Os Maios en Viveiro

Maio, maio, entra de crego / non revolbas o tempo… Aí ven o maio pola calle de abaixo/ aí ven o maio de roubar un refaixo/ aí ven o maio pola pescadería/ aí ven o maio comendo pan e sardiña…

Campo de Urraca é un barrio Viveirense con moita marcha que ensalza todas as festas populares, incluso, a procesión dos nenos.  Outrora as nenas saían coa cruz de maio polas rúas, para atoparse cos maios; ían  vestidas de branco cos traxes da primeira comuñón, portando guirnaldas, frores, cruces e bandexas cubertas de pétalos para pedir esmolas. As nais axudábanas a formar arcos de mirtos e flores. Os rapaces pola súa banda saían cos maios, unha especie de espantallos formados con canas, fiuncho, ramas, vimbios, varas de salgueiro: tirábanse mortos no chan pero axiña resucitaban, o que viña ser a resurreción do mundo vexetal tras o longo inverno.

Os maios son manifestacións colectivas do denominado Ciclo de Maio, un tempo comprendido entre mediados de abril e mediados de maio: entre maio e abril sae o cuco do cubil. Tres xoves hai no ano que relucen máis co sol: Xoves Santo, Corpus Christi e Ascensión.

En Viveiro os maios saen todos xuntos.

Luciano López Río é a alma mater da festa dos maios: vai vestido cun traxe feito con canas verdes, que pesa veinte kilos aproximadamente. Os acompañantes cantan os maios e piden esmolas polas rúas parando nos bares máis tradicionais. As nenas van vestidas de primeira comuñón cos arcos de mirtos e frores tal como podemos observar nas fotos. Levan maiolas e noces e cantan os Maios acompañados dunha pequena orquestra invitando a todos os presentes a acompañalos. Este é o Maio de Campo de Urraca o máis galano que ten a comarca. Velaiquí o maio:

El mayo de viveiro.jpg

IMG_0430.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

O 15M na Coruña

Impresionante a manifestación de onte na Coruña convocada polos indignados do 15 M. Había que ver aos vellos, xoves e nenos en perfecta harmonia e pacifícamente manifestándose dende a praza da Palloza á de María Pita, cantando consignas encontra da Banca, e dos banqueiros coma Pego e Rato, dos políticos chourizos, da maldade das preferentes -‘non hay pan para tantos chourizos’, ‘Pego e Rato’ devolvede todos os cartos’-en contra da privatización da Ensinanza e Sanidade, do abuso das Hipotecas que cada día deixan duascentas familias nas rúas, etc, etc. Houbo dúas sentadas, unha diante do obelisco e outra na praza de María Pita.

Hoxe, no obelisco, había organizado un mercado de trueque, ti levabas o que querías e collías idem, pero, a policía local estivo a piques de desmantelalo por non ter o permiso correspondente, tamén querían quitar a mesa de recollida de firmas. Namentres, un grupo de persoas de todas as idades estaban a facer unha asamblea popular cunha batería de ideas para acadar argumentos para combatir a globalización e consumismo do gran capital. Eu propuxen fomentar o pensamento crítico en todas cantas partes nos atopásemos, única maneira de poder combatir dunha vez por todas o medo que está a meternos no corpo esta nova era consumista e Insolidaria.

Para maior información:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/05/13/15-m-revive-galicia-25000-indignados/0003_201205H13P6991.htm

A romaría da virxe do Chamorro, Ferrol…

A romaría da virxe do Chamorro forma parte do culto mariano relacionada coas historias de pastores a quen se lles aparece a virxe entre as rochas, tan en voga dende o mester de Clerecía (Ss XIII-XIV) ate o século XVII, que é cando se funda a confradía da virxe do Chamorro, tamén chamada da virxe do nordés, en honor ó vento máis propicio e frío da zoa, o máis estimado polos pescadores das rías galegas; a capela ten o estilo propio de calquera ermida galega asentada no medio e medio dun monte con extraordinarias vistas panorámicas: consta dunha soa nave rectangular con muros de sillería de granito e mampostería, bóveda de crucería de treces claves e altar barroco presidido por unha virxe coroada con cara de nena, pelo natural, vestida a maneira románica e anxos barroco ós pes da mesma, que dan a sensación de estar a levantarlle o manto; a capela está asentada nas rocas onde apareceu a virxe e por faltar non falta ningún dos atributos dos santuarios relixiosos: a auga milagrería da fonte, os exvotos e cirios, o mendigo, o cruceiro…

Para maior información recomendo esta páxina:

http://ssantaferrol.webcindario.com/turismo/diptico_chamorro_es.pdf

Velaiquí:

