Anotacións do Tema 'Asesinatos'

Monelos, camiño da Igrexa. Parque de Oza

Xoves, Xullo 17th, 2008

 Ás poucas horas de que Marcos Graña asasinara de dous tiros de escopeta ao seu veciño, José Martínez Hilario, na rúa da Igrexa (Monelos) o Concello de A Coruña afanábase en poñer reixas aos escombros, como querendo tapar tódalas maldades dunha zona tan depremida como ambiciosa, onde non faltan edificios de luxo e casas decadentes, abandonadas a súa sorte ata que aparecen as paleadoras, que seguen a mandar en todo malia merecida caída de Martinsa-Fadesa. Cando tiraron as casas da rúa da Igrexa e mailas árbores que as rodeaban, figueiras, cereixos, loureiros, manciñeiras, limoeiros e pexegueiros, os ionquis das zona foron sustituídos polos camións de entullos, para desesperación da vecindade que ve correr as ratas dende as fiestras das súas casas. Dende que anunciaron a bombo e platillo a construcción do parque de Oza e empezaron a derrubar casas e leiras, todo cambiou, de momento, para peor.

A rúa da Igrexa chámase así porque vai dar Igrexa de Santa María de Oza. Comunícase co Castrillón e coa rúa Joaquín Galiacho que está tapiada dende hai moitos anos. A Casa branca que se ve na foto é a ‘casa do cura’, a quen non lle expropiaron nada, nin unha árbore; uns metros máis arriba, á altura do coche vermello, está o local social de Oza, onde mataron a Hilario. Matouno un tío que está como unha cabra, tiña montado o chiringuito no seu propio coche poñendo a música a toda pastilla ata altas horas da madrugada sen que ninguén facera nada para remedialo. De onde sacaría a escopeta? Se era del e tiña licencia de caza había que meter no trullo a quen lla concedeu.     

Parque de OZA, camiño da Igresa 010.jpg

Rúa da Igrexa, 17 de xullo de 2008. Fina Roca 002.jpg

O camiño do Corgo, A rúa monte, Hortas en Oza 041.jpg Parque de OZA, camiño da Igresa 005.jpg As casas da dereita da Rúa da Igrexa quedaron reducidas a escombros.

Rúa da Igrexa, 17 de xullo de 2008. Fina Roca 005.jpg Rúa da Igrexa, 17 de xullo de 2008. Fina Roca 006.jpg  A rúa da Igrexa entre as casas de antaño e as novas construccións. Se o parque de Oza segue adiante estas casas estarían nun lugar privilexiado, anque dubido que non perteñezan ás constructoras.

Texto e fotos: Fina Roca