Ministra de Defensa…

Non mo podo crer! Unha muller preñada ministra de defensa? Desta si que me fago Zapateriana! Que eu saiba a ministra de defensa Carmen Chacón é pacifista e catalanista, é dicir, nacionalista.  Que pasada! Unha muller xoven e embarazada poñendo firmes a tantos guerreiros machistas? Ánimo soldadas que desta si que chegades a xeneralas. Agora si que poidemos crer na igualdade. Viva quen fixo posible esta fazaña! Por favor Carmen non collas a licencia por maternidade, que a colla o teu marido, te necesitamos para desterrar das Forzas Armadas tanto guerreiro con sede de venganza. Postas a pedir, en pro da igualdade das tribus e castas tes que acabar cos privilexios dos clubs de oficiales e suboficiales, que pagamos todas/os. De seguir así, Zapatero, vai conseguir que en Cidade Vaticano, en lugar de Papas haxa Papisas.

Noraboa Carmen Chacón! Nos guste ou nos disguste, eres a primeira muller, preñada e sen preñar, que vai dirixir ás Forzas Armadas. 

Fina Roca   

O Avión de Amnistía Internacional…

Amnistía Internacional, con motivo da visita a España da asesora de Seguridade Nacional da Casa Blanca, Condolezza Rice, escribiulle unha carta ao presidente Zapatero para que lle faga chegar a repulsa nacional polo que está a pasar nos EE.UU.

http://www.es.amnesty.org/noticias/noticias/articulo/sera-el-cierre-de-guantanamo-una-de-las-cuestiones-espinosas-que-no-tratara-el-gobierno-espanol-c/ 

Na Coruña a agrupación local de Amnistía Internacional, encabezada por Margarita González, manifestouse diante da embajada estadounidense, para denunciar que a política dos EE.UU viola os Dereitos Humanos e vulnera o Dereito Internacional, tal é o caso da pena de morte, das desparicións e torturas en Guantánamo. Os activistas recolleron firmas, leron un comunicado e fixeron unha representación alusiva aos avións da morte.

 Amnis, tabaco 024.jpg Amnis, tabaco 021.jpg Non máis vóos á tortura…

Membros de A.I con monos laranxas e capuchóns negros sosteñen un avión en forma de féretro en clara alusión aos avións estaounidense que sobrevoan Europa facendo escala, incluso, en España con persoas desparecidas para interrogalas sen ningún tipo de garantías, e torturándoas.

 Amnis, tabaco 022.jpg Amnis, tabaco 025.jpg Non só os magos fan desaparecer…

Pegadas negras e carteis cos nomes, apelidos e nacionalidade dos desaparecidos e condenados a morte, chicanos, pobres, retrasados mentais… 

Texto e Fotos: Fina Roca

Xornada de reflexión…

Mañá toca votar alcaldes e alcadesas, poucas, polo que se ve nas listas…

Convén reflexionar en tor aqueles alcaldes que necesitan dun pelotón de policía para dar mítines, incapaces de dar un paso sen policía local + nacional. Nunha ciudade como a Coruña, na que os coches aparcan onde lles peta, non é de recibo que os ‘gardas’, que pagamos todos/as, abandonen as rúas para seguir a un home en campaña electoral, tal é o caso de Javier Losada, que parece o presidente do goberno con tantos policías ao seu carón, non baixaron de dez por día en toda a campaña

En fin! Reflexionade ben con…

http://video.google.es/videoplay?docid=-6587998831552111596&q=as+farolas


Peches patronais. Lock-out…

 

Estamos nun período histórico no que O PP pasa os días e mailas noites chorando a perda do centralismo trasnoitado, facendo todo tipo de manifestacións e falcatruadas para volver á Moncloa…

Por min que segan a manifestarse, proba de que están na oposición. Ía sendo hora de que fosen as dereitas as que saíran as rúas, agora só lles falta pasar á clandestinidade e correr a mazo diante dos antidisturbios. Daba algo por ver a Ana Botella e Rajoy, agarrados aos bispos, esquivando os porrazos da garda pretoriana, alias chicos con cascos e chalecos azuis antibalas… 

Claro que, nesto de manifestarse, non todos somos iguais ante a Lei do Porrazo. Hai manifestantes de primeira, os da clase VIP, a quen os gardas organízanlles as manifestacións, e manifestantes de segunda, os pringados de sempre. Que llo pregunten aos coruñeses de Atento, filial de teléfonica que está a despedir traballadores, para externalizar os servizos de teléfono, Internet e SMS a países hispanoamericanos, onde os contratos son máis baratos… 

Vamos! Que as Forzas de Seguridade non se atreven coa clase VIP, pero atacan impugnemente a xentiña do común, ás desvalidas traballadoras/es de Atento, que defenden o seu pan, manifestándose pacíficamente diante da empresa, interrompendo o tráfico quince minutos, en Juan Florez, nunha rúa na que sempre hai atascos debido aos supercoches aparcados en doble fila. Ven poden! Cinco dotacións de antidesturbios contra 50 persoas. Por que non lle dan de hostias aos manifestantes da clase VIP, seica non interrompen o tráfico pola Castellana?

