Un ano máis a segunda semana do mes de xuño a familia Roca volveu reunirse no restaurante de Manolo Beceiro en Covas (Ferrol). Non estaban todos os que son pero si estaban os patriarcas e bebés.
Os irmáns Roca Golpe, de esquerda a dereita, o tío Xan oitenta anos, O tío César 87, e o tío Pepe, 83… ¿De que estarían a falar?
![]()
César e Pepe presidindo a mesa:
![]()
Juan, César e Pepe preguntándose, e onde estará o noso irmán Xulio? Ten a muller maliña, dicía Juan. Eu tamén teño a miña e estamos todos aquí cos fillos, netos e bisnetas, dicía Pepe. Oliva é dona Dolores, dicía César e tamén está aquí…
![]()
A tía Mérida e a tía Otilia:
![]()
O tío Xan coa súa dona:
![]()
Xan e César coas súas netas (Carol e Aida) e a alegría da casa: Alexandra a benxamina do grupo con vinte días de existencia, a bisneta de César.
![]()
Oliva a feliz bisavoa, dona de César:
![]()
Velaquí unha ampla representación da familia Roca:
![]()
![]()
Na foto superior podemos observar a un dos netos de Pepe e Otilia, Sergio, coas cullers pegadas por toda a cara. Disque vai par Físico Nuclear, pero dadas as súas actitudes ao Uri Gelli, coidamos, que, en nada, vai saír na Wikipedia como o maior animador circense, unha gozada de rapaz, totalmente socializado, como a súa encantadora irmán Raquel que hai quince días fixo a Primeira Comuñón e que eran os máis cativos do clan Roca ata que apareceu Alexandra.
O curmá Xan Carlos (armadanzas fundamental da Xuntanza) coas súa dona.
![]()
Roberto e Jorge, dos Roca Bordello…
![]()
José Luís (Roca Bordello) coa súa sobriña Raquel:
![]()
![]()
![]()
Aida e Nuria…
![]()
Aida con Alexandra dos Roca Díaz, a neta de Fina Roca:
![]()
Pero…
Hoxe morreu o tío Pepe, que putada! Quedamos orfos…
Acabo de chegar do tanatorio e non teño palabras. Sentido pésame familia Roca…
Texto e fotos: Fina Roca