Xesús Alonso Montero

O pasado día 30 de xaneiro, Xesús Alonso Montero, recibiu o Facho de ouro nun entrañable acto presidido polo presidente da institución cultural, Xosé Luís Rodríguez Pardo, quen, logo de subliñar a importancia do homenaxeado na Cultura Galega, fixo un chamamento en pro da nosa fala.

http://es.wikipedia.org/wiki/Xes%C3%BAs_Alonso_Montero

Xesús A. Montero subliñou a importancia das asociacións culturais da década dos sesenta (O Facho, Gallo, Abrente…) todas elas relacionadas coa luz fronte ao obscurantismo franquista. Facendo un xogo de palabras co termo Facho, o académico, profesor e escritor, remontouse a súa aldea natal (Ventosela) para recordarmos que alí a un facho (antorcha de palla) chamábanlle fachiqueiro: un fachiqueiro non só é unha tea accesa, senón tamén o portador dos fachos.

Emulando os versos do gaiteiro de Penalta de Celso Emilio Ferreiro (Tendes que acender un facho/ Un Prometeo cantando) -que segundo afirmou, deberían figurar no frontispicio da Asociación o Facho- chegamos ao Prometeo mitolóxico, ao Titán amigo dos mortais, que lle roubou o lume (o facho encendido) aos deuses do Olimpo para regalarllo aos humanos, Xesús A. Montero, mesmo chegou afirmar que deberíamos de facer ‘santo’ a Prometeo levándoo en procesión por toda Galicia cos fachos accesos, porque el si que fixo cousas pola Humanidade.

O acto estivo moi concurrido: académicas como Luz Pozo, políticos, escritores, profesoras, empresarias, etc..   

Texto e fotos: Fina Roca

Mouros e cristiáns

Mentres preparo novas receitas solidarias, invítovos a visionar este video, super interesante, sobre os costumes das persoas segundo lles toque nascer ou vivir nunha parte ou outra do mundo. Non serei eu quen xuzgue cal é a mellor sociedade ou relixión, pero non podo xustificar o integrismo veña de onde veña…

burka pode ser moi beneficioso no deserto, porque o que tapa o frío, tapa a calor, pero en situcións normais non deixa de ser máis cun espantallo que atenta contra a dignidade humana, das mulleres concretamente. Teño moi claro que todo home que obriga a taparse da cabeza aos pes as súas mulleres é que non confía en se mesmo, que é un acomplexado. Eles, integristas islámicos, os varóns, báñanse nas praias como os europeos, pregúntome, por que non se bañan vestidos e elas en bañador? En fin, abride o vídeo e logo xa falaremos. 

Moslem.pps (application/vnd.ms-powerpoint) 3.001,00 K

Texto: Fina Roca

Recetas solidarias con Haití

Hoxe non imos gastar nada en comer, porque témolo caldo feito, sobrounos unha carrilleira cocida e temos unha leituga. Así que xa sabedes: o que aforredes para as ONGas de Haiti. Nunca crin que estas receitas tivesen tan boa acollida, graciñas e a mandar. Moitos pregúntanme de onde saco o tempo? Custión de organizarse: ir á praza un día a semana, mercar productos de temporada e organizar o fondo da neveira. Levar a lista do que de verdade necesitades ao supermercado e non comprar nada do que non estea na lista. Mentres ves televión, escoitas a radio, ou música, podes limpar verdura, cebolas, allos e mantelos no frigorífico, a verdura podes escaldala e conxelala en racións. Mentres escribes no ordenador, lees ou estudias podes cocer carne e osos a lume lento, gardar o caldo resultante previamente colado en frascos e sempre terás para facer un consomé, soupa ou caldo. Se tes que facer croquetas, un día fas a masa, outro as enroscas e outro as fríes, ou as conxelas. Hai que tomar as cousas con calma para ter tempo para todo. Eu perteñezo a ese grupo de mulleres traballadoras que traballamos dentro e fóra da casa, coa salvedade de que a miña profesión me gusta e cociñar me encanta, porque me relaxa moito, como pasear e nadar.
 

Menú do día:

1º prato: unha cunca de caldo que temos feito do véspera e metido na neveira.

2º prato: cortar a carrilleira cocida en filetes, rebozar en fariña e ovo, fritir en aceite e escorrer. Ou semplemente comela así, á prancha, ou con salsa de tomate…

3º : a leituga para acompañar as carrilleiras, tomate e cebola, aliñada con aceche e vinagre. Convén ter as follas limpas na neveira e as cebolas peladas, que como os allos, consérvanse moi ben nos frascos reciclados de cristal.   