Coidadiño! Que cando as dereitas se manifestan en olor de multitude, benditas pola Igrexa, pretenden desestabilizar ao goberno legalmente establecido. Na España da II República, as manifestacións, serviron de escusa para da-lo Golpe de Estado e impoñe-la Ditadura franquista. En 1972 a C.I.A inverteu máis dun millón de dólares en Chile, para desestabilizar o goberno de Allende, fomentando a fuga masiva de capitais e dando lugar a repetidos peches patronais, alias lock-out, favorecendo o golpe militar de Pinochet.

En España hai un intento descarado de lock-out por parte das dereitas delirantes: peche de fábricas e empresas co despido masivo de traballadores sen causa xustificada. Mesmo a multinacional Alcoa ameaza con pechar se lle subimo-la luz. Iso non é chantaxe? Fina Roca 

Cisnes na ría do Burgo…

avi.04.jpg   

avi.o6.jpg avi.02.jpg    

Na coruñesa ría do Burgo hai moita merda, pero tamén hai cisnes como se pode observar nas fotos…

Mentres o avión está a piques de aterrar en Alvedro, dúas parellas de maxestuosos cisnes se pasean pola ría do Burgo con cara de fame. Por regra xeral están sempre á altura do paraugüas, entre o Burgo e o Temple, nadando entre ámbalas dúas marxes. Chegaron hai 15 días, brancos, moi brancos, pero agora teñen cor marrón, están cochos, como as augas da ría…

Algo haberá que facer, non si? Fina Roca…

O parque de Oza, A Coruña. Antes e despois…

parque de Oza 0021.jpgparque de Oza 018.jpgparque de Oza 015.jpgparque de Oza 013.jpgparque de Oza 002.jpgparque de Oza 001.jpg

Nas fotos vése claramente o antes e despois de entrar as paleadoras, que acabaron con todo…

O alcalde da Coruña, Javier Losada, delfín de Paquiño Vázquez, ven de inagurar o Parque de Oza, no que pretende introducir varios modelos de xardíns, entre eles o xaponés…

Non se entende que metan as máquinas, arrasando con todo e facendo un desmonte a esgalla, existindo, como existe nesta zona un auténtico verxel, un monte autóctono con loureiros centenarios e piñeiros, no que non faltan castaños e noceiras,  especies exóticas, bambú, araucanas, camelias, magnolios, palmeiras, castaños de indias. Unha flora e fauna incrible e imposible de recuperar se se perde. Tordos, merlos, pombas salvaxes, cucos, mouchos, entre outras moitas aves, niñan por estes pagos. Abondan os lirios silvestres, blancos e amarelos, os cogumelos, romero, nébeda, menta, tarais…

Que barbaridade! Incluso o parque está cheo de parras centenarias, que dan ricas uvas, limoeiros, laranxeiras, figueiras e árbores frutais, cuxos froitos recolectan libremente os veciños da zona…

Que deseperación de máquinas! Que desmedida ambición…

Xardín inglés, xaponés, francés? Para qué? A costa dun bosque galego? Por favor…

Nos claros do parque hai hortas e leiras atendidas garimosamente por persoas maiores, homes e mulleres de sacho no legón. Da xenio velos ao coidado de flores de todo tipo, leitugas, tomates, xudeas, árbores frutais…

Os xubilados reúnense tódolos días ao redor das hortas situadas tralo atrio da igrexa de Monelos, detrás do IES do mesmo nome…

Noutros países, en Alemaña e Francia concretamente, nas cidades, subvencionan a quen quere cultivar certos espacios públicos, pero aquí acaban con todo, cando sabemos que se pode compaxinar. Ata os vándalos, alias cultura do botellón salvaxe, respectan máis as hortas e xardíns públicos cas paleadoras. Os labregos xubilados prefiren cultivar unha mada de grelos, antes que xogar á petanca…

O parque de Oza coas súas numerosas fontes de pedra labrada só necesita unha limpeza a fondo, deixando libres os sendeiros e corredoiras naturais…

Que non nos vendan a moto! Van facer un parque, para abrirlle camiño ás inmobilarias, para legalizar as urbanizacións que xa están en marcha.

