Parque de Oza 2008

Un ano despois de que empezaron os traballos de demolición das casas e chabolas do futuro parque de Oza de A Coruña o aspecto é desolador. O camiño do Corgo dá mágoa velo e a vexetación autóctona foise ao carallo. Se hai un ano as paleadoras derrubaron castiñeiros e loureiros centenarios, magnolios, laranxeiras, limoeiros, manciñeiras, pereiras e pexegueiros, antonte, de novo, as paleadoras entraron a saco derrubando todo ao seu paso, dende o antigo orfanato e as murallas que o rodeaban ata figueiras, cereixeiras e guindeiras cargadiñas de froitos… Abonda ollar as páxinas desta bitácora para ver o antes e despois, as fotos de 2006 e 2007. O Arco de medio punto que sobrevivía a antiga zona fortificada vai caer dun momento a outro, arco que os rapaces máis friquis do barrio reconverteron no seu particular picadeiro decorandoo a súa maneira coma podedes ver. E todo esto ao carón do corte inglés… Como unha imaxe, as veces, vale máis ca mil palabras, xulgade por vós mesmos/as. Naturalmente o prezo que lle deron polas casas e leiras aos seus propietarios, non é o de mercado, xa que nesta zona, un apartamento de 50 metros cadrados, non baixa dos 50 quilos das antigas pesetas. Os expropiados forzosos están indignados ou pleiteando co Concello, pero destas cousas non se fala na Prensa.

Parque de OZA junio de 2008 001.jpg

Parque de OZA junio de 2008 003.jpg

 Estado actual do camiño do Corgo, ancestral camiño coas súas fontes de pedra labrada e pozos de auga de gran pureza.

O máis friqui de decoración arqueolóxica consentida polo Concello:

Parque de OZA junio de 2008 012.jpg

Velaquí o arco de medio punto onde acamparon os rapaces para encherse de porros en pleno camiño do Corgo pero, insisto, ver nos arquivos desta mesma páxina que lindo era todo esto denantes de que entraran as paleadoras para destruír o parque autóctono, bosque, que xa tiñamos.

Parque de OZA junio de 2008 013.jpg 

Parque de OZA junio de 2008 009.jpg

Por estes pagos transcurre a acción da Tribuna de Emilia Pardo Bazán, a protagonista, Amparo, probablemente vivía na actual rúa Montes…

Texto e fotos: Fina Roca?

Deixa unha resposta