Anotacións do Tema 'Xuntanzas'

4ª xuntanza dos Roca, o tío Pepe

Sábado, Xuño 19th, 2010

Un ano máis a segunda semana do mes de xuño a familia Roca volveu reunirse no restaurante de Manolo Beceiro en Covas (Ferrol). Non estaban todos os que son pero si estaban os patriarcas e bebés.

 Os irmáns Roca Golpe, de esquerda a dereita, o tío Xan oitenta anos, O tío César 87,  e o tío Pepe, 83… ¿De que estarían a falar?

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 006.jpg

César e Pepe presidindo a mesa:

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 010.jpg

Juan, César e Pepe preguntándose, e onde estará o noso irmán Xulio? Ten a muller maliña, dicía Juan. Eu tamén teño a miña e estamos todos aquí cos fillos, netos e bisnetas, dicía Pepe. Oliva é dona Dolores, dicía César e tamén está aquí…

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 008.jpg

A tía Mérida e a tía Otilia:

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 012.jpg

O tío Xan coa súa dona:

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 013.jpg

Xan e César coas súas netas (Carol e Aida) e a alegría da casa: Alexandra a benxamina do grupo con vinte días de existencia, a bisneta de César.

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 002.jpg

Oliva a feliz bisavoa, dona de César:

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 005.jpg

Velaquí unha ampla representación da familia Roca:

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 014.jpg

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 031.jpg

Na foto superior podemos observar a un dos netos de Pepe e Otilia, Sergio, coas cullers pegadas por toda a cara. Disque vai par Físico Nuclear, pero dadas as súas actitudes ao Uri Gelli, coidamos, que, en nada, vai saír na Wikipedia como o maior animador circense, unha gozada de rapaz, totalmente socializado, como a súa encantadora irmán Raquel que hai quince días fixo a Primeira Comuñón e que eran os máis cativos do clan Roca ata que apareceu Alexandra.

O curmá Xan Carlos (armadanzas fundamental da Xuntanza) coas súa dona.

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 019.jpg

Roberto e Jorge, dos Roca Bordello…

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 021.jpg

José Luís (Roca Bordello) coa súa sobriña Raquel:

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 022.jpg

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 027.jpg

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 023.jpg

Aida e Nuria…

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 028.jpg

Fina Roca. 4ª xuntanza dos Roca en Covas, Ferrol 029.jpg

Aida con Alexandra dos Roca Díaz, a neta de Fina Roca:

Fina Roca. Alexandra 001.jpg

Pero…

Hoxe morreu o tío Pepe, que putada! Quedamos orfos…

Acabo de chegar do tanatorio e non teño palabras. Sentido pésame familia Roca…

Texto e fotos: Fina Roca

Día do Libro na Librería NÓS

Sábado, Abril 24th, 2010

A UNESCO promulga en 1995 o día Internacional do Libro que se celebra a nivel mundial o 23 de abril en homenaxe a Miguel de Cervantes, William Shakespeare e I. Garcilaso de la Vega:

 http://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro

Nos tempos que corren de crises mentais-políticas, é de admirar que exista xente que aposte firme pola letra impresa. A escritora e xornalista Cecilia, dona da Libraría NÓS, perteñece a esta especie:  

 http://www.librerianos.com/

En Nós tiraron a casa pola chanela obsequiando aos habituais clientes cun libro e unha botella de viño Alvariño dos viñedos Rosalía de Castro, amén dun ágape con cava…

Había abarrote coma no Parrote e dous ilustres oradores:  

a) Pedro González Palencia chef e dono do Restaurante Contrapunto, que deleitou ao persoal con numerosas receitas de peixe, hortalizas e froitas de temporada coas que elaborar suculentas cremas frías: a de remolacha con berberechos non tiña desperdicio.

b) Eduardo Riestra, o editor de Ediciones de Viento e Barracuda Libros, gozou a mazo contando como lle dese por editar libros de viaxes exóticas. Dedicoulle especial atención ao libro de Jaimal Yogis: Saltwater Buddha. A divertida historia dun surfeiro de dazaseis anos que busca o Zen nas ondas da mar salgada. Traducido por Susana Carral Martínez e ilustrado por Miguel Ángel Martín

Velaiquí a Cecilia presentando ao chef:      

Fina Roca. Día do Libro na librería Nós.jpg

Idem co editor:

Fina Roca. Día do Libro na librería Nós 003.jpg

Libro e Alvariño como agasallos: 

Fina Roca. Día do Libro na librería Nós 005.jpg

Momentos inesquecibles: así da gusto ler, non si?

