Exconxuros poemario de NMerche Antón

Merche Antón, actriz, cantante lírica e poeta, vén de presentar o seu poemario Esconxuros na Coruña. Pasar unha tarde outonal no incondicional marco do salón de actos de Portas Ártabras, na cidade vella, non ten prezo! Un luxo escoitar á poeta e ao actor Santiago Fernández recitar os versos de Merche Antón. Cabe subliñar que o poemario está ilustrado por Siro quen fixo unha interesante presentación da autora e do seu libro editado por Medulia. As reflexións de Merche sobre  esperar tanto tempo para publicar a súa lírica noin deixaron indiferentes a ninguén.

Santiago Fernández, Siro López e  Xulio Valcárcel.
0:35 / 1:59
0:00 / 1:11
Luz Darriba, Myriam Goluboff e 7 máis

Xoguetes para nenos cegos

 

Xoguetes para nenos cegos

(Luz Darriba)

Xoguetes para nenos cegos é unha novela curta narrada en primeira persoa por Xosé, un home xa maior, que rememora os tempos vividos da posguerra na súa aldea natal. Luz Darriba Magadán escribiuna en galego no ano 2014, nun momento moi duro da súa vida, de desesperación, segundo conta: «A miña nai estaba agonizando en Bos Aires e eu estaba en A Coruña sen poder estar a súa beira.…» Foi publicada en castelán no 2016 (Ed. Tandaia) e en galego no 2021 (Ed. Belagua). Ten un interesante e acertado limiar da escritora Helena Villar Janeiro.

A novela narra a historia de dous rapaciños dende os dez anos ata que son adultos: Xan é un neno cego de nacemento, rico de máis, que vive no ostentoso e amurallado pazo dos Pena Moura, na casa máis grande e rica do lugar. Xosé é vidente pero moi pobre, que malvive nun chamizo con tres adultos ?os seus pais e a tía Pepa?, dúas vacas e unhas poucas galiñas. A súa casa é tan pobre e triste, que ten as portas pechadas á esperanza. Xan é fillo dun militar con mando, que pertence á cara triunfante da guerra fratricida, a do bando dos gañadores: a súa familia xa era rica antes da guerra e posúa moitos brasóns. O pai de Xosé é do bando oposto, pertence á última escala social, a dos perdedores pobres, era un home moi triste, que disparaba palabras como dardos, cando estaba borracho, e que xa renunciara a todo, incluso, ao seu propio fillo. O neno rico medra entre algodóns pero sen o agarimo dos seus pais, que están sempre viaxando, mentres el queda nas mans da servidume e dunha ama de cría perversa, quen lle fai crer que a súa cegueira era un castigo diviño. Xan estaba malcriado, era moi caprichoso e malia que posúa os mellores xoguetes do mundo, gozaba máis inventando cousas ou facendo falcatruadas, que xogando con eles. Tiña un can guía, que  morre en estrañas circunstancias e, como non quería máis cans, decide co beneplácito dos seus proxenitores contratar a Xosé, quen vai vivir a súa casa  sen que ninguén o consultase, para servirlle de guía. Para a familia de Xosé a súa marcha representaba unha boca menos que alimentar e vestir, e uns cartos no peto polos servizos prestados. Xosé non tarda en descubrir o ben que viven, comen e dormen os ricos! Tamén descubre que Xan era máis listo ca fame e que era capaz de velo todo cos seus enormes ollos de azul agrisado, malia estar ‘baleiros de posibilidades’, mesmo xogaba ao xadrez sen tirar ningunha peza. Xosé convértese nun apéndice de Xan, o seu novo xoguete mercado polos seus pais, para telo contento. O neno rico é maligno e vingativo, pero ao neno pobre ao principio non parece importarlle…

A autora utiliza a Biblia como intertexto, para sinalar os capítulos desta gran novela, invitándonos á lectura activa e reflexiva dos aconteceres cotiáns en Pena Moura; partindo das citas do Antigo e Novo Testamento fainos mergullar naqueles tempos de opresión, miseria e incultura. Luz Darriba, como gran lectora, é consciente de que cadaquén ten unha maneira especial de ver e interpretar as cousas reais ou fabuladas. O caínismo, tema permanente da literatura Universal, está presente nesta novela: o conflito permanente das dúas Españas trala guerra incivil. Caín é o primoxénito de Adán e Eva, o primeiro fillo varón e  o primeiro fratricida da Historia.

