Monelos, camiño da Igrexa. Parque de Oza

Ás poucas horas de que Marcos Graña asasinara de dous tiros de escopeta ao seu veciño, José Martínez Hilario, na rúa da Igrexa (Monelos) o Concello de A Coruña afanábase en poñer reixas aos escombros, como querendo tapar tódalas maldades dunha zona tan depremida como ambiciosa, onde non faltan edificios de luxo e casas decadentes, abandonadas a súa sorte ata que aparecen as paleadoras, que seguen a mandar en todo malia merecida caída de Martinsa-Fadesa. Cando tiraron as casas da rúa da Igrexa e mailas árbores que as rodeaban, figueiras, cereixos, loureiros, manciñeiras, limoeiros e pexegueiros, os ionquis das zona foron sustituídos polos camións de entullos, para desesperación da vecindade que ve correr as ratas dende as fiestras das súas casas. Dende que anunciaron a bombo e platillo a construcción do parque de Oza e empezaron a derrubar casas e leiras, todo cambiou, de momento, para peor.

A rúa da Igrexa chámase así porque vai dar Igrexa de Santa María de Oza. Comunícase co Castrillón e coa rúa Joaquín Galiacho que está tapiada dende hai moitos anos. A Casa branca que se ve na foto é a ‘casa do cura’, a quen non lle expropiaron nada, nin unha árbore; uns metros máis arriba, á altura do coche vermello, está o local social de Oza, onde mataron a Hilario. Matouno un tío que está como unha cabra, tiña montado o chiringuito no seu propio coche poñendo a música a toda pastilla ata altas horas da madrugada sen que ninguén facera nada para remedialo. De onde sacaría a escopeta? Se era del e tiña licencia de caza había que meter no trullo a quen lla concedeu.     

As casas da dereita da Rúa da Igrexa quedaron reducidas a escombros.

A rúa da Igrexa entre as casas de antaño e as novas construccións. Se o parque de Oza segue adiante estas casas estarían nun lugar privilexiado, anque dubido que non perteñezan ás constructoras.

Texto e fotos: Fina Roca

Deixa unha resposta