Caldo de grelos. Recetas de Fina Roca. 004.jpg

O peixe. Recetas de Fina Roca. 014.jpg

O peixe. Recetas de Fina Roca. 015.jpg

O peixe e as ensaladas. Recetas de Fina Roca. 003.jpg

Texto e fotos: Fina Roca.

Recetas solidarias con Haití

 Esta receta sae por seis euros e vale para dous días como mínimo, así que ánimo ese euro que aforrades en comer ben mandarllo a Médicos Sen Fronteiras ou a Cruz Vermella, para que Haití recobre a súa dignidade. Insisto, non paguedes comisión a ningún banco. A min intentaron cobrarme pero ao final desistiron por berrar a consigna: négome a pagar comisións por mandar diñeiro aos dagnificados de Haití ao través das ONGas. 

Caldo de nabizas, ou de grelos:

Ingredientes para catro persoas: Un quilo de patacas, unha cunca de fabas secas, osos salgados e frescos, un cacho de carne fresca (xarrete, falda ou carrilleira), hunto, dúas madas de nabizas ou grelos, un chourizo. O caldo admite todo tipo de carne, ese fondo de neveira que sempre temos: un cacho de costela, touciño, lacón etc. Nesta mesma páxina en Receitas de Fina Roca podedes ver varias formas de face-lo caldo, con grelos, verdura, repolo…

Modo de facelo:  As fabas se son secas e a carne salgada hai que poñelas a remollo dun día para outro. Poñer os osos abaixo de todo da pota e resto de carne encima, cubrir con auga e poñer a cocer, a medida que vai cocendo haberá que engadir máis auga, que sempre quede a carne cuberta. Meter as fabas nunha saqueta especial para que se cozan coa carne e non ter que andar buscándoas, se non tedes saquetiña cocelas aparte e botar a auga de coción ao resto do caldo. Unha vez cocida a carne retirala, colar o caldo resultante e poñer de novo ao lume. -Canto máis lentamente se coza a carne máis substancia vai ter o caldo.- Cando ferva botar as patacas cortadas como para unha tortilla, deixalas cocer dez minutos aproximadamente e engadir a verdura. Tan pronto como a verdura levante o fervor (no caso das nabizas por exemplo que son moi ternas) revolver con coidado e apagar sen tapar a pota, para que a verdura quede verde, deixar repousar dez minutos como mínimo e servir.   

O máis difícil deste prato radica en limpar a verdura: as follas se trocean para o caldo. A parte do nabo pélase e cócese co chourizo e un cazo de caldo para servir coa carne.

Velaquí paso a paso.

Recetas de Fina Roca. 007.jpg

Recetas de Fina Roca. 024.jpg

Recetas de Fina Roca. 025.jpg

Recetas de Fina Roca. 026.jpg

 

Caldo de grelos. Recetas de Fina Roca. 003.jpg

Caldo de grelos. Recetas de Fina Roca. 005.jpg

O caldo en Galicia faise para varios días, eu recomendo reservar a mitade e metelo na neveira. Tamén se pode conxelar e coa carne sobrante, ou facer croquetas, por exemplo. Eu sempre reservo un tarro de caldo como fondo de neveira.

Caldo de grelos. Recetas de Fina Roca. 002.jpg

Foto e texto:Fina Roca

?

Recetas solidarias con Haití

Antonte iniciei cos morros frescos de terneira (la papada de la vaca) unhas recetas solidarias, moi apañadas económicamente, para que os que están en crises no mundo occidental podan comer ben e aforrar algo para mandalo a unha das ONGas que traballan en Haití para poder acabar coa miseria.   

Parrochiñas frescas:

Un quilo de parrochas (sardinitas) oscila entre tres e cinco euros. No mercado de abastos, tres euros. Podémolas facer de varios xeitos: asadas (coa cabeza), fritas (con o sen cabeza) e afogadas.

Fritas ou asadas con cachelos (patatas cocidas con monda) dan para tres racións acompañadas dunha boa ensalada. Pero para fartarmos recomendo as afogadas: nunha terteira poñede un quilo de patacas cortadas un pouco máis grosas cas da tortilla; enriba das patacas un tomate grande en rebanadas, un pimento en tiras e unha cebola en xuliana. Cubrir con auga, azafrán e un chorro de aceite de oliva. Deixar ferver o guiso ata que as patacas estean case listas, engadir as parrochas e uns puñado de guisantes conxelados.

Total gasto para catro persoas: catro euros. Queda un como mínimo para mandar a Haití, non si? Ánimo ese euro que non falte, pero ollo cos bancos que cobran comisión, regateade con eles, chamadelle rácanos, miserables, rastreros etc… Se tedes nómina e vos cobran comisión por mandar axuda económica a Haití, cambiade de banco e punto   

  No escurridor hai medio quilo de parrochas, que podedes fritir, ou outro medio Kg facelo á maneira de ‘parrochiñas afogadas. Enteiras con tripa e cabeza están moi ricas: enfariñar para fritir. Aliñadas con allo e pirixel enriquece o sabor das afogadas.  

