As Noces…

Estamos en outono tempo de noces. Quen non ten unha nogueira (nogal) preto da casa?

En Galicia aínda quedan nogueiras, non moitas pero quedan! Recomendo dar un paseo polo parque ou monte máis cércano de onde vivides para recoller noces, é moi divertido, saudable e valen para comer. Son boas par o corazón, Alzheimer, colesterol e anemia. Tres noces diarias axudan a mellorar o organismo. Pero claro, se non sabedes como é unha nogueira, pode que pisedes as noces sen decatarvos do que facedes.

VELAQUÍ unhas nogueiras:

As noces 002.jpg

Observade cómo é unha noz dentro da pelica:

As noces 003.jpg As noces 0041.jpg 

As noces 005.jpg As noces 006.jpg

Seguide paso a paso o procedemento e teredes noces para o ano, noces galegas claro! Que son moi ricas e sans. Cando caen da árbore están envoltas nunha pelica verde, hai que te-la paciencia de esperar a que salgas soas da pel, pero podes recollelas coa pelica e deixalas secar na casa entre sol e sombra; observade no campo ou nas fotos, que cando saen da ‘funda’ están rodeada duns pelos negros, que caen sos.

Cando lles caen tódolos pelos, están listas para comer!

Convén secalas nunha cesta de vimbio.  

Que ricas!

Fotos e texto: Fina Roca.

?

A voltas coas hortas de Oza, Coruña

Os que me seguides neste blog sabedes que me cabrean as inxustizas socias, non as soporto! En Oza estánse a cometer moitas en nome da Lei e da obedenza debida. Como se todas as leis e políticos fosen modelos de virtudes! Se ben é certo que os xubilados/as que cultivaban os terreos do que vai ser ‘parque de Oza con rañaceos incorporados’ non eran os donos deles, non menos certo é que cultivábanos dende os tempos de María Castaña. As hortas mantiñan limpo o campo, servían de entretenemento e completaban a raquítica pensión de xubilación e viúdez dun fato de mulleres e homes. Eu teño pasado tardes enteiras nestas magníficas hortas, falando cos paisanos/as, comendo froita no medio das frores. Ninguén cría, que do día para a noite ían arrasar con todo sen darlles tempo para recolle-la colleita, agás eu por pasar por unha situación similar cando me tiraron a casa de Viveiro, A casa Barro, que podedes ver no link desta mesma bitácora.

Onte estive paseando polas hortas, parecía unha paixase lunática, desoladora! Como se pasara unha apisonadora! Arrasaron coas árbores froitais e ronseles. Dába mágoa ve-las manciñeiras, pereiras e pexegueiros cortados para leña. Montóns de leña abandonados no parque! Pero o que é peor: había rapiña na cidade na que ninguén é forasteiro! Estamos en tempos de fame quizais? Non se entende, que persoas con cara de boa saúde pelexaran por rouba-los cultivos de quen tanto traballou e que estaban a pasar por unha situación kafkiana…

-Roubáronme toda a colleita! Lamentábase unha paisana.

-Non me deixaron nada en pe! Levarónme ata as prantas aromáticas e cantas flores tiña cultividas. Dicíame Concha Vázquez Mella, unha muller de Monelos, que tiña un chabolo de cemento con 20 galiñas no campo de Oza, detrás da Igrexa de Monelos, polo que pagara cincuenta mil pesetas das de antes.

Curiosamente, a horta do crego de Monelos, que estaba chea de merda e de cascos valeiros de cervezas e refrescos, non a expropiaron, pola contra, os empregados municipais, limpiáronlla arreo con cargo ao concello! Tampouco expropiaron aos Reboreda, unha familia do señorío coruñés, a que non lle tocaron chisco do seu muro! Só tiraron as casas, chabolas e hortas dos que non teñen padriño para se defender…

Cando me atopei con Concha, a boa da muller andaba agachada entre as ruínas do seu galiñeiro buscando unha pedra de afiar coitelos, a que lle tiña moito cariño porque pertencera ao seu fillo. As galiñas e maila horta eran o seu consolo i entretemento dende que lle morrera o seu único fillo, quen traballaba nas obras e caeu polo hoco dun ascensor…

-Senón chega ser pola horta e os animais non sei que ía ser de min! Tiven que malvende-las galiñas para que non mas roubaran. Custáronme sete euros cada unha e vendínas a tres! Pero para o piso non podía levalas! Dicíame…

Concha non pensaba chorar pola expropiación forzosa e sen recibir un peso a cambio! Segundo me contaba xa gastara tódalas bágoas no enterro do seu único fillo. Mais miraba con nostalxia para todo canto amara. Nin tempo lle deu a coller as manzás dunha maceira que prantara coas súas propias mans e que daba unhas mazás riquísimas, tiña prantas de tódolos cores, tomates, leitugas, ovos…

Mentras falabamos ela seguía a buscar a pedra de afiar. Por fin deu con ela! Que alegría! Foi como se encontrara o tesouro máis preciado do mundo, cambioulle-lo rostro e alegroumo moito estar con ela nese intre…

Velaquía a Concha no momento de atopa-la pedra de afiar:

Desolador aspecto da horta de Cocha, ver a anotación seguinte nesta mesma páxina para ver como era hai apenas tres días.