Mágoa de parque natural…

Seguirei coa miña teima, foto a foto, co que había, co que hai e co que van facer, e coa foto do depredador de quenda..

Eu non vou votar a ningún político que me cambie unha fraga galega por un parque xaponés, tal é o caso de Oza… 

Ánimo coleguiñas, facede o mesmo hai que acabar coa Lei do cemento! Fina Roca.

Unha galega en Cancún…

 Ana María Ríos, a galega de Arcade (Pontevedra) que fose detida en Cancún o pasado oito de outubro, en plena lúa de mel, acusada impunemente de ‘tráfico de armas’ (cartuchos e artefactos de detonación) ven de escandalizar ao exército de liberación nacional do seu pobo por posar en top less na revista Interviu, cando deberían felicitala por entrar no famoseo, vía México, sen ter que pasar por Gran Hermano, nin pola cama de Pipi, o ex da Terelu Campos, que está arrimada cun galego de Viveiro emparentado cos grelos, o Agrelo…
 Moi ben Ana! Que si, que a vida é moi corta e hai que vivila…
 Vaia dende aquí o meu parabén  a esta muller de 26 anos  por saber rentabilizar a súa propia desventura! Ánimo rapaza! Que non só os bombeiros cachas teñen dereito a saír en pelotas nos calendarios e revistas, as perruqueiras e as profesoras pouco agraciadas e entradas en anos, taménFina Roca

A Memoria Histórica

 

“ARMH” memoriahistorica@memoriahistorica.org ven de divulgar na interrede un texto que me parece moi interesante para conmemorar o día da Constitución española…

DEZ ACCIÓNS QUE EN CALQUERA MOMENTO PODEMOS FACER POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA:

     1.- Escribir á Comisión Interministerial  para as Víctimas da guerra civil e da dictadura franquista para que o Estado garante as exhumacións das foses comúns e maila búsqueda e desaparición dos desaparecidos. Que sexa regulada no Código Penal a apoloxía do franquismo. Que nos colexios e institutos se estudie a fondo a II República, a guerra civil e a dictadura franquista. Que se instale unha exposición permanente no Val do Caídos, explicando o porqué se fixo e a quen obrigaron a construilo. Que en tódolos edificios públicos se instale unha placa cos nomes dos que foron ‘depurados’ pola dictadura. Que señalicen as obras públicas e privadas levadas a cabo polos presos políticos e que se anulen os sumarios instruídos polos tribunais que eran ilegais.

     2.- Grabar a testimuña dun susperviviente da guerra civil, ou da represión franquista, escribilo para non perdelo, fomentar a investigación entre a propia familia, ou xoves estudiantes, e pinchalo na rede: http://www.mmoriahistorica.org/modules.php?name=News&file=article&sid=3

     3.- Escribir un correo electrónico ás embaixadas de Alemaña (Dr.Wolf- Ruthart Born:pr-1@madri.auswaertiges-amt.de) e Italia (Amadeo de Franchis: archivo@ambitaliamadrid.org) para esixir unha reparación simbólica por ter axudado ao dictador Francisco Franco a gaña-la guerra civil e secuestrar perante +40 anos á democracia do nosos país. Cabe subliñar que miles de españois foron deportados, retidos ou asasinados nos campos de concentración nazis.  

     4º.- Reunir un grupo de xentiña do común, estudiantes de bacharelato, FP ou universitarios, para visionar e comentar o ciclo de documentais agrupados no colectivo Imaxes contra o Olvido: www.imagenescontraelolvido.com

     5º.-Inscribirte ou colaborar con calquera asociación para a recuperación da memoria histórica.

     6º.- Firmar a campaña que está a facer Amnistía Internacional para esixir ao goberno español xustiza para as víctimas do franquismo: http://www.es.amnesty.or/actua/esp_mar06/

     7º.- Facer camisetas para denunciar o golpe de Estado de Franco, nasdo en Ferrol,  baixo plica de Nunca Máis un 18 de xullo.

     8º.- Visitar e divulgar a web que tenta facer un censo de tódalas víctimas do franquismo:www.todoslosnombres.org

     9º.- Escribir un correo electrónico ao embaixador español en Marruecos, Luís Planas, para reprobarlle a súa actitude por asistir en nome do pobo español á inaguaración da casa museo de Mohamed Mizzian, un militar franquista de orixe marroquí que foi moi sanguinario cos perdedores perante a guerra civil, e un represor en Marrocos.

