Funcionarios e Funcionarias

A canción española de Eurovisión Algo Chiquitito non tardou en adaptarse na rede ao salario dos funcionarios/as, eramos poucos e pairu a avoa: algo chiquitito el salario se nos quedó, pero, habera quen pense, que os funcionarios e funcionarias viven  a corpo de rei borbónico.

O caso é que en versión castelán a eurovisiva canción -unha merda- estase a facer famosa polas moitas adaptacións e críticas á redución salarial do funcionariado. Este vídeo non ten desperdicio, pois si, algo chiquitito el salario se nos quedó e cara de idiota tamén.

Xa está ben de pagar xustos por pecadores, aínda se nos subisen o salario en tempos de bonanza, outro galo cantaría, pero non, ¿para que? Xa somos ricos de mais, malia ter que pedir un crédito para pagar a Facenda Pública e, aínda por riba os xornais que se las dan de progresitas, como El País, ousan facer enquisas cuestionando as vacacións do funcionariado educativo. A teñen clara como nos quiten as vacacións, logo de reducirmos o salario vai comprar periódicos, Coca-colas ou chupa-chups Deus do ceo…

Dende este intre declarome anti sistema e ex consumidora de todo, unha funcionaria coma min de salario reducido tras 39 anos de servizos prestados non pode gastar nada de nada, nin sequera en viños e tapas. Comprarei o mínimo, gastarei o imprescindible e pedirei baixas a mazo para compensar o que me quitan do froito do meu traballo.

Nin que estivesemos nunha checa ou no capitalismo salvaxe para que o patrono maior se deite do noso traballo. ¡Que os zurzan! Que lle quiten escaparates a Zara e que lles obriguen aos grandes constructores, embaxadores ou Papas a vivir coma un mestre de escola, por exemplo.

Por certo, ¿canto lles van descontar aos bispos e a duquesa de Alba para paliar a crise? A Globalización e o liberalismo político (tanto ten Xan ca Pericán) non conduce a ningures. Fina Roca. ?

Deixa unha resposta