Non sen tempo…
Hola a todos e todas! Por causas alleas a miña vontade, e por algo que vos explicarei con tempo suficiente, levo uns días sen escribir nada nesta bitácora, pero, en breve voltarei as andadas e contareivos o porqué non escribo a diario. Sorprende que, malia que non escribo sigades entrando nesta páxina, o que me honra e se agradece.
Graciñas por me leer e ata sempre! Fina roca
As festas do Rosario…
Onte na coruñesa praza de Azcárraga o dúo Risoterapia composto por Paco Lodeiro e Carlos Jiménez, acompañado pola orquestra La Sonora Callejera, fixo as delcias de propios e estranos, que escacháronse coa risa coas fabulosas imitacións de ámbolos dous artistas. A praza estaba abarrotada de xente, que aplaudiu a rabechar. O momento estelar foi cando apareceu Pepe o Repolo, habitual cantante do bar máis popular da Coruña, Os Beles, que está de aniversario. O Repolo foi recibido con moito cariño, arrancando cunha canción de Antonio Molina: Soy Minero.
Todos son magníficos, pero entre os compoñentes da orquestra cabe subliñar a Pulpiño, un artista que toca 25 instrumentos, facendo música clásica cunha serra cal violín e toca o acordeón ao revés. O grupo interpreta todo o que lle boten, rock, bossa, funky, rumba, pop, son cubano…
Hai que velos!
![]()
Pulpiño tocando a serra, Carlos Jiménez e Pepe o Repolo
Unha animada charanga pechou a festa
Texto e fotos: Fina Roca
As Noces…
Estamos en outono tempo de noces. Quen non ten unha nogueira (nogal) preto da casa?
En Galicia aínda quedan nogueiras, non moitas pero quedan! Recomendo dar un paseo polo parque ou monte máis cércano de onde vivides para recoller noces, é moi divertido, saudable e valen para comer. Son boas par o corazón, Alzheimer, colesterol e anemia. Tres noces diarias axudan a mellorar o organismo. Pero claro, se non sabedes como é unha nogueira, pode que pisedes as noces sen decatarvos do que facedes.
VELAQUÍ unhas nogueiras:
![]()
Observade cómo é unha noz dentro da pelica:
![]()
Seguide paso a paso o procedemento e teredes noces para o ano, noces galegas claro! Que son moi ricas e sans. Cando caen da árbore están envoltas nunha pelica verde, hai que te-la paciencia de esperar a que salgas soas da pel, pero podes recollelas coa pelica e deixalas secar na casa entre sol e sombra; observade no campo ou nas fotos, que cando saen da ‘funda’ están rodeada duns pelos negros, que caen sos.
Cando lles caen tódolos pelos, están listas para comer!
Convén secalas nunha cesta de vimbio.
Que ricas!
Fotos e texto: Fina Roca.
?
A voltas coas hortas de Oza, Coruña
Os que me seguides neste blog sabedes que me cabrean as inxustizas socias, non as soporto! En Oza estánse a cometer moitas en nome da Lei e da obedenza debida. Como se todas as leis e políticos fosen modelos de virtudes! Se ben é certo que os xubilados/as que cultivaban os terreos do que vai ser ‘parque de Oza con rañaceos incorporados’ non eran os donos deles, non menos certo é que cultivábanos dende os tempos de María Castaña. As hortas mantiñan limpo o campo, servían de entretenemento e completaban a raquítica pensión de xubilación e viúdez dun fato de mulleres e homes. Eu teño pasado tardes enteiras nestas magníficas hortas, falando cos paisanos/as, comendo froita no medio das frores. Ninguén cría, que do día para a noite ían arrasar con todo sen darlles tempo para recolle-la colleita, agás eu por pasar por unha situación similar cando me tiraron a casa de Viveiro, A casa Barro, que podedes ver no link desta mesma bitácora.
Onte estive paseando polas hortas, parecía unha paixase lunática, desoladora! Como se pasara unha apisonadora! Arrasaron coas árbores froitais e ronseles. Dába mágoa ve-las manciñeiras, pereiras e pexegueiros cortados para leña. Montóns de leña abandonados no parque! Pero o que é peor: había rapiña na cidade na que ninguén é forasteiro! Estamos en tempos de fame quizais? Non se entende, que persoas con cara de boa saúde pelexaran por rouba-los cultivos de quen tanto traballou e que estaban a pasar por unha situación kafkiana…
-Roubáronme toda a colleita! Lamentábase unha paisana.
-Non me deixaron nada en pe! Levarónme ata as prantas aromáticas e cantas flores tiña cultividas. Dicíame Concha Vázquez Mella, unha muller de Monelos, que tiña un chabolo de cemento con 20 galiñas no campo de Oza, detrás da Igrexa de Monelos, polo que pagara cincuenta mil pesetas das de antes.
