Zapatero na Coruña…

Confeso que non son partidaria do bipartidismo político ao que nos queren levar o PSOE e o PP. Pero tamén confeso que onte gustoume o mitin de Zapatero na Coruña. Que pasada! Os socialistas, como o ave Fénix, rexurdían das súas cinzas e, ata Losada, que ten un discurso trapalleiro, falou ben! O peor Molina, demasiada propaganda de se mesmo para o meu gusto, non debe ter avós, como Paquiño Vázquez, un ministro de cultura debería dominar, como mínimo, as linguas autonómicas, arrasaría falando galego! Touriño, afónico, foi o único que empleou a lingua galega, anque as veces o subconcsciente facíalle malas pasadas e se lle escapaba o castelán, moi oportuna a comparación que fixo do programa do PP co reinado de Isabel a Católica e a situación do xudeos conversos…

A bandeira gai ondeaba por primeira vez nas primeiras filas dos socialistas! Como en Naseiro… 

Botábase en falta unha voz de muller, a viceperesidenta do goberno por exemplo! Para combatir o machismo hai que dar exemplo, non abonda con falar e falar. Algo falla cando MITINEAN catro santos varóns (Losada, Molina, Touriño e ZAPATERO) e ningunha muller….

Con todo, o mitin fixo que renacera nos indecisos o desexo de votar socialistas, e iso é bo, moi bo, como foi bo ver familias enteiras, bisavoas, avoas, pais, nais e fillos, interesándose pola política…  

Non! Os socialistas non acaban coa famila, abonda con ollar as fotos…

 

Mitin zapatero 28f 048.jpg

Mitin zapatero 28f 077.jpg

 Mitin zapatero 28f 037.jpg Mitin zapatero 28f 064.jpg Mitin zapatero 28f 090.jpg 

? En fin! Que continue o pluripartidismo e que gañe o mellor, pero ollo as dereitas privatizan e as esquerdas socializan! Votar ás dereitas e volver á prehistoria.

Texto e fotos: Fina Roca

cocochas de merluza conxeladas…

Ingredientes para tres persoas: unha tarrina de 250 gramos de cocochas de merluza -trae entre 25 e 30 cocochas e custa 5 euros- unha cebola e un pimento verde grandes, oito patacas pequenas, un bote pequeno de champiñóns, pirixel picado, allo e unha copa de viño Alvariño.

Modo de facelas: deixar desconxelar as cocochas á súa vara na neveira ou temperatura ambente; cando estean desconxeladas, dez minutos antes de cociñalas, adobalas con allo sal e pirixel; pochar a lume lento a cebola e mailo pemento; engadir as cocochas e os champiñóns en lata, deixar facer primeiro a lume lento e logo, no momento de botar o viño, a lume forte.

Servir na propia sartén e espolvorealas con pirixel picado.

Cocer as patacas con monda (cachelos), un cacho de cebola e unha folla de loureiro.

cocochas de merluza 001.jpg cocochas de merluza 003.jpg

cocochas de merluza 005.jpg cocochas de merluza 006.jpg

Por sete euros aproximadamente e 15 minutos de tempo podedes comer a corpo de rei tres persoas.

A receta vale para as frescas, pero son máis caras, merman máis e non sempre as atopamos no mercado. Tamén se poden facer coas cocochas do bacallao, pero hai que poñelas a remollo cando están salgadas.

A papar! Que aproveite!

texto e fotos Fina Roca.

Excursión a Lalin

O pasado sábado, organizada pola Asociación Cultural e Recreativa Comarcal Vivariense, houbo unha xuntanza de 70 viveirenses/as no quilómetro cero de Galicia, en Lalín, no restaurante Agarimo, para participar na festa do cocido, festa que se celebra cada ano dende o domingo anterior ao Entroido e que dura un mes coma mínimo. Cabe subliñar que hai autopista dende A Coruña a Lalín e que axiña se chega, unha hora aproxidamente. Eu facía moitos anos que non pisaba esta terra da comarca do Deza e atopei todo moi cambiado.

A Plaza maior está moi linda e chama a atención a escultura do cerdo que podedes ver nas fotos.

Que ben comimos!
Que cocido mi madriña!
Non faltaba de nada, carne de cocho e vaca, grelos, chourizos e patacas. Os chourizos pingaban as patacas que daban gloria, incluso, habíaos de cebola e dos outros. De postre filloas, leite frita e queixo do país con membrillo. Mercamos queixos, touciño con e sen febra e chourizos.  Antes de xantar fixemos un percorrido polas tascas da vila e monumentos.
Mágoa non poder ver o museo! Estaba pechado…
Lalín conta con persoeiros tan ilustres como Laxeiro: Xosé Otero Abeledo.

En 1984 o ex presidente da Arxentina Raúl Alfonsín visitou estas terras habida conta de que os seus avós son de Casaldernos, Alfonsín é o neto de Serafín. A vila está irmanada coa cidade na que naceu o ex presidente: Chascomús. De Lalín tamén era Cuiña, quen, como non comungaba coas rodas de muíño de Rajoy and company, foi ‘vilipendiado’ polo seu propio partido!

Texto e fotos: Fina Roca

Orellas de Entroido

As orellas hai que facelas entre dous ou tres persoas, xeralmente facíanse o xoves ou vernes de comadres; as mulleres reuníanse na casa da comadre máis vella para facelas. Quen ten boa man debe facer a masa e estirar as orellas, mentras outra dedícase a fritilas e esporvorealas con azúcar. Nestas mesma páxina tedes a mellor receta posible herdada de nais a fillas -Recetas de Fina Roca: as orellas de Oliva- pero aquí tedes as fotos paso a paso da masa para dous quilos de de fariña e unha dúcea de ovos:

As orellas de Entroido 013.jpg As orellas de Entroido 0113.jpg As orellas de Entroido 012.jpg

A masa debe quedar coma un queixo sen que se pegue nas mans, logo hai que  estiralas de tal xeito que poidamos poñer unhas enriba das outras sen que se peguen: facer bolas antes de estiralas e huntalas con aceite, que se quenta previamente e se deixa enfriar; fritilas en moito aceite, pero ollo! Hai que quentalo, deixalo enfriar e quentalo de novo para fritilas. Cando botedes as orellas na tixola espabilalas cun tenedor para que non se apelmacen.

As orellas de Entroido 014.jpg As orellas de Entroido 018.jpg

Que ricas!

Foto e texto: Fina Roca