Luis Plana: ambespma@mail.mae.es

     10.- Enviar este comunicado a quen estimedes convinte, ou engadir cousas encamiñadas a recupera-la memoria histórica…

       (Nota: prometo escribir algún caso da guerra incivil, como o da churreira de Ferrol, Xosefa de Teloi, pernas tortas, fusilada na tapia do cemiterio de Catobois, Ferrol, sen máis pena capital ca de crer no que facía: era unha republicana convencida. Fina Roca)

As colas do Inserso e do Festival do Landro

A xente maior ten unha paciencia infinita! Fan cola para todo! Empezaron na postguerra coas colas do racionamento, seguiron coa cola da auga (había que ir a fonte xa que non había auga nas casas), logo, na década dos sesenta, empezaron as colas dos ambulatorios: toda unha mañá para ver a un médico (Esta cola aínda segue!)…

Cando se populariza o cine, as sesións féminas eran máis baratas e había que gardar dúas horas mínimas de cola para conseguir unha entrada. Colas para todo! Nas tendas, supermercados e prazas de abastos! Pero ningunha cola supera ás das viaxes do Inserso e do Festival do Landro de Viveiro… 

Para conseguir unha plaza do Programa de Turismo Social, ofertada polos gobernos autonómicos i estatais a prezos reducidos en temporada baixa, para poder viaxar polo Mediterráneo, hai que armarse de paciencia do santo Job e porse a cola das axencias contratantes anque chova a cachón. E para conseguir unha invitación de balde para asistir o Festival do Landro hai que gardar un mínimo de cinco horas de cola aínda que quente o sol

Pero ós do Inserso diríase que non lle importa! Vamos! Que pasan o día facendo cola con cara de satisfación! A meirande parte dos xubilados/as, xentiña do común, asisten as devanditas colas provistos de sillas plegables, barallas, froita e bocatas. Chegan, instalan a cadeira, sacan o bocadillo, ou as cartas, e pasan as horas falando cos veciños de cola como se se coñecesen de toda a vida. Hai que ver ós vellos e vellas gardando cola dende as seis da mañá diante dunha axencia de viaxes para poder ir as Baleares a prezo reducido; ou no Teatro Pastor Díaz, para conseguir entradas para o Festival do Landro ou Mostra Folclórica, no Banco o día de cobro das pensións… 

Coido que deberían reducir as colas á nada. Fina Roca

 

O Papa Pepiño Ratzinger

O Papa clausurou en Valencia o V Encontro mundial das Familias católicas apostólicas e romanas cunha multitudinaria misa a que asistiron un millón de persoas, máis o menos as mesmas que desfilaron o día do orgullo gay en Madrid e menos das que desfilaron baixo a bandeira de Nunca Máis en contra dos vertidos do Prestige e da guerra de ocupación de Iraq. Nin que dicir ten que os mundais de fútbol acaparan máis público… 

Mentres Benedicto XVI evanxelizaba ó seu rebaño con promesas inverificables de salvación eterna misando dende un altar climatizado de 2.700 metros cuadrados, en Ortigueira, se clausaraba a vigésima segunda edición do Festival Celta cun gran  respaldo histórico: máis de 100.000 visitantes diarios sen tantas subvencións e propagandas papais. Vamos! Que os amantes da música folk non ían caber en Ortigueira se o Estado apoiara o festival como apoiou ó Papa e o PP puxera autobuses de valde dende toda Europa para ver a   Berrogüetto e ós bretóns de Gwendal…

O xefe do Estado máis clasista e pequerrechiño do mundo estivo arroupado polos reis das Hispanias e resto de autoridades. Por faltar non faltou nin Paquito  Vazquez  de la Coruña. A quen non vin, rezando de xeonllos o rosario da Aurora en primeira liña cos brazos extendidos en actitude orante, foi a Federico Jiménez de los Santos

Nada direi do pasado hitleriano dun Papa que vai de modelo de virtudes, cando ten unha vocación ultraderechista que mete medo. Pero si direi que, Pepiño Ratzinger, para dar exemplo, debería trasladarse dende Roma a Valencia na lancha de pedra de San Andrés de Teixido, ou nun kayuko… 

 Un inimigo a ultranza do laicismo, das liberdades democráticas (En Cidade Vaticano só poden votar os varóns con rango) da diversidade sexual, da Teoría da Liberación e da liberación feminina, non pode ser recibido con honras de Estado en ningún país democrático. Non ten sentido tanto boato e luxo para avaliar a un Papa que condena o amor entre persoas do mesmo sexo e que fomenta a submisión entre os pobres e as mulleres

Non fai falla ser un lince para dicir que a Igrexa está ó lado dos ricos e poderosos para manter o seu privilexiado reino de machos católicos que viven a corpo de rei en fastuosos pazos arzobispais

Cando unha monxa chegue a Papa xa falaremos do verbo de Cristo…