Curiosamente, a horta do crego de Monelos, que estaba chea de merda e de cascos valeiros de cervezas e refrescos, non a expropiaron, pola contra, os empregados municipais, limpiáronlla arreo con cargo ao concello! Tampouco expropiaron aos Reboreda, unha familia do señorío coruñés, a que non lle tocaron chisco do seu muro! Só tiraron as casas, chabolas e hortas dos que non teñen padriño para se defender…
Cando me atopei con Concha, a boa da muller andaba agachada entre as ruínas do seu galiñeiro buscando unha pedra de afiar coitelos, a que lle tiña moito cariño porque pertencera ao seu fillo. As galiñas e maila horta eran o seu consolo i entretemento dende que lle morrera o seu único fillo, quen traballaba nas obras e caeu polo hoco dun ascensor…
-Senón chega ser pola horta e os animais non sei que ía ser de min! Tiven que malvende-las galiñas para que non mas roubaran. Custáronme sete euros cada unha e vendínas a tres! Pero para o piso non podía levalas! Dicíame…
Concha non pensaba chorar pola expropiación forzosa e sen recibir un peso a cambio! Segundo me contaba xa gastara tódalas bágoas no enterro do seu único fillo. Mais miraba con nostalxia para todo canto amara. Nin tempo lle deu a coller as manzás dunha maceira que prantara coas súas propias mans e que daba unhas mazás riquísimas, tiña prantas de tódolos cores, tomates, leitugas, ovos…
Mentras falabamos ela seguía a buscar a pedra de afiar. Por fin deu con ela! Que alegría! Foi como se encontrara o tesouro máis preciado do mundo, cambioulle-lo rostro e alegroumo moito estar con ela nese intre…
Velaquía a Concha no momento de atopa-la pedra de afiar:
![]()
Desolador aspecto da horta de Cocha, ver a anotación seguinte nesta mesma páxina para ver como era hai apenas tres días.
![]()
Cabazas tiradas no medio dos escombros do galiñeiro de Pepe, o irmán de Concha.
Cando estabamos a face-las fotos apareceu Gloria, outra veciña, doéndose de que talaran unha manciñeira que cultivara ela mesma dentro dunha pota vella do caldo, e que logo transplantara xusto ao lado do muro dos señoritos do lugar, os Reboreda. Ámbalas dúas mulleres, afeitas ás desventuras, achegáronse a unha chabola hortícola, que aínda non tiraran, onde se daban as rosas máis fermosas do mundo, para coller follas de figueira:
-Son boísimas en infusión! Para a dor de estómago e para os nervios! -Dicía Concha- A partir de agora virei a botarlle de comer aos gatiños, porque andan perdidos dende que empezaron coa desfeita. O parque pode quedar moi lindo, pero acabaron coa miña forma de me entreter. Terei que facer como tódolos vellos, pasear e pasear, home bo!
Gloria e Concha diante da derradeira figueira:
![]()
Texto e fotos: Fina Roca. Continuar lendo “A voltas coas hortas de Oza, Coruña”
As derradeiras hortas do parque de Oza…
A Coruña…
Onte a tristeza e dor sentíase na xente maior do barrio de Monelos que perante anos cultivaron as súas hortas con paciencia e agarimo. Malia que no mes de abril do presente ano recibiron unha carta instándoos a recoller todos os apeiros en 15 días, coidaban, que a orde ía ser coma outras veces -levaban anos escoitando a mesma historia- e que ían poder facer o que sempre fixeron: cultivar e criar galiñas. A desolación era patente! As máquinas entraron a esgalla e, anque os obreiros, aseguráronlle que de momento non ían tirar as chabolas onde gardan os aperos, chorando, as máis velliñas, preguntábanse, que facer coas galiñas? De feito unha señora, que perdera o marido e mailo único fillo, dicíame que grazas ao coidado das galiñas e maila horta puidera saír adiante. Agora vive nun piso e non vai levar os animais para a casa. Estas hortas están situadas xusto detrás da igrexa de Monelos. A horta do crego non está afetada polo deshaucio, é dicir, que seguirá adscripta á Igrexa, quedando no medio e medio do parque de Oza, ata que a Igrexa a venda por un prezo millionario á constructora da quenda. Seguirei a informar sobre esta desfeita que deixa as persoas maiores sen a súa habiitual forma de vida. As hortas están a salto de mata do Corte Inglés e como se ve nas fotos os bloques de cemento avanzan. De parque nada! Vamos! Un xardinciño, como en Vioño, e o resto para as constructoras. En Vioño desfixeron unha aldea enteira para cubrila con bloques de cemento.
![]()
![]()
Acabáronse as hortas sitas entre o Camiño do Corgo, Rúa Montes e Camiño da Igrexa.
