San Xoán…

A Coruña 2007

Praia de Riazor, a maior concentración do mundo de cacharelas e luminarias, presidida polo alcalde socialista, Javier Losada, convertido en ninot, como as fallas valencianas, que nada teñen que ver coa tradición galega da noite de San Xoan.

San Xoan 2007 002.jpg

Salta o lume de San Xoán para que non che roia nin cadela nin can!

Por San Xoán a sardiña molla o pan! O refraneiro é moi listo! Por estas datas están en comida, se pos unha sardiña asada nunha rebanada de pan de broa empápao de grasa.

En Galicia, a noite de San Xoán, 23 de xuño, hai que facer grandes luminarias con chamas altas para que o resplandor do lume véase por todas partes, ben para afuxentar meigas e diaños, ben para alarga-lo día máis longo do ano: o solsticio de verán. Pero hai que seguir todo un ritual como manda a tradición:

1º-Facer o lume con ramas recollidas no monte ou parques, trastos vellos, todo tipo de leña e ramallos secos, por exemplo o toxo, estrume. Os montes quedaban limpos e non ardían tanto.

2º.- Meter perante 24 horas frores frescas na auga sen contaminar (o fiuncho, cinamomo, menta, néboa, herba Luísa e namoradeira  non deben faltar nunca) para se lavar a cara a mañá do día 24. Non vale calquera auga, do grifo non! Ten que ser dunha fonte de sete canos, dun manancial, dun río, é dicir, sen cloro e sen contaminar. E tampouco vale colle-la auga a calquera hora, ten que ser ao amencero que en Galicia chámase a flor da auga. Antes de que ningunha bruxa beba dela.

3º.-É costume queimar o ramo, o do Domingo de Ramos, dun ano para outro. Por regra xeral, o ramo bendito, cólgase nos balcóns, portas, fiestras e cuadras, pero como tódolos anos bendicimos un novo, o vello, xa seco, non debemos tiralo, pois trae mala sorte, hai que queimalo o día das fogueiras de San Xoán. Debemos facer o mesmo coas frores coas que nos lavamos o devandito día, hai que deixalas secar e queimalas dun ano para outro.

4º.-Tódos aqueles obxectos ou cousas, que sospeitamos que traen mala sorte, debemos desfacernos delas nas cacharelas desta mítica noite.

5º.-Formar unha rolda e bailar ao redor das chamas mentres son altas, cantando o exconxuro de sapos,  bruxas e curuxas. Tamén se pasaba o gando polas brasas para desparasitalo.

4º.-Cando as lapas nolo permiten, depedendo das posibilidades de cadaquén, hai que saltar a luminaria, 3, 7, 9, 11, 13, veces, sempre números impares, nin menos de 3, nin máis de 13, como os baños marítimos das carrachentas.

Outrora, cando eu era nena, non asabamos nada nas lapas, agás algunha que outra pataca, porque o lume de San Xoán non tiña como fin comer a fartar, eso deixabamolo para magostos e mallas. Non como agora que se come de todo, en especial as sardiñas e churrasco. As luminarias tiñan máis ben o fin de desfacernos das cousas vellas, de queimar toda a merda, desparasitarnos e acabar coa sarna; inon como agora que hai que comer e beber a fartar ata caer de cu. Tal como acontece na Coruña, onde a meirande parte dos barrios están a perde-la tradición de facer as  fogueiras veciñais, para facer a parranda nas praias urbanas de Riazor e Orzán. O espectáculo é digno de ver, pero non cumpre coa función de queimar todo aquelo que nos sobra, ou non nos gusta, ao contrario, xenera toneladas de merda, porque hoxe en día a sociedade de consumo non sabe divertirse sen comer e beber a cachón.

Velaquí diversos momentos das luminarias de San Xoan en Riazor e Orzán, xuntáronse máis de 100.000 persoas de tódalas idades, as familias tenden a situarse a esquerda da praia, entre as Esclavas e o rompeolas, a rapazada no Orzán, á dereita…

San Xoan 2007 001.jpg San Xoan 2007 017.jpg San Xoan 2007 016.jpg

San Xoan 2007 008.jpg San Xoan 2007 010.jpg San Xoan 2007 011.jpg

Preparándose para a noite máis longa do ano…

San Xoan 2007 020.jpg San Xoan 2007 019.jpg San Xoan 2007 027.jpg

E comenza a festa…

Fotos e texto: Fina Roca

Deixa unha resposta