Gaiteiros tradicionais con monteiras e gaitas dun só ronco

Chamorro. Ferrol. 9 de abril 2012. Fina Roca 0011.jpg

Mendigos con chagas

P4090015.JPG

A entrada a hermida é constante

Chamorro. Ferrol. 9 de abril 2012. Fina Roca 004.jpg

Este ano non permitiron veas accesas dentro do santuario, colocáronse no mirador

P4090006.JPG
P4090013.JPG
Conta a lenda cuns pastores atoparon agochada nesta rocha de avalar a virxe do nordés. Disque un mariñeiro estaba a piques de afogar na ría de Ferrol, a altura da Malata, e ecomendouse a virxe do Nordés dicindo: Xa morro, xa morro. E dende aquela tamén se coñece como a virxe do Chamorro. As cantigas populares se repiten relacionadas moitas delas coas cantigas de amigo: Senón veño a Chamorro / de mal de amores morro / eu veño ofrecida / pra que o meu amigo cumpra o prometido. 

Chamorro. Ferrol. 9 de abril 2012. Fina Roca 011.jpg

A primeiras horas da mañá os romeiros van subindo monte arriba e logo perante todo o día non deixan de subir e baixar pola estrada e corredoiras, ben por devoción, ben para cerebrar a chegada da primaveira, pois non hai que esquecer que moitas destas romarías teñen orixe precristián, e mesmo había o costume de subir ó monte, concretamente os penedos, para adorar as deuses, ou para da-las grazas da chegada da estación florida. De feito os petroglifos non falta nas rochas do Chamorro.

Chamorro. Ferrol. 9 de abril 2012. Fina Roca 003.jpg

 Fina Roca

Feliz ano 2012

A quen lle foi ben en 2011, que non se preocupe por nada, pero a quen lle foi mal, que pense que o novo ano vai traer moi boas cousas, anque teremos que loitar todos e todas xuntas para evitar que a corrupción política e bancaria NON acabe connosco. Velaiquí Londres, preciosa cidade de 15.000.000 de habitantes aproximadamente, onde souberon conservar a arquitectura tradicional, e mesmo os parques.

Feliz ano amigos e amigas e graciñas por quererme, pero sobre todo pola paciencia que tedes conmigo, prometo facervos máis caso e escribir máis a miúdo, Fina Roca.

Londres. Diciembre de 2011. Fina Roca 033.jpg

José Luís Pego nos la pegó…

José Luís Pego, ex directivo de Caixanova, desos de indemnizacións millonarias, nos la pegó. O caso é que, a iniciativa da Profesora de Historia García Portela, colaboradora de prensa e de radio, levouse a cabo unha recollida de sinaturas, que superan xa as 34.000 firmas, pedindo que xa que non devolve os cartos que alomenos devolva o título que lle deron de Economista do ano, por incompetente, claro…

Deste singular feito faise eco a Prensa do día:

http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/04/galicia/1320418438.html

Para seguir firmando podedes entrar no blog da devandita profesora: El otro País (la sociedad Civil)  cuxos artigos de opinión non teñen desperdicio:

http://www.angelesgarciaportela.com/

¡Ollo ao dato! Vivimos nun tempo histórico no que estamos mangoneados polo nova estirpe de caudillitos democráticos, na Ensinanza crecen coma a clara de ovo a punto de neve, son os de sempre: os trepas da quenda, capaces de desprestixiar aos seus compañeiros para ocultar a súa propia incompetencia e vagancia. Indignémos sen concensións con estes mamalóns, coma nos indignamos no seu día co chapote do Prestige baixo a bandeira de Nunca Máis. Claro que, por certo, pregúntome, ¿onde estan aqueles líderes tan carismáticos e prestixiados? Seica, ¿desapareceron do mapa? ou ¿están a ocupar cargos mellor remunerados cos do profesorado? ¡Home boh! Calquera gana máis ca un docente con máis de 40 anos de servicios prestados. ¡En fin! Hay moito macho financiero e educativo soltos, pero, ¿que queredes que vos diga que non sabedes destes galos de Morón? Pois nada non esquenzades que os ovos os seguen a pór as galiñas, ¿a que si? Fina Roca …

Xaque Mate, exposición de Beatriz Barcia….

Beatriz Barcia natural de Ferrol é ante todo unha persoa con vocación artística. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago, profesora de Pedagoxía Terapeútica, actriz de Teatro, Cine, TV e publicidade, deseñadora e pintora…

Esta polifacética muller vén de inaugurar unha magnífica exposición na sala da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, sita na Rúa dos Olmos 16-18, 1º, A Coruña, que estará aberta ao público ata o 24 de novembro. Utilizando un taboleiro e pezas de xadrez, Beatriz, presenta unha colección de cadros e estampas pictóricas titulada Xaque Mate. Como a mesma autora subliñou a temática da súa obra xurdíu como unha necesidade de xustiza pictórica, enfocada a temas sociais, utilizando as figuras de xadrez de xeito antropomorfo e xogando, irónicamente, co xaque mate da vida mesma..