Fotos e texto: Fina Roca
O Parque de Oza…
Así era no mes de xuño de 2007
![]()
Así é dende o mes de agosto de 2007 ata hoxe en día…
![]()
Como unha imaxe, as veces, vale máis que mil palabras, coido que sobran comentarios. pero non me resisto a dicir, insistir, que o parque de Oza estaba moi lindo como estaba, que só necesitaba unha limpeza, pero a tala de arbores, a destrución de casas con hortas e leiras, para especular cos terreos, non ten sentido! Nesta mesma bitácora podedes ver o antes e despois do coruñés parque de Oza en distintas entregas. Seguirei informando por ver se os mandamáis se sensibilizan.
Fotos e texto: Fina roca
Coches mal aparcados 2…
Viveiro…
![]()
![]()
Viveiro 2007. Coches aparcados no acceso principal ao paseo fluvial do río Landrove e no propio paseo, onde o muíño converteuse nunha horrible casa…
E no atrio de Santa María está sempre o coche do crego, e dos amigos…
agosto 2007
![]()
Na rúa Pastor Díaz ás tres da tarde. En Viveiro non hai hora para o reparto. Na zona peatonal hai que sortear os coches a todas horas. Xa houbo que lamentar unha desgraza coa máquina limpadora, que matou a unha muller nesta mesma rúa e non escarmentan. De feito hai coches que entran na rúa por comodidade, para subir unhas caixas de peixe á casa, sen permiso, claro! O todo vale vainos dar un disguto.
Naseiro 2007
![]()
Ao coche negro levouno a grua…
Ver nesta mesma páxina outra páxina sobre Coches mal aparcados 1
Podedes mandar fotos sobre este tema, prometo publicalas e se queredes co voso nome e apelido. Fina Roca
Viveiro excelencia turística 2…
Moteiros en Viveiro…
Hoxe, por fin! Remata a concentración de moteiros en Viveiro chegados de toda a xeografía galega. E digo, por fin! Porque non entendo que, perante catro días e noites, teñan que cruza-la vila de arriba abaixo e de abaixo arriba, facendo ruído noite e día co tubo de escape trucado, tocando o claxon a toda pastilla. Vamos! Que para facerse notar abonda coa exposición e exhibición de motos e motocross nos lugares carismáticos ou na carpa que para a ocasión montouse en Celeiro, onde houbo un concerto de rock duro e hip hop, Sex Museum, non compartido polos mariñeiros xubilados do Gran Sol, pero que si contaba coas simpatías dos bares e pubs do lugar, que viron aumentadas as súas ganancias sen lles preocupar que, rapaces e rapazas, irresponsables, colleran as motos con máis índice de alcohool do permitido. Curiosamente, a garda civil, que está sempre na variante facendo controls de alcolemía, os días da concentración, brillou pola súa ausencia malia ter o cuartel xeral en Cantarrana, Covas…
![]()
A Fermosa ponte da vía. Oculta á vista pola ponte nova da variante, un claro exemplo do feísmo viveirense. A maior concentración de moteiros foi aquí, ao carón da ponte da vía, na variante de Viveiro, unha merda de estrada que fixeron baixo o governo de César Aja e Jaume Matas, para legalizar unha promotora da vara do PP.
Esquerda e dereita da ponte da vía. Á esquerda hai urbanizacións desmesuradas, á dereita, de momento, hortas, froitos e frores…
![]()
Namentras en Viveiro reinaba o caos con tanto moteiro descontrolado, no resto de Galicia, familias enteiras de moteiros responsables, reivindicaban a retirada dos quita medos e gardarraís das autoestradas, para evitar as mortes e accidentes de motos, sen necesidade de facer ruído noite e día cos claxon e tubos de escape; os moteiros tolos de Viveiro saltaban á toreira as sinais de tráfico e os límites de velocidade.
Dando voltas e reviravoltas, noite e día, a toda pastilla…
Claro que, en Viveiro, todo vale, tanto ten que mande! De feito a variente sempre está ocuapada por camións de gran tonelaxe que ocultan á vista dos conductores as sinais de tráfico:
![]()
Os camións non só tapan as sinais, senón tamén, os frigoríficos, non apagan os motores, para manter as cámaras activas co conseguinte desacougo das casas veciñas, que non poden durmir co rúido…
Pero, o peor dos moteiros é que, os seus seguidores aparcan, como os camións, onde lles peta, como este coche que aparcou en pleno acceso ao paseo fluvial do río Landro e aí se quedou perante toda a tarde noite do sábado 30 de xuño:
Para ver a matrícula e a foto en grande pinchar en guardar como.
O coche non se privou de nada, aí estaba antes e despois da concentración impedindo o paso ao paseo fluvial ante a indiferencia da policía local e de tráfico.
![]()
Tampouco é de recibo que os espectadores se encarmaran á vía do tren, rapaces moi novos e nenos, co conseguinte perigro sen que ninguén dixera nada. Afortunadamente choveu a cachón e a xente abandonou a vía do tren minutos antes da chegada do ferrocarril da costa.
Os peóns pasáronnas putas con algún moteiro irresponsable. A organización debería de expulsar aos infractores das concentracións de motos.
Texto e fotos: Fina Roca