Xoguetes para nenos cegos comeza coa cita bíblica de Mateo 12, 43-45. Mateo era recadador de impostos e debido a súa profesión era dos poucos evanxelistas, por non dicir o único, que sabía ler e escribir. Non! Non é casualidade que Luz Darriba recorra a Mateo para empezar a historia dun neno pobre sen escola e doutro rico que lee e escribe en braille en varios idiomas. Unha historia que, como a propia autora indica, transcorre nun lugar apracible, en aparencia. Porén, como en Caín e Abel, a condición humana pode chegar aos límites incribles de crueldade e submisión, á cegueira humana, na que os pobres sempre levan as de perder.  A novela lese dun tirón porque a intriga vai in crescendo ata chegar ao derradeiro capítulo coa súa correspondente cita bíblica: Jn 8, 81-32, díxolle Xesús aos xudeus, «coñeceredes a verdade, e a verdade faravos libres». Un final inquietante e misterioso. Fina Roca.

.

 

Tras el telón de acero

Tras el telón de acero ( Hijas del exilio) de Olga Lucas é un libro da memoria histórica e evocación dunha nena filla de exiliados españoles, que nace no exilio, e que vive tras o telón de aceiro… Olga Lucas, escritora, poeta, traductora e locutora de radio, dóese de que o exilio que ela viviu é dos menos coñecidos e estudiados. O libro presentouno Ángeles García Portela, profesora de Historia e colaboradora de radio Oleiros, no auditorio da Fábrica de Santa Cristina. Olga Lucas é a viúva do escritor e humanista José Luis Sampedro, a quen o Concello de Oleiros dedicoulle un parque co seu nome, que está presidido por un busto seu, obra de Álvaro Gil García. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/06/22/oleiros-inauguro-parque-dedicado-escritor-jose-luis-sampedro/0003_20130620130622175124382.htm
Como colofón ao acto cultural, o cantoautor Félix Arias, interpretou cancións da súa propia colleita, de Tucho Boedo, Víctor Jara e Paco Ibáñez. Todo o acto foi moi clarificador, ilustrativo e ameno.
Parabéns ao Concello de Oleiros xa que non abundan os concellos que organicen no seu paraninfo actos como este, a presentación de libros máis ben é cousa das librerías, bibliotecas, editoriais ou das feiras de libros. Cabe subliñar que en todas as bibliotecas do Concello hai máis dun exemplar do libro que presentaron hoxe…
A autora conta no libro o seu propio exilio, o  dunha nena que tivo que abrirse ao mundo tras o telón de aceiro, que nace no exilio, que ten que enfrentarse a terras e xentes distintas, e que no falan como ela…
Fina Roca, https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/fina-roca e Olga Lucas.
O concellal de cultura do concello de Oleiros facendo os honores.
O blog da profesora Ángeles García Port
——————————————————————–
Fina Roca.

 

Cidades Imposibles

Cidades Imposibles  é un ensaio poético escrito pola arquitecta Myriam Goluboff  e ilustrado polo tamén arquitecto Felipe Peña. Myriam fai unha profunda reflexión entre arquitectura, medio ambente, ecoloxía e saúde; mergullándonos en numerosos supuestos tan reais como a vida mesma, que poden facernos a vida imposible, cando estamos obrigadas/os a vivir en cidades horrorosas, deshumanizadas e de rañaceos imposibles. ¿Que facer se vives no derradeiro piso dunha gran torre de vivendas e quedas sen luz e auga durante días, meses, en pleno inverno, tendo que subir e baixar tropecentos andares, ou asomarte a unha fiestra sen ver nada? Porque << somos miles, somos millones, pero estamos solos, somos un hormiguero pero no sabemos coordinar una acción común como hacen las hormigas>> (OP9, pax 47).  Cidades nas que desapareceron os nenos…

Cada capítulo deste interesante libriño, que non deixa indiferente a ninguén, vén ilustrado cos fermosos debuxos de Felipe Peña Pereda, quen fabula cos seus recordos <<para elaborar unas imágenes que acaban pareciéndose vagamente a las ciudades que frecuenta.,,>>

Parabéns a ámbolos dous.