Fina Roca. Día do Libro na librería Nós 010.jpg

Fina Roca. Día do Libro na librería Nós 006.jpg

Fina Roca. Día do Libro na librería Nós 008.jpg

Fina Roca. Día do Libro na librería Nós 009.jpg

Fina Roca. Día do Libro na librería Nós 007.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

Excursión a Lalin

Venres, Febreiro 15th, 2008

O pasado sábado, organizada pola Asociación Cultural e Recreativa Comarcal Vivariense, houbo unha xuntanza de 70 viveirenses/as no quilómetro cero de Galicia, en Lalín, no restaurante Agarimo, para participar na festa do cocido, festa que se celebra cada ano dende o domingo anterior ao Entroido e que dura un mes coma mínimo. Cabe subliñar que hai autopista dende A Coruña a Lalín e que axiña se chega, unha hora aproxidamente. Eu facía moitos anos que non pisaba esta terra da comarca do Deza e atopei todo moi cambiado.

A Plaza maior está moi linda e chama a atención a escultura do cerdo que podedes ver nas fotos.

Que ben comimos!
Que cocido mi madriña!
Non faltaba de nada, carne de cocho e vaca, grelos, chourizos e patacas. Os chourizos pingaban as patacas que daban gloria, incluso, habíaos de cebola e dos outros. De postre filloas, leite frita e queixo do país con membrillo. Mercamos queixos, touciño con e sen febra e chourizos.  Antes de xantar fixemos un percorrido polas tascas da vila e monumentos.
Mágoa non poder ver o museo! Estaba pechado…
Lalín conta con persoeiros tan ilustres como Laxeiro: Xosé Otero Abeledo.

En 1984 o ex presidente da Arxentina Raúl Alfonsín visitou estas terras habida conta de que os seus avós son de Casaldernos, Alfonsín é o neto de Serafín. A vila está irmanada coa cidade na que naceu o ex presidente: Chascomús. De Lalín tamén era Cuiña, quen, como non comungaba coas rodas de muíño de Rajoy and company, foi ‘vilipendiado’ polo seu propio partido!

 

excursión a Lalín 0032.jpg excursión a Lalín 0041.jpg excursión a Lalín 0021.jpg 

excursión a Lalín 005.jpg excursión a Lalín 008.jpg excursión a Lalín 0112.jpg excursión a Lalín 010.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

Os Roca en Cedeira…

Venres, Agosto 3rd, 2007

Cedeira é unha das vilas máis tranquila das que coñezo. Cando era nena adoitaba ir de camping con toda a familia, acampando nun solar do Pucho, na praia, onde hoxe en día está o paseo marítimo e cabaña de Maribel. Que ben o pasabamos! Íamos todos os Roca, tíos, curmáns e resto de familia. Nós tiñamos unha caseta de madeira, a caseta de Oliva, con camas, liteiras e unha fiestra con cortinas coquetonas. A cociña era unha tenda de campaña e a ducha unha lona con regadeira. A auga colliamola da fábrica de madeira do Pucho cunha goma colgada das árbores. Hoxe en dia, onde estaban as fábricas, o Pucho, fixo un edificio de apartamentos. O Postineiro botaba a rapeta tódolos días e nós axudabamos a tirar dela. Meus pais seguen a veranear en Cedeira, pero non de camping, nunha casiña do Camiño Real da praia da Magdalena, miña nai segue a botar en falta a caseta e mailo camping. Moitos membros da familia Roca acabaron mercando un terreo, ou unha casa, nas zonas cercanas ás da acampada. 

Meu pai, César, ven de cumpli-los 84 anos e, o seu irmán, Pepe, achegouse ata Cedeira para felicitalo cos seu fillos e netos: os Roca Bordello. A miña curmá, Loli, veu dende Murcia coas súas fillas para felicitalo! 

Os patriarcas, César e Pepe Roca Golpe, e as súas donas, as matriarcas Oliva Díaz e Otilia Bordello, observando ás novas xeracións da familia:

Os Roca en Cedeira 016.jpg Os Roca en Cedeira 015.jpg Os Roca en Cedeira 021.jpg

Na casa dos meus curmáns:

Os Roca en Cedeira 028.jpg Os Roca en Cedeira 027.jpg  Os Roca en Cedeira 018.jpg

Velaqui reunida a familia onde outrota tiñamos a mesa de madeira e unha barbacoa: Oliva e Otilia sentadas no banco…

Os Roca en Cedeira 001.jpg Os Roca en Cedeira 003.jpg Os Roca en Cedeira 006.jpg

Afortunadamente non tiraron as árbores anque a fonte está sempre moi cocha i espanta á vista. Comimos na Revolta, porque Luís, o seu dono, sempre nos tratou moi ben e coñecemonos dende sempre, mesmo foi o pescadeiro, en Ferrol, da miña tía Otilia, pero fai tempo que se dedica á Hostelería:

Na Revolta (Cedeira) celebrando os 84 anos do patriarca da familia ROCA:

Os Roca en Cedeira 0071.jpg Os Roca en Cedeira 008.jpg Os Roca en Cedeira 009.jpg

César Roca observando a praia da Magdalena e mailo río dende o paseo marítimo de Cedeira:

Os Roca en Cedeira 030.jpg Os Roca en Cedeira 034.jpg Felicidades César!

