encontra da Banca, e dos banqueiros coma Pego e Rato, dos políticos chourizos, da maldade das preferentes -‘non hay pan para tantos chourizos’, ‘Pego e Rato’ devolvede todos os cartos’-en contra da privatización da Ensinanza e Sanidade, do abuso das Hipotecas que cada día deixan duascentas familias nas rúas, etc, etc. Houbo dúas sentadas, unha diante do obelisco e outra na praza de María Pita.

Hoxe, no obelisco, había organizado un mercado de trueque, ti levabas o que querías e collías idem, pero, a policía local estivo a piques de desmantelalo por non ter o permiso correspondente, tamén querían quitar a mesa de recollida de firmas. Namentres, un grupo de persoas de todas as idades estaban a facer unha asamblea popular cunha batería de ideas para acadar argumentos para combatir a globalización e consumismo do gran capital. Eu propuxen fomentar o pensamento crítico en todas cantas partes nos atopásemos, única maneira de poder combatir dunha vez por todas o medo que está a meternos no corpo esta nova era consumista e Insolidaria.

Para maior información:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/05/13/15-m-revive-galicia-25000-indignados/0003_201205H13P6991.htm