O 15M na Coruña

Impresionante a manifestación de onte na Coruña convocada polos indignados do 15 M. Había que ver aos vellos, xoves e nenos en perfecta harmonia e pacifícamente manifestándose dende a praza da Palloza á de María Pita, cantando consignas encontra da Banca, e dos banqueiros coma Pego e Rato, dos políticos chourizos, da maldade das preferentes -‘non hay pan para tantos chourizos’, ‘Pego e Rato’ devolvede todos os cartos’-en contra da privatización da Ensinanza e Sanidade, do abuso das Hipotecas que cada día deixan duascentas familias nas rúas, etc, etc. Houbo dúas sentadas, unha diante do obelisco e outra na praza de María Pita.

Hoxe, no obelisco, había organizado un mercado de trueque, ti levabas o que querías e collías idem, pero, a policía local estivo a piques de desmantelalo por non ter o permiso correspondente, tamén querían quitar a mesa de recollida de firmas. Namentres, un grupo de persoas de todas as idades estaban a facer unha asamblea popular cunha batería de ideas para acadar argumentos para combatir a globalización e consumismo do gran capital. Eu propuxen fomentar o pensamento crítico en todas cantas partes nos atopásemos, única maneira de poder combatir dunha vez por todas o medo que está a meternos no corpo esta nova era consumista e Insolidaria.

Para maior información:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/05/13/15-m-revive-galicia-25000-indignados/0003_201205H13P6991.htm