Semana Santa de Viveiro, A Misericordia

Este ano a neófita confradía da Misericordia decidiu renovarse ou morrer…

Encomendándose a Deus e mailos santos, emulando á Madrugá de Sevilla -que por primeira vez en oitenta anos deixou de saír este ano por mor da chuvia- os xoves confrades da Misericordia sacaron a rúa os pasos do Eccehomo (S.XVII, anónimo) e da virxe da Clemencia (S.XX, obra de Francisco Gijón) quen estreaba trono de prata, saia bordada en ouro e manto idem feitos por artesáns andaluces, amén de toca e mantelo…

Se ben é certo que en Viveiro poucos son os amantes das innovacións, por aquilo de que hai que gardar as tradicións, non menos certo é que se non fose pola procesión penitencial da Redención, que saiu as 12.30 e retirouse as tres da madrugá, non habería un alma polas rúas de Viveiro, xa que o resto das procesións suspendéronse por medo á chuvia. O tempo dará, ou non, a razón a esta confradía dirixida por xoves universitarios. Non hai que esquecer que coa tamborrada viveirense pasou o mesmo, a mitade do pobo escandalizouse e agora ten un tirón turístico que non vexas.

Hai quen vive a Semana Santa con verdadeiro fervor relixioso, quen como extraordinario acto lúdico cultural e que ve nela un mero negocio, digamos que turístico. Viveiro sen Entroido, Semana Santa ou Naseiro, non vale nada. Coa praia xa acabaron fai tempo. Así que, renovarse ou morrer…

Velaquí o traballo que da montar un evento deste xeito como para criticar por criticar. Que o recorrido era largo, ¡Home bo! Máis largo é en Ferrol, ou en Sevilla e ninguén lle pon pegas, que se a virxe con tanta vela parecía sevillana, ¿e qué? ¿Seica non sabemos co multirracial enriquece? A min encandiláronme os adornos frorais feitos por dúas chilindrinas (Rosario e Casilda Pérez) da floristería Medra. Non hai que esquecer a gran devoción que hai en Celeiro polo Ecce-homo. Os barcos de pesca cando saen pescar enfían a proa cara a capela da Misericordia para pedir a proteción do santo…

O Ecce-Homo visto dende a vagoneta da mina da Silvarosa en homenaxe aos mineiros

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 0182.jpg

Interior da capela cos pasos preparados quie hai que montar e desmontar peza a peza polo pouco espazo dispoñible

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 0031.jpg

Nosa Sra da Clemencia sobre andas de prata

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 0012.jpg

A lúdica escultura do Ecce-homo, singular talla do século XVII

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 0051.jpg

Cofrade maior, René Gómez e Segredario, Ramiro Mel na sancristía

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 010.jpg

Sacando os santos da igrexa e montándoos no exterior con protectores para a chuvia

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 013.jpg

Mirando ao ceo pero vestidas desafiando a chuvia, preparándose todos e todas para o gran momento

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 029.jpg

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 031.jpg

Túnica de cor negra, capa, capuz e faxín cor grana, cíngula negra e fachón de cera é o hábito da Confradía da Misericordia fundada en 2006.

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 032.jpg

Os romanos de Lugo deron un toque festivo ao evento co seu centurión á testa:

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 070.jpg

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 024.jpg

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 036.jpg

Cornetas e tambores, bandas de música maxistrais con cativiños orgullosos de desfilar na procesión, a gran canteira viveirense, eses nenos e nenas con gran fe e grandes dotes musicais.

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 050.jpg Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 085.jpg Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 086.jpg

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 084.jpg

Impresionante a saída e entrada polas verxas do Eccehomo e pola porta de Carlos V, calculado todo milimétricamente:

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 048.jpg Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 062.jpg

O xoves santo non saiu ningunha outra procesión, por medo a chuvia. Unha curiosidade o templete para tapar aos apóstolos no atrio de San Francisco parecía unha mesa de Naseiro, ¿non si?

Fina Roca Semana Santa Viveiro 20011 019.jpg

En fin! Viveiro é moito…

Fotos e texto:Fina Roca

O ECCE-HOMO da Misericordia, Viveiro

O Ecce Homo, que se venera na capela do pazo da Misericordia (Viveiro), é unha fermosa escultura de autor anónimo do século XVII, a súa forma amaneirada -tan distinta das tallas de Xesucristo trala flaxelación -está atado á columna, sen coroa de espiñas e sen cana como cetro- estivo a piques de acabar na fogueira porque os intolerantes da quenda considerábanna irreverente.