Ten por norma fotografiar paso a paso canda candaseu cadro, dende o boceto inicial ao resultado final. Foi unha delicia ver ‘teatralizado’ na pantalla tan singular forma creativa, Beatriz, expuso con voz firme como levou a cabo dous dos seus cadros máis interesantes, que foron adquiridos polo museo de xoguetes: unha caixa de mixtos en forma de xadrez está a piques de ser engulida por unha ola xigante, a devandita caixa simboliza unha pateira. O outro aparece primeiro con tres pezas de xadrez de cores vermella, amarelo e mourado, pouco a pouco xurde o Guernica de Picasso e o taboleiro de xadrez cos peós na vangarda, azuis, proxectando sombras negras de soldados a piques de fusilar as tres pezas subliñadas, á bandeira republicana.

A técnica pictórica máis empregada é a de acrílicos sobre lenzos.

Velaiquí:

 

Non deixa ningún tema no tinteiro: Nin o burka como opresión feminina, nin o fusilamento do Ensino Público, amén do logradísimo cadro das forzas vivas ou o xaque mate ortográfico, íntimamente relacionado coas acampadas dos indignados…

Beatriz con Gustavo Pernas e Ánxela Blanco…

A presentación estivo moi concurrida e por faltar non faltaron dramaturgos coma Gustavo Pernas, actrices como Ánxela Blanco, músicos e pintores como Manuel Rajal…

 

Texto e fotos: Fina Roca

Alfonso Otero Regal gaña o Premio Nacional de Artesanía, Viveiro…

Alfonso Otero Regal leva máis de trinta anos traballando na cerámica, primeiro no seu taller da Porta da Vila, Viveiro, e dende hai uns anos na Xunqueira, onde foi quen de transformar unha antiga fábrica de curtidos, que se caía a cachos nun complexo cultural único, de tres pisos, perfectamente identificado coa paisaxe e entorno no que además do seu propio taller aberto ao público, hai xardíns, Museo, Biblioteca, Auditorio, Sá de exposicións…

Todo o entorno é idílico xa que está ubicado ao carón do Convento de Valdeflores onde o tempo se para invitando á reflexión.

Cabe subliñar que o taller de Otero Regal está presidido pola bandeira republicana. 

Nada mellor que entrar no seu propio enlace para comprobar o que dimos:

 http://www.oteroregal.com/

Ou no seu blog, A Maliña de Lugo, xa que ademais de ser un creador artesanal, un artista, escribe artigos de opinión que por regra xeral aparecen publicados en El Progreso de Lugo ou en revistas especializadas:

http://www.blogoteca.com/viveiro/index.php?cod=105778

Regal adoita traballar no taller da Xunqueira coas portas abertas cara ao público. Habida conta que é una eciclopedia andante e coñece un sinfín de anécdotas dos tempos precedentes e presentes, adoita falar cos visitantes e amigos de mil cousas sen deixar de traballar no seu taller, moldeando ou pintando cerámica antes de ir ao forno.

Vaia dende aquí a miña noraboa persoal ao artista polo merecido Pemio Nacional de Artesanía

O Taller é unha especie de remanso cheo de luz. Velaiquí parte do taller coa bandeira republicana ao fondo  

Regal y Fina Roca.JPG

Texto: Fina Roca. Foto: JMCI

?

Carrilleiras de terneira ao viño tinto…

Dan moito qué facer pero están riquísimas. É unha carne moi melosa, sen apenas grasa e rende moito si a filateades ao final. Aconsello facela por etapas, é dicir, en dous ou tres días para non cansarmos.

Ingrendientes para tres ou catro persoas: Catro carrilleiras, 4 tomates, 4 zanorias, catro cabezas de allo peladas e catro sen pelar, un porro grande, 2 cebolas medianas, cebollino, unha folla enteira de apio e outra de loureiro seco, e unha botella de viño tinto, mellor do ribeiro, do do gordo, dese co que se fan as sopas de cabalo (Viño quente+sucre+pan), pero no caso de non telo vale un Rioxa, aceite de oliva virxe e unha pouca de fariña de trigo. Non utilicedes viño peleón daralle mal sabor.