 

Capadocia

Navidades de 2017

Capadocia é unha rexión  histórica de Anatolia Central, en Turquía, que se caracteriza por ter unha formación xeológica única no mundo e por su patrimonio histórico e cultural.  No ano 1985 foi incluída pola Unesco  na  lista del Patrimonio da Humanidad, con una zona protegida de 9576 ha.1 

Estar alí é coma estar noutro mundo, nun lugar paradisíaco polo que non pasa o tempo.  Cpadocia siginifica un lugar de fermosos cabalos.

Fina Roca no val de Goreme. Un museo ao aire libre.

 

Na fábrica de alfombras da Capadocia

Fina Roca na árbore dos desexos, en Goreme.

Museo ao aire libre de Goreme http://www.goreme.com/spanish/goreme-open-air-museum.php

 

Fina Roca na cidade subterránea, http://www.goreme.com/spanish/derinkuyu-underground-city.php, son oito pisos baixo terra e as veces hai que pasar dunha estancia a outra a catro patas.

Mágoa non poder viaxar en globo por culpa da ventisca, pero outro ano será, non perdo a esperanza de volver a este maravilloso país. Fina Roca

Estambul

Visita a Estambul: Nadal 2016-17

Mezquita de SULTAN Ahmet (1603-1617). A Mezquita azul

A máis grande e fastuosa de Estambul. Está aberta ao culto e só os musulmans poden entrar pola porta principal. O resto entra por unha porta lateral,  descalzos e as mulleres con velo ou pano na testa que che proporcionan na garita de entrada. Situada ao lado do pazo de Topkapi. Recibe o nome de Mezquita azul polos 21.043 azulexos utilizados na súa construcción

SANTA SOFÍA DE CONSTANTINOPLA. AYA SOFÍA

Considérase a obra máis grande e sagrada do imperio bizantino. Foi utilizada como igrexa perante 916 anos (537-1453) e como mezquita 481 anos (1453-1934). Hoxe en día está aberta ao público como museo. Su cúpula de 55,6 m de altura está situada entre as cinco máis altas do mundo, ten forma de elipse. Os mosaicos son impresionantes…

MERCADO DAS ESPECIES

 

 

A voda de Saúl e Jorge en Viveiro…

Viveiro é un un logar moi entrañable da Mariña Luguesa O que non ocurre en Viveiro non ocorre no mundo enteiro. Ten de todo, praias, montes e montañas, festas patronais, entroido, Semana Santa, Naseiro, San Roque e cómo ¡Non! Xente do común extraordinaria, que mesmo vale para un roto que para un descosido. Quen pasa a Marola, pasa a mar toda e quen coñece Viveiro coñece o mundo enteiro.

http://www.viveiro.es/cast/index.asp

http://es.wikipedia.org/wiki/Vivero

Saúl e Jorge casaron o pasado nove de novembro. Meses antes, uns 360 invitados recibiron unha invitación impresa en papel de algodón con pigmentos naturais encapsulados en resina, que formaba parte dunha tirada única e exclusiva para este evento, limitada a quince unidades numeradas e firmadas polo autor…

¿Quen son Saúl Jiménez e Jorge Pernas? Dous fotógrafos de Viveiro moi loureados, que levan 10 anos vivindo e traballando xuntos con estudio aberto na FONTENOVA, fronte por fronte de onde empezou o tataravó de Sául, que ten o privelexio de pertencer a una saga de fotógrafos viveirenses, que ilustraron e ilustran a historia de Viveiro dos séculos XX e XXI. Saúl é bisneto de José Antonio D. Ariza, neto de  Carlos Jiménez e fillo de Emilio Jiménez. Saga que tamén continúan os seus irmáns, Simón e Samuel. Ariza chegou a Ferrol cunha cámara do minuto, o cine mudo e un carro tirado por unha mula e un cabalo, casou en primeiras nupcias cunha muller do Barqueiro e en segundas cunha viveiresa, pero esto é fariña doutro costal que espero vexa a luz non tardando…