Cabazas tiradas no medio dos escombros do galiñeiro de Pepe, o irmán de Concha.

Cando estabamos a face-las fotos apareceu Gloria, outra veciña, doéndose de que talaran unha manciñeira que cultivara ela mesma dentro dunha pota vella do caldo, e que logo transplantara xusto ao lado do muro dos señoritos do lugar, os Reboreda. Ámbalas dúas mulleres, afeitas ás desventuras, achegáronse a unha chabola hortícola, que aínda non tiraran, onde se daban as rosas máis fermosas do mundo, para coller follas de figueira:

-Son boísimas en infusión! Para a dor de estómago e para os nervios! -Dicía Concha- A partir de agora virei a botarlle de comer aos gatiños, porque andan perdidos dende que empezaron coa desfeita. O parque pode quedar moi lindo, pero acabaron coa miña forma de me entreter. Terei que facer como tódolos vellos, pasear e pasear, home bo!

Gloria e Concha diante da derradeira figueira:

Texto e fotos: Fina Roca. Continuar lendo “A voltas coas hortas de Oza, Coruña”

As derradeiras hortas do parque de Oza…

A Coruña…

Onte a tristeza e dor sentíase na xente maior do barrio de Monelos que perante anos cultivaron as súas hortas con paciencia e agarimo. Malia que no mes de abril do presente ano recibiron unha carta instándoos a recoller todos os apeiros en 15 días, coidaban, que a orde ía ser coma outras veces -levaban anos escoitando a mesma historia- e que ían poder facer o que sempre fixeron: cultivar e criar galiñas. A desolación era patente! As máquinas entraron a esgalla e, anque os obreiros, aseguráronlle que de momento non ían tirar as chabolas onde gardan os aperos, chorando, as máis velliñas, preguntábanse, que facer coas galiñas? De feito unha señora, que perdera o marido e mailo único fillo, dicíame que grazas ao coidado das galiñas e maila horta puidera saír adiante. Agora vive nun piso e non vai levar os animais para a casa. Estas hortas están situadas xusto detrás da igrexa de Monelos. A horta do crego non está afetada polo deshaucio, é dicir, que seguirá adscripta á Igrexa, quedando no medio e medio do parque de Oza, ata que a Igrexa a venda por un prezo millionario á constructora da quenda. Seguirei a informar sobre esta desfeita que deixa as persoas maiores sen a súa habiitual forma de vida. As hortas están a salto de mata do Corte Inglés e como se ve nas fotos os bloques de cemento avanzan. De parque nada! Vamos! Un xardinciño, como en Vioño, e o resto para as constructoras. En Vioño desfixeron unha aldea enteira para cubrila con bloques de cemento.

 

Acabáronse as hortas sitas entre o Camiño do Corgo, Rúa Montes e Camiño da Igrexa.

Fotos e texto: Fina Roca

O Parque de Oza…

Así era no mes de xuño de 2007

parque de Oza 033.jpg

Parque de Oza, 059.jpg

Así é dende o mes de agosto de 2007 ata hoxe en día…

Oza-Corgo agosto07 0031.jpg

Oza-Corgo agosto07 005.jpg

Como unha imaxe, as veces, vale máis que mil palabras, coido que sobran comentarios. pero non me resisto a dicir, insistir, que o parque de Oza estaba moi lindo como estaba, que só necesitaba unha limpeza, pero a tala de arbores, a destrución de casas con hortas e leiras, para especular cos terreos, non ten sentido! Nesta mesma bitácora podedes ver o antes e despois do coruñés parque de Oza en distintas entregas. Seguirei informando por ver se os mandamáis se sensibilizan.

Fotos e texto: Fina roca

A fonte do Corgo, Coruña…

Non só destruen as casas, fontes e hortas senón a vida das persoas…

Fonte.jpg
Oza-Corgo agosto07 0211.jpg

Velaquí a fonte do Corgo, Coruña, onde bebía Foucellas cando vivía en Monelos..

A primeira foto foi sacada a finais de xuño do ano en curso e a segunda o día primeiro de setembro do mesmo ano 2007. Non se entende o afán destructor do governo municipal da Coruña. Disque van facer o parque de Oza, pero, de momento, como podedes ver nesta mesma páxina en anotacións anteriores o único que están a facer é destruir, destruír e destruír a natureza.