Paga a pena visitar Cedeira, facédeme caso, visitádea agora que ven a feira do percebe:

http://www.cedeira.org/galego/index.html

Texto e fotos: Fina Roca

Unha xuntanza moi particular…

Domingo, Xuño 10th, 2007

 Houbo un tempo no que as familias reuníanse nas romerías, festas patronais, vodas, enterros…

Agora, vodas masificadas hai poucas, enterros, habelos hainos, como as meigas e, festas e romerías, non faltan, anque cadaquén vai pola súa conta, agás nos Caneiros (Betanzos) e no Naseiro (Viveiro) onde aínda podemos ver familias enteiras na mesma barca ou mesa, malia que os rapaces prefiren organizar botellóns.

A familia Roca está bastante ligada á praia de Covas de Ferrol, o Vilar, que grazas ás moitas chabolas da bisbarra con xardíns, consérvase virxe, xa que non construiron bloques de formigón como no resto do litoral. Velaquí a fermosa praia, ao fondo a de Doniños, incluso, hai chabolas con mesas camillas no exterior, enanos e froitas de plástico, o colmo da horterada nacional! Pero, que queredes? Prefiro esto aos bloques de formigón…

Familia Roca 055.jpg Familia Roca 054.jpg A praia de Covas, Ferrol

Familia Roca 056.jpg Familia Roca 057.jpg Praia e chabola con mesa camilla no exterior, forrada de tea…

Os irmáns ferroláns Roca Golpe, Esperanza, Maruja, Isabel, César, Pepe, Juan Julio, -Fina morreu xoven- orfos de pai e nai dende nenos, son un claro exemplo de persoas loitadoras e testimuñas diretas da contienda do 36, da loita entre irmáns contra irmáns, de veciños contra veciños, bombardeos e fame, das miserias humanas dunha guerra incivil, inxusta e absurda.

Testimuñas do paso da ditadura á democracia, que celebraron arreo, e do século XX ao XXI. Só sobreviven os varóns, xubilados da Bazán e Astano, que saben moito da loita obreira na cidade departamental, ningún deles soporta os atentados contra a Democracia, e non entenden que montaran unha gasificadora na bocana da ría de Ferrol. Eu tampouco…

A súa vida é digna de novelar…

Os sete irmáns tiveron que traballar a mazo, bregando coas autoridades, para que non os mandaran a un orfanato e non deran en adopción aos máis pequenos, tal como querían facer uns parentes miserables: a tía monxa e un cura castrense. Cando quedaron orfos eran todos menores de idade, agás Esperanza e Maruxa: César, o maior dos varóns, tiña 14 anos, Julito era un bebé. 

As mulleres asumiron o rol de mamás e papás.

Malia ter a vida en contra, non permitiron baixo ningún concepto, que arrebataran do seu carón aos seus irmáns máis pequenos, defendéndoos con unllas e dentes.

Todos/as souberon saír adiante, formando as súas propias familias, educando aos fillos en valores universais, facéndoos partícipes da escola de Giner e fomentando neles o amor ao estudio e traballo, tal como aprenderan do seu pai, Marcelino Roca, un socialista convencido, amigo de Pablo Iglesias, fundador do PSOE.

Esperanza (RIP), viúva de guerra, casou tres veces e tivo tres fillos: Pachola, Finita e Toñito. Maruja (RIP) casou cun loureado bombeiro de Bazán, Luís Gorgozo (RIP), quen tratou aos Roca como se fosen os seus propios fillos ou irmáns, froito desta unión naceron Victoria (RIP) e Ana; Isabel (RIP) casou con Manuel Gómez e naceron Maribel e Manolito. De César e Oliva, Fina e Teri. De Pepe e Otilia, José Luís, Jorge, Loly, Roberto e Quique; Juan e Mérida só tiveron un neno: Juan Carlos, o máis mimado e armadanzas maior desta xuntanza. De Julio e Pili naceron os máis festeiros, Julito e Piquiqui.