Cabe subliñar que, Jorge e Saúl foron os encargados de face-la campaña do xaponés Issey Miyake:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2012/03/20/dos-fotografos-viveirenses-haran-campana-japones-issey-miyake/0003_201203X20C4996.htm

Páxina web de Carlos Fotógrafos:

http://www.carlosfotografos.com/

Os noivos ocuparon as portadas de prensa da Mariña luguesa, non por ser gais, senón porque foi a voda máis glamurosa de Viveiro e se cadra do mundo enteiro, malia que, como diría Abel, un dos trece testigos da voda, aínda falta moito para a que se tome con naturalidade a unión entre persoas do mesmo sexo. Viveiro lanzouse á rúa para aplaudir o evento ao grito de ¡Guapos! Anque tamén houbo quen desbarrou sentíndose ofendido no seu alter ego de ‘machotiño ibérico’ por saír en portada a unión dos homosexuais. Mal que lle pese o resto estabamos felices, en Viveiro non había unha praza hoteleira libre, porque veu xente de todas partes, e fotógrafos, máis de setenta.  A voda civil realizouse no romántico Teatro Pastor Díaz con música en directo, Soul, por un trío feminino; oficiada pola tenente alcaide María Loureiro. Un espontáneo berrou conmovido dende o galiñeiro ¡VIVA ZAPATERO! Pois sí senón chega ser por el non habería voda. Empezou as doce e media e rematou preto das dúas porque falaron os testigos e os espontáneos, como Raquel, tía de Saúl, quen afirmou que dende cativo sinalaba formas e tendecias, xa que gozaba vestíndose e calzándose coa súa roupa e zapatos, ou o humorista Carlos Jiménez, tamén tío de Saúl

Os noivos chegaron nun Morgan verde de dúas prazas conducido por Saúl, a xogo co seu traxe, todo moi inglés, Morgan que levou ata a carpa do restaurante Louzau onde se celebrou o convite, que durou ata as sete da mañá. O aperitivo foi a base de navallas, zamburiñas, xamón, empanadas etc, regado con bos caldos. De almorzo, percebes, camaróns, nécoras, carnes, postres… Logo empezou o baile con música en directo, barra libre, xelados, froitas frescas e golosinas; de cea churrasco e amburguesas. De madrugada empezou a actuación de drakuíns, para continuar a festa rachada ata as sete da madrugada.

http://www.lavozdegalicia.es/album/amarina/2013/11/09/espectacular-boda-gay-viveiro/01101384011132940486282.htm

Algúns momentos do evento:

P10007201.JPG

Avoas, tíos, tías, curmáns, amigos, músicos:

P1000774.JPG

P1000770.JPG

P10007151.JPG P1000705.JPG

P1000703.JPG

P10007271.JPG

P1000729.JPG

P10007341.JPG P1000737.JPG

P1000742.JPG

Quén dicía que Goreti parecíase a súa avoa, non o pode negar:

P1000748.JPG

Sintoo, pero o programa leva todo o día dándome o coñazo, non me deixa pegar nin correxir, así que non vou subi-los vídeos. Só dicir que os noivos están de lúa de mel por terras alén de nós, informándonos paso a paso por onde andan, por Argentina y Brasil, hoxe concretamente, estaban na Patagonia, pero de todo esto xa nos ilustrarán eles cando volten ao seu Viveiriño…

Texto e fotos: Fina Roca

?