Recetas de Fina Roca. 006.jpg

Foto e texto: Fina Roca.

Morros de terneira

Dende que tiven a primeira noticia do terremoto de Haití estou amolada. Recomendo contribuír monetariamente de forma explícita ou anónima  a unha ONGa na que confiedes. 

Eu lle teño fe a Médicos sen fronteira:  http://www.msf.es/

Dándolle voltas e reviravoltas a tan tremenda traxedia e tendo en conta que nós estamos en crise e en plena costa de xaneiro – pero sen esquecer que temos a sorte de vivir no Primeiro Mundo- ocúrreseme que podemos comer moi ben -ou non comer- aforrando cartos na cesta da compra para mandarllos aos taitianos ao través da ONGa na que confiemos.

Nas casquerías dos mercados municipais, prazas de abastos, podemos mercar morros de terneira a dous euros o quilo, que chega ben para cuatro persoas. Velaquí a reiceta:

1. Se escaldan e se deixan enfriar 

Recetas de Fina Roca. 001.jpg 

2. Quitar a pel exterior branca:

Recetas de Fina Roca. 004.jpg

Recetas de Fina Roca. 008.jpg 

 Ingredentes: allos, cenoria, limón, laurel, guisantes, perixel, pimentón doce e picante, tomate, viño branco…

3. Unha vez limpa a carne de pel exterior cocer a lume lento (entre unha ou dúas horas) co zume do limón, unha cabeza de allos sen pelar, loureiro e unha cebola mediana enteira. Sal ao gusto. Entra ben sen sal 

Recetas de Fina Roca. 010.jpg

Mentres se coce picamos unha ceboliña, un pimento, unha cenoria e un tomate. Pochamos e reservamos.   

Recetas de Fina Roca. 011.jpg

4. Unha vez cocidos os morros deixámolos enfriar ben (mellor facelos dun día para outro e metelos na neveira para que se reafirmen). Cando están fríos os fileteamos quitándolle a grasa branca que aparece no medio. Reservar unha taza de caldo de coción que contén moita xelatina.

Recetas de Fina Roca. 013.jpg

5. Unha vez fileteados incorporar á sartén, engadir o caldo reservado e un vaso de viño branco. Deixar cocer dez minitos e engadir o pimentón e guisantes, no momento de servilo botar o pirixel picado.  

Recetas de Fina Roca. 015.jpg

Este prato, riquísimo e barato, encántalle aos nenos e pódese acompañar con calquera cousa, en especial pasta; a min gústame moito con patacas cocidas e xudeas frescas:

Recetas de Fina Roca. 016.jpg

Esta mesma receita vale para as ricas carrilleiras que tamén se compran nas casquerías e van baratas

Recetas de Fina Roca. 009.jpg

Por tres euros podemos comer catro persoas e mandar outros tres a Taití. Seguirei a propoñer pratos ricos e baratos para que non digamos que non podemos contribuír porque non podemos. Querer é poder.

Fotos e texto: Fina Roca

?

Cabalgata de Reis

Na Coruña os reis magos chegaron en tren. Milleiros de nenos, avoas, nais e pais agardaban por eles na Estación de San Cristóbal. As seis menos dez empezou a cabalgata, como se pode observar no reloxo da torre, un recorrido espectacular dende a estación ata María Pita, pasando pola fonte de Catro Camiños. Ninguén perdía pancada, os pequerrechos a cabaliño dos seus proxenitores, e no colo dos avós e avoas. Os caramelos -este ano habíaos para cilíacos-voaban por riba das cabezas e, coma sempre, ao querer collelos, houbo algunha insesperada caíada. Había cativos/as con bolsas cheíñas de caramelos, os máis listos puñan o paraugüas ao revés. Os bombeiros coa estrela de Belén e o carteiro real guiaban a Melchor, Gaspar e Baltasar. Baltasar era un rapaciño de cor moi noviño, que non paraba de botar bicos e caramelos, gozaba a mazo co evento. A incorporación a Avenida para acceder á praza de María Pita foi perigroso. Xinetes e amazonas da Hípica acompañarn aos reis. E detrás de todos, pechando a cabalgata, ían as tanquetas de limpeza absorvendo os confettis. A cabalgata da Coruña, non é como a de Madrid, pero vale, xa ilusiona a nenos e maiores…

Velaqui:

Texto e fotos: Fina Roca.