Resurrection Fest, Viveiro
Venres, Xullo 31st, 2009Máis de cinco mil persoas déronse cita no Campo de Fútbol e bisbarra de Viveiro para acoller o RESURRECTION FEST considerado o mellor FESTIVAL de HARDCORE de Europa e parte do estranxeiro:
http://www.resurrection-fest.com/
Abarrote no parque de Viveiro perante dous días: 31 de xullo e 1 de agosto. Acampada libre no parque, San Roque e Lavandeiras (Celeiro)… O bono para os dous días custa 18 euros. De crises, nada, de nada… Impresionante concertación de xente de todas partes. Porreros, borrachos e abstemios. Hai de todo. Ferve Viveiro co hardercord neiorquino, británico, español e galego. Non pasa nada que non pase nun botellón local. Como unha imaxe vale máis que mil palabras velaquí:
Quentando máquinas: Overcome.

Gardando cola: rapaces e rapaciñas do Primeiro Ciclo da ESO amén de adultos de tódalas nacionalidades, e profesións, en especial lusos, - seguidores dos portugueses Fort de Glory e Ratos de Porao- non queren perder pancada dos principais grupos hardecord: The Eyes, Rain Is Art, Madballl, H2O, Hazen Street, The Toy Dolls, Mad Caddies, Bytheface, etc…

Tendas de campaña da marca Quechua ata no arcén do Estadio:

No parque predominaban as cores negras propias dos grupos musicais Metal. Por faltar non faltaban nin os Skingers, nin os PUNK de cores diversos: rubios, rousados, zanahoria etc:

O chiringito do camping estaba a tope. Mesmo había grupos coas súas mascotas preferidas, dende cans, cadelas, paxaros e furons:

Tanto os cans como o furón estaban tranquilísimos! Sen problemas…
Sorprendía a profusión de rapaces e rapazas tatuadas de arriba abaixo: alá cadaquén coas súas manías.


Namentras a xuventude gozaba a tope da vida e da musica, en Viveiro, na praza de Pastor Díaz quentaban motores para celebrar o Festival máis casposo do mundo mundial: O Festival do Landro:

E o máis lindo da xornada: Carlos Romero e os seus amigos. Uns monicreques fabulosos con guitarra tradicional:

Texto e fotos: Fina Roca.
�














