O Lodeiro. Demolición de casas en Viveiro

Sucédense as manifestacións para evitar que 118 vivendas do Lodeiro construídas ilegalmente en Viveiro sexan demolidas en virtud dunha sentencia inapelable do Tribunal Supremo. Ditas licencias foron concedidas baixo o reinato de o ex alcalde César Aja do PP, construídas polo seu promotor financieiro Mareber S.L, alias construccións Rego e santificadas polo ex ministro de fomento Álvarez Cascos. Os propietarios das vivendas, que nada sabían da ilegalidade das mesmas, habida conta que están perfectamente rexistradas con escritura notarial, aproveitaron a campaña electoral para acudir aos respectivos mítines, para manifestar a súa indignación e protesta mediante unha carta dirixida aos aspirantes á presidencia da Xunta de Galicia, na que explicaban a sús triste Odisea. Asemade tódolos mércores concentraranse na praza de Pastor Díaz para leer diversos comunicados ata que lles dean unha solución.

O 21 de febreiro, afectados e solidarios, fixeron un longo recorrido, en manifestación, dende o Río dos Foles ata Covas facendo parada e fonda nos lugares que veremos a continuación.

Velaquí as casas pola fachada marítima:

1.- Concentración diante das casas condenadas á piqueta pola fachada do Río dos Foles, antiga carretera de Celeiro :

2.-Casa de Santiaguito, a persoa que gañou o pleito, cuxa denuncia foi interposta en tempos de Caesar Augusto Aja:

3.- Camiño da casa do principal autor da desfeita. Monumental pitada na vivenda oficial do ex alcalde (outra cacicada máis do glorioso rexidor) coa súa dona asomada na fiestra  con cara de guasa:

4.- Concentración na Praza de Pastor Díaz onde esta o Concello, pedindo solucións:

5.- E Cantarrana diante do constructor sen escrúpulos:

6.-Pancartas irónicas que dan na clave do asunto:

Esperemos que dean unha solución a tanta xente do común que se veron involucrados nesta especulación urbanística sen comelo, nin bebelo. O caso Malaya témolo en Viveiro coa particularidade de que aquí non hai ningún inculpado. Sempre pagan xustos por pecadores. Namentras os políticos e Sindicatos calan ou falan demasiado sen dar solucións. Hai que acabar dunha vez por todas co clientilismo e corporativismo político.

Texto e fotos: Fina Roca

mércores de cinza

Hoxe empeza a entronizada loita de dona Coaresma contra don Carnal. En toda Galiza se resisten a enterrar o Entroido de aía que enterren a coaresma representada nunha sardiña. Ánimo carnaveleiros que aínda queda o Domingo de piñata. Que non decaiga a festa.

Martes de Entroido 2009

Unha vez máis Viveiro saiu a rúa para celebrar o martes de Entroido. Os temas de actualidade materializáronse nas numerosas comparsas e choqueiros que non renunciaron as festas de carnaval malia crises económicas e políticas. Os temas mási celebrados foron: as eleccións, os pagagóns da luz, a crise, os aniversarios, o festival do Landro etc.

A comparsa da Onu, a máis antiga da vila, celebrou en clave de humor o 50 aniversario da revolución cubana. O exército rebelde a golpe do son cubano e a súa caravana da liberdade iniciou a marcha victoriosa polos bares de Viveiro para acabar desfilando co resto de comparsas. Mesmo tiñan o seu propio xornal o DRAMMA para emular ao GRAMMA (órgano oficial del Comité Central del Partido Comunista de Cuba) que repartiron entre todos os presentes. Que humor! Esta comparsa concedeulle a medalla de ouro a LIDIA DÍAZ BLANCO, quen desfilou en muletas ‘polas lesións sufridas nos seus máis de 60 anos de entroidos’. Con mulleres como Lidia sobran as crises.

Non tiñan desperdicio Tarrio e Xavier co seu particular poleiro, os de Begüasa, Turismo Rural, os aldeanos facendo freixós, as noivas paiasos, tómbolas, flores, alegoría da primaveira, avestruces, a duquesa de Alba, etc. En fin! Neste caso concreto unha imaxe vale máis que mil palabras.

 Velaquí:

Comparsa de a ONU: comparsa familiar con letrillas de composición propia. Esta formada por un fato de amigos, pais, fillos e Netos. A de maior idade (79 anos) é Lidia e o máis cativo Jorge (10 anos) 

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 006.jpg

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 033.jpg 

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 027.jpg

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 076.jpg

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 022.jpg

Lidia desfilando con muletas e con Jorge.

O Dramma da ONU recollía todas as noticias locais, incluída a demolición das casa do Lodeiro, nacionais e internacionais:

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 014.jpg

Os de BEGUASA: lendo o DRAMMA e co oficina de Begasa (compañía da luz de Viveiro). Estaban moi ben caracterizados coa súa crítica mordaz ao que pasou coa Luz cando o furacán e o que está a pasar cos recibos da electricidade.

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 034.jpg

 Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 024.jpg Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 018.jpg

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 046.jpg

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 045.jpg Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 051.jpg Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 049.jpg

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 062.jpg Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 041.jpg Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 044.jpg

O peor de todo foi que desviaron o tráfico pola ponte da Misericordia permitindo a doble vía e os coches quedaron atrapados perante máis dunha hora, Os conductores estaban desesperados. Pero que non decaiga a festa.

Fina Roca. Viveiro, Carnaval 2009 085.jpg

Texto e fotos: Fina Roca?

O furacán na Coruña

Os ventos furacanados atacaron sen piedade a toda a comunidade galega, en Coruña, concretamente, foi terrible, e na mariña luguesa están sen luz por mor do derrube das torretas de alta tensión que seguen a invadir cidades e montes en lugar de estar soterradas, como no resto de Europa. Tres días máis tarde da forte tormenta, as cousas seguen igual de mal.

Non se entende que, habendo como hai tantos parados con gañas de traballar, os respectivos governos, estatais, autonómicos e locais, non tirasen das listas do paro para solucionar os graves e pequenos problemas: restituír a luz, restaurar un valado, apagar as farolas, retirar unha árbore…

No paro hai de todo, inxeñeiros, profesoras, electricistas, albaneles, pintores…

Seica é tan difícil restarurar os valados nas zonas céntricas como a coruñesa Ronda de Outeiro, á altura do Colexio do Corte Inglés? As vallas que pechan o tristemente famoso Parque de Oza e que caeron o pasado vernes, seguen como estaban co consabido perigo para coches e peóns, avaneándose de cotío á altura do semáforo e non permitindo o acceso á marquesina do bus:

Pero mentres en Viveiro e resto da Mariña luguesa seguen sen luz, na Avenida de Monelos, Coruña, as farolas levan tres días encendidas día e noite e as vaias publicitarias van matar a alguén. Que non! Que non están a facer as cousas ben que se deixen os políticos de descursos estúpidos e se poñan a traballar de cheo.

Texto e fotos: Fina Roca.

Santa María do Campo, Viveiro

A Igrexa parroquial de Santa María é a máis completa e pura das igrexas urbanas de Galicia, está catalogada como Monumento e Conxunto Histórico Artístico Nacional, e é o edificio máis antigo do casco vello de Viveiro. Descoñécese a data exacta da súa fundación e construcción, pero, á vista das evidencias arqueolóxicas, non é difícil deducir que con anterioridade á igrexa actual, tivo que haber outra prerrománica, similar a esoutra xoia arquitéctonica: a Igrexa de San Pedro (VI-IX) de Viveiro cuxa fundación remóntase a unha época antiquísima.

O actual templo de Santa María do Campo (XII) é de estilo románico. Ten planta basilical de tres naves separadas por columnas e posúe unha ábsida semicircular con tres ventanucos exteriores, que están rotos. A Portada principal está franqueada por dúas torres cuadrangulares (a do reloxo e campanario) e consta dunha entrada con catro arquivolatas semicirculares apoiadas sobre tres columnas interiores, torna chuvias e rosetón. Esta parroquia posúe unha cruz do século XVII que está considera como a máis fermosa de toda Galicia. Todo o conxunto histórico ten o sabor medieval, ese encanto tradicional que sen razón xustificada perdeuse no resto de prazas viveirenses.

Os graves problemas de conservación do románico galego marítimo radican na salinidade, nos efectos perniciosos das humidades e excrementos das pombas e gaivotas. Existe todo un protocolo para a conservación dos monumentos catalogados e non se pode poñer unha simple grampa sen permiso de Patrimonio. De aí que non se entenda que, en Viveiro, monten un belén apoiado nas paredes do templo con figuras descomunais, sobre cascallo húmido de cortiza de pino e auga a cachón, multiplicando así as manchas de humidade, fungos e mofo.  

Non ten sentido tapar unha ábsida románica cun portal de cartón pedra e un cocho bebendo auga, nin cegar as arquivoltas, columnas e capiteis cun galiñeiro. Aínda se durase catro días, outro galo cantaría, pero, o pasado ano, houbo belén ata Entroido. Dentro do templo xa hai un fermosísimo Belén coas súas figuras tradicionais.

Resulltaba moi difícil andar polo atrio de Santa María sen esvarar no cascallo, moquetas e plásticos do belén. As pontes de madeira eran pouco seguras. O chan e escaleiras chorreaban, chorrean, auga polo mal drenaxe das lagoas artificiais. Asemade, para poñer un monigote pescando non facía falla pechar ao público as tradicionais rúas de Felipe Prieto (O calexón do cura) e a de Fernández Victorio, máis coñecida como a da Nogueira.

Patética a Figura do cagón:

Por favor! Deixade Santa María en paz! Que non! Que para atraer o turismo, gañar o Guines e saír na tele non fai falla esta desfeita. Hai mil sitios mellores: no paseo marítimo, nos galpóns do malecón, no club naútico, ou no parque de Cantarrana, onde vai quedar sitio dabondo para montar súper beléns trala tala salvaxe que están a facer. Nas Nogueiras quedaría moi enxebre.

En fin! preservar e resgardar o Patrimonio Cultural dun pobo é cousa de todos e de todas.

(Artigo editado en El Heraldo de Vivero (09-01-09)

Texto e fotos: Fina Roca

Deixade que o viño fale

Feliz ano a todos e todas! Que vos parece este anuncio? Pois a min góstame moito. O bo viño alegra o corazón! Se estades pola labor escollede os mellores viños do mundo para brindar polo aninovo, pero etiquetados en galego, claro! A fala do común, como o viño, non lle fai mal a ninguén, nin avinagra o pensamento.

Hai que galeguizar a economía! Escomencemos co chateo vinícola…

A Loteria de Nadal

 

O pasado mes de novembro, na madrileña porta de EL Sol, as revendedoras da Lotería Nacional vendían os décimos de Navidade á 22 euros. Hoxe, véspera do sorteo, as mesmas loteiras vendíanos a 30 euros. No Centro da praza hai unha lotería legal, pois ben, había colas para todo. Onde está a crise? Que o gordo reparta sorte para todos e todas, e que toque onde máis o necesitan, no Celeiriño (Viveiro) e Penamonas (A Coruña) por exemplo! Bo Nadal e que sexades felices.

Velaquí as tradicionais revendedoras de Lotería da Porta do Sol coa Loteria de dona Manolita, A Bruxa de Ouro e outras:

 Fina Roca Madrid. 15 de novembro de 2008 0101.jpg

Fina Roca. Madrid. 15 de novembro de 2008 0091.jpg

Fotos e texto: Fina Roca

?

Luís Neira (Viveiro)

 O Consello de Ministros vén de conceder a Medalla de Ouro ao Mérito no traballo a Luís Neira (1917), redactor xefe de El Heraldo de Vivero: xornal fundado no ano 1912, medalla de honor da cidade de Viveiro e Decano dos seminarios locais de Galicia, dirixido por Ángel M. Fernandez de la Vega e editado por Javier Canosa Penaba.

Don Luís leva case toda a súa vida vinculado a El Heraldo, anque tamén foi carteiro, tipógrafo e impresor, oficios dos que se sente moi orgulloso. Segundo o Heraldo desta semana, Neira, entrou a traballar aos once anos de idade como cajista da imprenta Fojo, compoñendo os orixinais do El Heraldo e de El Momento. Luís Neira e a súa dona, Melina Brochs -muller traballadora onde as haxa-mercaron unha pequena imprenta na rúa Zapatería de Viveiro (Almirante Chicarro 27) que é onde actualmente se compón e edita El Heraldo, semanario que non se vende -fonciona polas subscripcións- pero que se lee en todo o mundo. Onde hai un viveirense ou alguén ligado á vila, alá hai un subscriptor deste singular peródico, historia viva dos aconteceres de Viveiro.

Trinta foron os galalardonados deste ano.

Noraboa don Luís por tan merecido premio!

Luís Neira e Fina Roca (4-07-03) no Garoa na homenaxe ao seu gran amigo Luís Tobío.

Foto e texto: Marta Michelena e Fina Roca

Pancho Pillado

Onte, organizada pola Asociación Cultural o Facho, Francisco Pillado  http://gl.wikipedia.org/wiki/Francisco_Pillado  Pancho Pillado para os amigos, dei unha magnífica conferencia no Centro Sociocultural Fundación Caixagalicia (R/ Médico Rodríguez, 2-4. A Coruña) sobre a Rosalía de Castro e As mulleres no percorrer da Hisoria. 

Pancho fixo un ilustrado, exhaustivo, percorrido non só sobre Rosalía, senón tamén  sobre o concepto que tiñan, teñen, das mulleres os pensandores universais. Vamos! Que non deixou títere con cabeza, dende Aristóles a Primo de Rivera, pasando por San Agustín, Freud, Erasmo, Quevedo, Lutero, Molière… Por faltar non faltaron nin os grandes pensadores do século XX nin os do XXI. Eses ‘ilustres persoeiros’ para quen as mulleres nunca pasamos de ser uns miserentos seres inferiores, uns bechos, cousas

Pancho é un gran comunicador e encandilou a todos/as os presentes! Logo houbo un interesante coloquio, onde, un rapaciño recoñeceu que entrase no centro sociocultural sen saber de que ía a cousa, que entrase por entrar. Acabou dándolle as grazas ao conferenciante e organizadores do evento, porque aprendese moito e pasárao moi ben…

O dramaturgo Manuel Lorenzo, -quen en 1965 creou o grupo de Teatro O Facho xunto con Francisco Pillado-,  e a escritora e política Pilar García Negro estaban entre o público.

Pancho Pillado 10-12-2008 0021.jpg

Pancho Pillado 10-12-2008 004.jpg

Manuel Lourenzo xunto a profesora Lola Valcárcel:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Lourenzo

Texto e fotos: Fina Roca

O Celeiriño (Viveiro)

Que fillos de puta! Malditos especuladores que son capaces de converter un barrio mariñeiro nun pobo fantasma. Son culpables todos: promotores e constructores (Inmo Xerión S.L), Banco que finanza as obras (Banco de Galicia), Concello de Viveiro (PSOE) que concede as licencias, Xunta de Galicia (PSOE+BNGa) que pasan por alto as barbaridades urbanísticas, partidos políticos que só pensan nos seus intereses partidistas, sindicatos que pasan de todo e armadores  que só se preocupan de informatizar a lonxa facendo oídos xordos as desfeitas continuadas dun pobo, que como Celeiro, debería ser patromonio da Humanidade…

Alguén ten que pagar por deixar a tanta xentiña do común na rúa! Cómo é posible que os promotores de Inmo Xerión non estean na cadea? Pero en que país vivimos para poder deixar tiradas a 41 familias pola ambición de quen quería  facer un edificio que espanta á vista chantado en medio e medio dunha magnífica e ancestral construcción mariñeira. Ata os máis ignorantes da vila sabían que onde ían excavar non había máis ca area e auga. Por que ninguén puxo remedio? Porque poderoso señor é don diñeiro…

Velaquí o que había e o que hai:

Porto de Celeiro, arquitectura tradicional

Composición virtual da promotora Xerión do edificio da desfeita que aínda se vende por Internet e que contaba con todas as bendicións legais.

Como se pode autorizar algo tan feo?

 

Que pinta o alumbrado navideño?

Visto esto, como é posible que ninguén estea na cadea? Que barbaridade! E seguirán a darlle diñeiro aos bancos para paliar a crise…

Fotos e texto: Fina Roca