Un amor todos! Hai que lamentar a morte de Victoria, a máis seria, tranquila e serea de todos nós…

Os 17 curmáns, cando nenos, creceron coma irmanciños…

A casa da tía Maruja era a casa patriarcal, onde se celebraban os principais aconteceres familiares, como as festas do Pilar que era a patroa das casas baratas. As vésperas da patroa reuníanse as mulleres e nenos para facer as empanadas e as bollas de azúcar. Cando a Gándara era Gándara e Caranza, Caranza, a familia Roca, ía no coche de San Fernando, un pouquiño a pe e outro pouquiño andando, a merendar e comer ao campo, praia ou A Graña, nunca se perdían as romerías de San Pedro e Chamorro, amén das festas do Parque, das Pepitas e do Rosario, entre outras moitas. Cando había cartos ían na lancha ao castelo de San Felipe, Mugardos, Chanteiro, e cando non había un peso, o tío Luís, levábanos nos ascensores das casas do señorío, na Bazán deixábanos montar no coche de bombeiros e tocar a campaíña. Ter un tío bombeiro, do que presumíamos todos, era un luxo ao alcance de poucos cativos… 

Os Roca e as súas respectivas parellas souberon desdramatizar os aconteceres vividos, fomentando a solidaridade humana entre todos eles. E foron mois festeiros, non todos, claro! Ían xuntos a todas partes, ao Naseiro, á Graña, de camping no verán, Valdoviño, Covas ou Cedeira. Pero agora os seus fillos e netos vénse pouco e para evitalo, os dous armadanzas maiores do reino familiar, Finita e Juan Carlos, coa incuestionable axuda de Tito, marido de Fina, decidiron reunir a todos no Vilar, no popular restaurante de Beceiro, viúvo da malograda Victoriña, famoso polos calamares fritidos. En certo modo, coido que, a xuntanza, foi unha merecida homenaxe á mellor prima e amiga, Victoria, que tivo a mala sorte de morrer no mellor da vida, xa que todos a tiñamos no pensamento.  

Entre os descendentes directos dos Roca Golpe, había de todo, parados, xubilados, oficiais e suboficiais da Armada, empregados de Bazán, camareiros, cociñeiras, amas de casa, traballadoras/es por conta allea e empresarias, enfermeiras, profesores e profesoras de Primaria, Secundaria e Universidade, deseñadoras, conserxes, administrativos, informáticos. Que sei eu!

Todos/as gozaban de boa saúde e bo dente, o humor non faltou en ningún momento…

Familia Roca 058.jpg Familia Roca 059.jpg Xan Carlos pedindo cartos, cal camareiro, para facer fronte aos gastos. Estaba pletórico. Poucas veces vímolo tan feliz e cheo de enerxía.

 Familia Roca 026.jpg Finita con Viky, a neta de Vitoriña, a nena é unha fotocopia da súa avoa, mesmo ten a súa mirada interrogadora.

 Familia Roca 004.jpg Familia Roca 006.jpg Mentres se esperaba por Quique, o benxamín dos curmáns Roca Golpe, catedrático de Física e Química na Universidade de Santiago, que viña de lonxe coa súa muller e fillos, dábase boa conta dos calamares, pulpo, langostinos e chourizo caseiro, regados con bos tintos e brancos…

Familia Roca 009.jpg As matriarcas, Finita, Fina e Maribel, primas de maior idade, xunto con Xan Carlos, saíron a recibir a Quique, o curmán máis novo.

Faltaban Jossé Luís, Pachola, Ana e Loly, que non puideron vir por ter que traballar ou por vivir alén de nós.

Familia Roca 013.jpg Familia Roca 016.jpg Familia Roca 017.jpg Empezando a comer…

Familia Roca 021.jpg Familia Roca 027.jpg O máis pequerrecho, neto de Victoria e Manuel, bisneto de Maruja e Luís 

Algúns curmáns nin se coñecían, quen máis, quen menos veu coa súa parella e, incluso, cos fillos; había 28 parentes entre grandes e cativos. O tío Pepe e a tía Otilia apareceron á hora do café, cousa que foi moi celebrada. Botábase en falta ao resto dos tíos! Nos descursos finais, que non foron poucos, decidiuse que, non tardando, habería que facer outra xuntanza con tódolos ascendentes e descendentes da familia, espallados polo mundo adiante.

Familia Roca 029.jpg Familia Roca 030.jpg Familia Roca 032.jpg Familia Roca 041.jpg 

Familia Roca 045.jpg Familia Roca 046.jpg Familia Roca 048.jpg Familia Roca 063.jpg Familia Roca 0591.jpg Familia Roca 067.jpg 

O tío Pepe coa camisa azul era o patriarca dos presentes…

Familia Roca 068.jpg Familia Roca 051.jpg a tía Otilia, a matriusca…

Estivemos ata case a hora da cea, ninguén tiña presa por liscar. Desatouse unha tormenta de verán, chovía auga a Deus dar pero axiña escampou e houbo quen rematou a festa dos primos no Odeón, onde celbraban un rally de coches:

Familia Roca 070.jpg Familia Roca 071.jpg A meta estaba na Gándara, diante do Odión, onde nos bañabamos de pequenos antes de que fixeran o recheo e a ponte das Pías…

Fotos e texto: Fina Roca