De A Coruña a Singapur pasando por Doha…

Singapur é un dos centros financieiros máis importante do mundo, xogando un papel preponderante no comercio internacional e na economía mundial. Malia ser un Estado moderno cos seus rañaceos de cristal e aceiro, museos, centros comerciais e de ocio contemporáneo, conserva o encanto dos tempos precedentes, un legado multicultural con asentamentos musulmáns, chineses, Chinatown coas súas pagodas templos e museos, e a elegancia da arquitectura colonial hindú, LITTLE INDI, cos seus hoteis impresionantes (Rafles), cafés e centros comerciais con marcas de luxo. A zoa onde se atopa a pequena India estaba ocupada por europeos e euroasiáticos, pero na segunda mitade do s.XIX instalouse a pobación malaia, a máis refinada e elegante da illa.

Os mercados máis tradicionais coas súas tendas de comida ao aire libre forman parte da vida singapureña, dos que hai que destacar a gran limpeza e os productos de primeira calidade a prezos moi asequibles. A moeda é o dólar singapureño= 1´75 euros. As tres culturas maioritarias conviven pacificamente. De feito nunha mesma rúa podemos admirar unha pagoda china, un templo hinduísta e unha mezquita, por faltar non faltan nin as Catedrais anglicanas, nin as Católicas, mesmo atopeime cunha Igrexa católica coas súa gruta de Lourdes no xardín:

P1000141.JPG

O rio Singapur serpentea o centro da ciudade entre rañaceos, parques, edificios coloniais, catedrais católicas e anglicanas, templos hinduístas, pagodas chinesas e mezquitas. A zoa da movida está en Clarke Quay na riveira do río, eiquí hai bares e baretos de todo tipo, así como as mellores marisquerías do mundo cos seus viveiros ao aire libre, amén das tendas tradicionais, espectáculos ao aire libre e, incluso, tranquilos paseos en lanchiñas ou botes de remos. Nesta zoa hai botellóns á europea pero non ves nada polo chan, vai todo para o contenedor. En Singapur están prohibidos o chicle e as pipas, e hai de ti como tires un papel ao chan…   

http://es.wikipedia.org/wiki/Singapur

¿E que pintaba eu en Singapur? Pois nin mais nin menos que asistir a voda do meu fillo pequeno que namorouse dunda singapureña hindú que vive en Mánchester. Ser madriña nunha voda hinduísta é algo inesquecible. Primeiro hai que percorrer os comercios de magníficas tendas para mercar as telas correspondentes dos noivos, madriña e resto de invitados. Logo levalas a modista, que fan un traballo fora de serie en 24 horas…

Participar na cerimonia de vestir, peinar e pintar coa xena á noiva é todo un espectáculo. Tres horas tardaron a súas tías casadas, que son quen teñen ese privilexio, mentres a súa nai e a nai do novio contemplan sentadas dando o visto bo. O noivo permanece en todo momento na casa, pero non debe entrar na habitación nupcial, só mulleres. A noiva vai cuberta de sedas e ouro…

Os padriños do noivo:

P1000221.JPG

Os noivos:

P1000248.JPG

Logo ven a cerimonia relixiosa, preciosa ¡Vamos das Mil e Una Noites! Sempre descalzos, tanto na casa da noiva como no templo Sri Arasakesari Sivan:

http://www.singaporehindutemples.com/templelist/SreeArasakesariShivan/

Primeiro chega o noivo cos seus padriños ao salón nupcial onde é recibido polo padriño da noiva, os sacerdotes e os músicos hindús:

Os músicos:

 

Esperando pola noiva no local social anexo ao templo, onde fan todo  o ritual e onde se celebra o banquete nupcial.

Boda Zara.jpg

Os noivos recén casados:

P1000256.JPG

Curiosidades de Singapur:

O metro en Singapur, é dunha limpeza extraordinaria e na terminal do Sur o metro recrea un canal do rio Singapur polo que se pode navegar, no metro están as mellores marcas comerciais do mundo, Tífani, poño por caso:

IMG_20130331_130223, el metro en Singapur.jpg

O símbolo de Singapur é o Merlión unha criatura mítica mitade pez e mitade león, quen vixía dende o rio toda a mariña:

http://viajesturisticos.org/viajes/singapur/

Non é difícil atopar hotel para tódolos bolsillos, recomendo dous:

Summerview en Little India, económico e boa relación calidade precio

Parkroyal on Kitchener ROAD, un catro estrelas con piscina, necesaria por queles pagos e no que nos aloxamos, tampouco foi caro tendo en conta a boa situación, atención e limpeza.