Pasos a seguir: 

1º) Limpalas carrilleiras de tódalas impurezas. 2º) Cortar todas as verduras ao chou, non importa o tamaño, porque logo ímolas pasar pola batidora, pero botade unha das zanorias enteiras, para logo cortala en rodaxas finas e adornar as carrilleiras, meter todo nun bol grande, introducir a carne, cubrir co viño tinto e deixar macerar catro horas como mínimo. 3º) Logo da maceración sacar as carrilleiras e deixalas escorrer ben ate que non solten ningunha auga. 4º) Enfariñar e pasar pola sartén en abundante aceche, volta e volta, para sellalas ben. 5º) Metelas nunha pota grande e cubrilas co mesunxe da maceración, poñer ao lume, primeiro forte e logo reducido, deixándoas cocer todo o tempo que necesiten ate que estean blandiñas, entre dúas e tres horas en pota normal. 6º) Unha vez que estean cocidas retirar e pasala salsa pola batidora e si fai falla polo chino para que non queden grumos, volver a levar a salsa ao lume e deixala reducir. 7º) Cubrir coa salsa reducida as carrilleiras e no momento de servilas volver poñer ao lume dez minutos como mínimo. Pódense gardar coa salsa na neveira e estarán riquísimas igual.

Para acompañalas: recomendo patacas fritidas, ou cocidas pequeniñas, e unha fritanca de verduras: colifror, brécol, coles de buselas, etc..

 

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 002.jpg

 

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 004.jpg 

 Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 0051.jpg Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 006.jpg Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 007.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 008.jpg Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 010.jpg Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 011.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 009.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 020.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 019.jpg

Fileteadas renden moito máis.

Texto e fotos: Fina Roca

?

Sargo salvaxe ao forno…

Esta receita vale para os Sargos, Besugos, Douradas, Xurelas e Xardas grandes, Roubalizas e calquera outro peixe salvaxe ou de piscifactoría que querades facer ao forno, anque é preferible o peixe salvaxe, por exemplo unha xurela que é riquísima e non vai cara, entre un ou dous euros o quilo. Nestas datas o sargo vai ben de prezo, catro e seis euros  quilo, podédelo conxelar para as navidades, aganta moi ben o frío, non se oxida tanto como o besugo: é máis sabroso e barato.

Aínda que por Santos e Defuntos cumpre facer Magostos (castañas asadas), que podedes ver nesta mesma páxina no apartado de Receitas, dado que acércase o Nadal, época familiar estupidamente consumista, vouvos dar dúas receitas baratas e riquísimas, cuxos ingredientes principais podedes coller agora, conxelalos e quedar coma reises ese gran día de Noiteboa ou Anonovo, sen salir do presuposto. O marisco vai ir caro por esas datas, pero a mediados ou finais de xaneiro, en plena costa de idem, vai tirado e poderedes comer a fartar, así que agora cumpre preverse de langostinos, e das miñas suxerencias culinariaS para paliar a crise. Dareivos dous platos, un de peixe e outro de carne, Sargo salvaxe ao forno e carrilleiras de terneira.

Empecemos por coñecer o peixe que imos comer:

http://es.wikipedia.org/wiki/Diplodus_sargus_sargus

Ingredientes para catro, cinco ou seis persoas: dous sargos de 600 gramos aproximadamente cada un, unha cebola grande, tres cabezas de allos peladas, dous tomates grandes, dous limóns, cebollino, perexil, un baso de aceite de oliva virxe extra, pan raiado, un pimento vermello e dúas patacas. Modo de facelo: 1º) Unha vez que o peixe estea limpo de tripas e escamas, dependendo do tamaño facer dous ou tres cortes de ración e salar previamente por dentro pola parte da espiña, rocialos co xugo de limón e perexil picado: quen no poida tomar o sal  pode espolvorealo con allo e xenxibre. 2º) Encher o buche dos xargos coa cebola, pirixel, allos, tomate, cebollino e pimentos picado todo finamente ou en xuliana. 3º) No leito da fonte poñer unha capa de patatas cortadas un pouco máis grosas que para tortilla, encima das patacas, unha capa de tomates cortados en redondo, limóns cortados en cuartos, cebolas en aros e pimentos en juliana. Encima do leito vexetal coloca-los sargos, rocialos co xugo do limón, distribuir o aceite por riba e logo espolvorear todo con pan raiado. 4º) Quentade previamente o forno a 180º. Manter esa temperatura perante quince minutos. Poñer o grill no momento de comelos para que se dore todo e a salsa se manteña espesa. Pero ¡Ollo! Cos fornos eléctricos que seguen a manter a calor perante bastante tempo. 5º) Acompañalos cunha ensalada mixta.    

Suxerencias para o peixe de piscifactoría: todos os ingredientes, que no peixe salvaxe metimos en cru, no de piscifactoría, que é máis blando e faise antes, convén pasalos pola tixola, darlle unhas voltas ate que se ablanden. As patacas cortalas moi finas, pois, insisto, unha dourada de piscifactoría en dez minutos está feita, pero as patacas non, tamén podedes facelas aparte, ou darlles un fervor antes de colocalas na fonte. 

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 013.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 014.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 015.jpg

Fina Roca,  Receitas de outubro de 2011 016.jpg

Fotos e texto: Fina Roca

?