O ECCE-HOMO da Misericordia, Viveiro

O Ecce Homo, que se venera na capela do pazo da Misericordia (Viveiro), é unha fermosa escultura de autor anónimo do século XVII, a súa forma amaneirada -tan distinta das tallas de Xesucristo trala flaxelación -está atado á columna, sen coroa de espiñas e sen cana como cetro- estivo a piques de acabar na fogueira porque os intolerantes da quenda considerábanna irreverente.

A dificultade da pronunciación das voces latinas Ecce Homo= Velaí o home, termo que utilizou Pilatos no Pretorio trala flaxelación, deu lugar a que, en Viveiro, este Ecce Homo sexa coñecido popularmente como o Santo Iciombre: a fe popular converteu a Xesús en Santo.

A imaxe é tan querida e venerada que, os mariñeiros de Celeiro e Viveiro, dende tempos inmemoriais, cando van pescar, enfían as proas dos barcos cara á capela da Misericordia para que Cristo os acompañe polos inhóspitos mares; a capela foi fundada en 1603 por Rodrigo Alonso Alfeirán, ten un fermosísimo retablo e pinturas na cúpula, de Camilo Díaz Valiño, pero, non existe ninguha imaxe da Virxe da Misericordia. Disque antes había na entrada unha hornacina na que se veneraba á Virxe dese nome pero, actualmente, non hai rastro por ningures do manto protector da Misericordia.

No ano 2007 un fato de estudiantes universitarios capitaneados por René Gómez -mestre de música  e neto de Juan F. Rivera, alias o Goio, tallista viveirés autor das andas do Prendimento e do proxecto das do ECCE HOMO realizado por Sebastián Sierra- e Ramiro Mel Fraga -estudiante de Dereito en Santiago, autor do estandarte da Confradía bordada por el mesmo con fíos de ouro e prata- fundan a Confradía de Nosa Señora da Misericordía implicando aos compañeiros do coro e aos que compartían piso en Santiago, como Rafael Melero, médico e tenor, do Carballiño, e actual vicepresidente da Confradía.

Saen por primeira vez sen crego e sen banda o Vernes Santo de 2007. Dende entón e ata agora saiu sempre malia a chuvia. O pasado ano ao suspenderse as procesións de Viveiro pola metereoloxía adversa, os da Misericordia, sacaron a imaxe ao redor da igrexa e dos edificios cércanos, e non choveu mentres procesionaban ao Cristo. Para non perder o costume este ano pasou o mesmo, así que xa hai que fala de miragre.

Miles de persoas se congregan en torno á capela da Misericordia para ver saír o ECCE HOMO da súa furna e igrexa no presente ano. As andas teñen que sacalas de lado xa que non caben polas portas e logo montar a imaxe no claustro do pazo. Este ano saíron con crego, banda e moreas de cofrades de terciopelo vermello de ámbolos dous sexos. As mulleres poden  trasportar a imaxe conxuntamente cos varóns, non existe discriminación por cuestión de sexos. A meirande parte son tan noviños que teñen medo a facelo mal e piden disculpas por todo, cando o certo é que fanno fenomenal.

-Tampouco imos opeñermos a que un transexual devoto leve a mantilla española se cadra! Por que non? Dicíame un cofrade que quere gardar o anonimato.

Cabe subliñar que, o paso do ECCE HOMO da Misericordia, pesa 1800 Kg: necesítanse 72 persoas para poder portalo, 18 por cada varal.  

A procesión pola Ponte da Misericordia cos cirios encendidos, cal lucérnagas accesas, impresiona moito, estética e devotamente. Paga a pena ver aos portadores de Celeiro e Viveiro camiñar paseniño co Ecce Homo ás costas seguindo o ritmo da recén estreada banda de cornetas e tambores ata a triunfal chegada ao arco de Carlos V: os portadores teñen que pasar de xeonllos para non danar a imaxe para poder xuntarse coa procesión da Paixón na praza de Pastor Díaz.

Onte empezou a chover xusto cando o Ecce homo traspasou á porta de entrada á cidade sentíndose amparado polo arco protector da hornaciana de San Roque. Choveu a cachón e suspendéndeuse a Precesión pero o Ecce Homo non se mollaba. Non tardando, parou de chover e con esa mirada cómplice e misericordiosa, que ten o Cristo da columna, que mesmo parece que che está a falar e que dixit: ‘vámonos  compañeiros e compañeiras antes de que volva chover.’

Os portadores sacaron a imaxe marcha atrás e emprenderon o camiño de regreso entre os aplausos de todos os presentes. Oe! Medio Viveiro acompañouno ata a súa casa e outro medio agardaba por el na Misericordia, e non choveu máis ata que estivo de novo na súa furna.

Velaquí un muestrario dos aconteceres do Ecce Homo da Misericordia dentro e fóra da capela:

Texto e fotos, Fina Roca

Deixa unha resposta