A dificultade da pronunciación das voces latinas Ecce Homo= Velaí o home, termo que utilizou Pilatos no Pretorio trala flaxelación, deu lugar a que, en Viveiro, este Ecce Homo sexa coñecido popularmente como o Santo Iciombre: a fe popular converteu a Xesús en Santo.

A imaxe é tan querida e venerada que, os mariñeiros de Celeiro e Viveiro, dende tempos inmemoriais, cando van pescar, enfían as proas dos barcos cara á capela da Misericordia para que Cristo os acompañe polos inhóspitos mares; a capela foi fundada en 1603 por Rodrigo Alonso Alfeirán, ten un fermosísimo retablo e pinturas na cúpula, de Camilo Díaz Valiño, pero, non existe ninguha imaxe da Virxe da Misericordia. Disque antes había na entrada unha hornacina na que se veneraba á Virxe dese nome pero, actualmente, non hai rastro por ningures do manto protector da Misericordia.

No ano 2007 un fato de estudiantes universitarios capitaneados por René Gómez -mestre de música  e neto de Juan F. Rivera, alias o Goio, tallista viveirés autor das andas do Prendimento e do proxecto das do ECCE HOMO realizado por Sebastián Sierra- e Ramiro Mel Fraga -estudiante de Dereito en Santiago, autor do estandarte da Confradía bordada por el mesmo con fíos de ouro e prata- fundan a Confradía de Nosa Señora da Misericordía implicando aos compañeiros do coro e aos que compartían piso en Santiago, como Rafael Melero, médico e tenor, do Carballiño, e actual vicepresidente da Confradía.

Saen por primeira vez sen crego e sen banda o Vernes Santo de 2007. Dende entón e ata agora saiu sempre malia a chuvia. O pasado ano ao suspenderse as procesións de Viveiro pola metereoloxía adversa, os da Misericordia, sacaron a imaxe ao redor da igrexa e dos edificios cércanos, e non choveu mentres procesionaban ao Cristo. Para non perder o costume este ano pasou o mesmo, así que xa hai que fala de miragre.

Miles de persoas se congregan en torno á capela da Misericordia para ver saír o ECCE HOMO da súa furna e igrexa no presente ano. As andas teñen que sacalas de lado xa que non caben polas portas e logo montar a imaxe no claustro do pazo. Este ano saíron con crego, banda e moreas de cofrades de terciopelo vermello de ámbolos dous sexos. As mulleres poden  trasportar a imaxe conxuntamente cos varóns, non existe discriminación por cuestión de sexos. A meirande parte son tan noviños que teñen medo a facelo mal e piden disculpas por todo, cando o certo é que fanno fenomenal.

-Tampouco imos opeñermos a que un transexual devoto leve a mantilla española se cadra! Por que non? Dicíame un cofrade que quere gardar o anonimato.

Cabe subliñar que, o paso do ECCE HOMO da Misericordia, pesa 1800 Kg: necesítanse 72 persoas para poder portalo, 18 por cada varal.  

A procesión pola Ponte da Misericordia cos cirios encendidos, cal lucérnagas accesas, impresiona moito, estética e devotamente. Paga a pena ver aos portadores de Celeiro e Viveiro camiñar paseniño co Ecce Homo ás costas seguindo o ritmo da recén estreada banda de cornetas e tambores ata a triunfal chegada ao arco de Carlos V: os portadores teñen que pasar de xeonllos para non danar a imaxe para poder xuntarse coa procesión da Paixón na praza de Pastor Díaz.

Onte empezou a chover xusto cando o Ecce homo traspasou á porta de entrada á cidade sentíndose amparado polo arco protector da hornaciana de San Roque. Choveu a cachón e suspendéndeuse a Precesión pero o Ecce Homo non se mollaba. Non tardando, parou de chover e con esa mirada cómplice e misericordiosa, que ten o Cristo da columna, que mesmo parece que che está a falar e que dixit: ‘vámonos  compañeiros e compañeiras antes de que volva chover.’

Os portadores sacaron a imaxe marcha atrás e emprenderon o camiño de regreso entre os aplausos de todos os presentes. Oe! Medio Viveiro acompañouno ata a súa casa e outro medio agardaba por el na Misericordia, e non choveu máis ata que estivo de novo na súa furna.

Velaquí un muestrario dos aconteceres do Ecce Homo da Misericordia dentro e fóra da capela:

Texto e fotos, Fina Roca