Texto e fotos: Fina Roca

Mánchester and Liverpool

Históricamente la mayor parte de la ciudad fue parte del condado de Lancashire, con las zonas ubicadas al sur del río Mersey en el condado de Cheshire. Mánchester fue la primera ciudad industrializada del mundo y desempeñó un papel central durante la Revolución industrial. Se convirtió en el principal centro internacional de la fabricación textil y de hilado de algodón. Durante el siglo XIX adquirió el apodo de “Cottonopolis”, sugiriendo que era una metrópoli de las fábricas de algodón. El centro de la ciudad se encuentra en una lista provisional del Patrimonio de la Humanidad de la Unesco, debido principalmente a la red de canales y molinos construidos durante los siglos XVIII y XIX. El centro histórico es precioso y la catedral es una gozada. Por lo demás no hay grean diferencia entre las demás ciudades industrializadas de Europa, amén de que tiene el centro comercial más grande de todo el Reino Unido, que parece una basílica. La primera línea férrea del mundo se construyó entre Mánchester y Liverpool en 1829 bajo la dirección de Stephenson.  http://es.wikipedia.org/wiki/M%C3%A1nchester

Liverpool se hizo famoso por los Beatlhes y por ser uno de los puertos más negreros del mundo. Una de las principales causas de la riqueza de Liverpool fue la trata de negros y desde 1730 a 1770 salieron del puerto de Liverpool unos dos mil buques negreros y se calcula que en el espacio de once años sólo estos barcos transportaron a las colonias de América trescientos cuatro mil esclavos que fueron vendidos aproximadamente en un total de cuatrocientos millones de francos. Al final de ese siglo Liverpool controlaba más del 40% del comercio de esclavos de Europa y el 80% del Reino Unido.  Pero en el siglo XX vinieron las vacas flojas y los habitantes de Liverpool pasaron hambre. Durante los años 1960, Liverpool se convirtió en un centro cultural juvenil, con The Beatles como máximos representantes. A partir de 1970 los muelles y las industrias cayeron en declive y en los años 80 la tasa de desempleo era de las más altas del Reino Unido e, incluso de Europa, los obreros salieron a la calle muertos de hambre. A finales de siglo se diseñó un plan de regeneración que continúa ahora y la economía se ha recuperado con crecimientos mayores a la media nacional. LLama la atención sus catedrales: la anglicana y la católica.

La catedral anglicana de Liverpool (oficialmente Church of Christ Cathedral y conocida en inglés como Liverpool Cathedral o Liverpool Anglican Cathedral), diseñada por sir Giles Gilbert Scott, fue iniciada en 1904 pero no se terminó hasta 1978, dieciocho años después de la muerte de Scott. El enorme edificio está construido en arenisca roja, en un austero estilo gótico del siglo XX que crea una atmósfera de espacio místico propia para el recogimiento. Es increible, te metes dentro, la recorres, subes al campanario y salvo por el color del material empleado crees que estás en un edificio de cinco siglos anteriores, por cierto, muy típico de todo el Reino Unido. Además te puedes tomar un vino dentro de la catedral, en el bar, mientras escuchas el magnífico órgano o simplemente admirando las vidrieras de estilo gótico. Puedes subir al campanario o a los pináculos de la catedral alternando ascensor con escaleras. Merece la pena porque las vistas son increibles aunque las mejores vistas son desde el pirulí de la radio. La catedral católica es otra cosa, de estilo modernos http://es.wikipedia.org/wiki/Catedral_Metropolitana_de_Liverpool

 http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Catedral_de_Liverpool&oldid=57325663»  

la estación de Liverpool es de estilo modernista:

20121223_150541.jpg

La cueva donde se dieron a conocer los Beatles:

La cueva Liverpool Donde se iniciaron los Beatles!!!!!!

Mánchester con mi futura

nuera…

20121221_151846.jpg