As Alpuxarradas

Sábado de Entroido de 2010. Cita obrigada: Teatro Pastor Díaz de Viveiro onde se dan cita as alpuxarradas (chirigotas) para poñer a caldo as autoridades civís, militares e relixiosas, amén dalgún que outro/a escribidores e columnistas, que por saír a figurar din mil sandeces na prensa. É dicir, festa rachada.

Eduardo o do camping e presentador dende os tempos de antano das alpuxarradas:

Fina Roca. As alpuxarradas de Viveiro 2010 011.jpg

En Viveiro hai que gardar cola para todo, colas interminables, faga frío ou calor, pero non importa, paga a pena conseguir entradas de balde para seguir de cerca os aconteceres do Entroido Lardeiro. Eso sí, convén ir abrigados: no Teatro Pastor Díaz fai máis frío que na Gañidoira cando neva.

Nas alpuxarradas non faltaba de nada, nin Hortensio o home orquestra, que deixou a coral viveirensa para gañarse a vida a súa maneira, cousa que non lle perdoa o habitual presentador do evento, Eduardo Lorenzo (Edu o do camping), como tampouco llo perdoa ao Caxete, Pacomio, J.Luís Rivera e tantos outros carnavaleiros, coma Toñín Colosía, que están a ver os toros dende a barreira de San Pedro. Cumpre dicir que cada alpuxarra vén na compaña das súas letras e as veces da música. Cadaquén é moi libre de meterse con quen quere: a quen lle toque a chirigota que se agoante e que se foda.

Velaiquí ao home orquestra recibindo aos invitados no hall do Pastor Díaz e no escenario: había que velo subi-las escaleiras cos zocos vermellos cascabeleiros e platiños no medio das pernas. Hortensio é algo moi serio como músico e persoa:

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 002.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 005.jpg

No palco de autoridades non faltaba nin o bispo de Mondoñedo (alias Perón) nin Belén Esteban (Chus), nin Carmela Marchante (África).

 Belén Esteban coa ciruxía trocou a cara e un pouco máis, pero quedoulle o fuciño torto, coma se fose unha burricán, segundo dicía unha das coplas  dos Baixos.

Belén Esteban no palco de autoridades non paraba de dicir: Xa vale, eh! Pero, esta tía, como ve negocio en todo canto toca, coidaba que a que subscribe ía pagarlle algo, ou cobraba, por saír na foto. A borro e punto. Anda que lle dean, quen non quera síar na foto, que se quede na casa, pero a min, tanto me ten…

Carmele Marchante quedouse coas ganas de bailar o Sunami:

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 004.jpg

No palco de autoridades militares (Tarrio) e civís (Paco Chao e Xavier o panadeiro da Zapatería) amén das respectivas conselleiras de tódolos partidos, predominaba o xineceo.

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 014.jpg

Alpuxarreiros e alpuxarreiras maiores do reino de Viveiro:

1.- O Rei e o seu gardaespaldas: o rei aburrido de tanta política estúpida quedábase durmido. Cando o garda espaldas espertábao, increpábao dicíndolle, por que no te callas?

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 006.jpg 

2.- Moito Fandango animou a velada coa súa música:

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 007.jpg

3.- Canela Fina de Foz, clásicas alpuxarreiras, arranxou o maior aplauso do público porque o pasado ano morreu unha das fundadoras do grupo e por iso faltaron á cita; non deixaron títere con cabeza, parodiaron á duquesa de Alba e ao seu noivo Alfonso coa música do Dúo Dinámico: Quince Años tiene mi amor. Xeniais! 

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 008.jpg

4.- Manoel Riveira: A trancas e barracancas vestido de vikingo por aquilo dos cornos meteuse coa Mariña, coa senador do PP, a das Fidalgas, claro!

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 009.jpg

5.-Os Baixos (membros da Coral) parodiaron todos o aconteceres locais, autonómicos, nacionais e internacionais, dende o decretazo da enseñanza trilingüe, pasando polo da xubilación aos 67 anos (pedían empezar a traballar aos trece) ata a famosa frase de Esperanza Aguirre chamandolle fillo de puta a Serrano ou Gallardón; Belén Esteban e a Campanario, amén da estrada de Celeiro (afectada por un derrumbe) e o nacimento xigante de Santa María que, afurtunadamente, deixou de exibirse polo ben do Patrimonio Románico de Santa María.

Fina Roca. As alpuxarradas de Viveiro 2010 024.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 012.jpg

6.-Ramil (Sen Frenos e Costa Abaixo): sen lugar a dúbidas o mellor da crítica da política local. Este persoeiro ten un galego fermosísimo que deberían pór nos centros educativos públicos. Meteuse co PP e co PSOE e con todos cantos governan. Identificou ao alcalde de Viveiro (Melchor Roel) coa viagra porque ten ao pobo todo levantado.

 Fina Roca. As alpuxarradas 2010 011.jpg

6.- Os Mallos. Esta comparsa é un dos grupos máis participativos de Viveiro (ver nesta misma bitácora os Maios de Viveiro) e sen lugar a dúbida son os resucitadores dos Maios viveirenses. Paradoriaron o Limbo facendo alusión de que as institucións políticas están no idem, é dicir, no limbo, que non se enteiran, vamos! O seu sentido do humor é incuestioinable.

Fina Roca. As alpuxarradas de Viveiro 2010 027.jpg

7.- A Fachenda da Parroquia parodiaron maxistralmente ao conxunto muxical de Viveiro Escolma de Meus, pero baixo o nome do O Colmo dos Meus. Presentou a Alpuxarrada Viveiro Zaaas coa música do boleiro Viveiro, Viveiro, encantado paraíso xunto ao mar: non deixaron títere con cabeza tratando os seguintes temas: O Xeríatrico, os políticos Aja e Raphael (amantes de Teruel), a Piscina, a Escola de Fútbol, o PP con problemas a esgalla que non se falan entre eles, o Belén dos ODS cuxa perda atribúen a escritora Fina Roca a quen tilda de dicir sandeces na prensa -Ogalla a devandita FR tivese tanta forza no mundo politiqueiro que outro gallo cantaría, de seguro que se por ela fose non tirarían as casas do Lodeiro-, e a radio, naturalmente da Ser, a COPE non a parodiaaon, claro! Se lle vía o plumeiro, pero a miin encantáronme as súas cantigas, malia ser eles de dereitas e eu de esquerdas. Ser demócrata ou carnavaleira é unha actitude permanente cara á vida.

Fina Roca. As alpuxarradas de Viveiro 2010 0331.jpg

 

O ambiente dos bares é o mellor do Entroido: os alpuxarreiros e mascaritas anónimas fan as lededicias de todos e todas, incluso, Carmele, poido bailar e cantar o Sunami ás súas anchas. Que non decaiga a festa porque aínda queda moito por ver e gozar. Edu, o do camping, o presentador, fixo un chamamento que subscribo: todos os participantes, público e alpuxarradas, superaban a idade media de trinta anos e temos que impicar a xente máis nova.

Vivero é moito Viveiro dígolo eu que non perdo pancada:

Velaiquí as autoridades civís e militares: Xavier e Tarrío bebendo e cantando a mazo.

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 020.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 023.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 022.jpg

Fina Roca. As alpuxarradas 2010 024.jpg

En fin! Que non decaía a festa, o marte de entroido máis…

Texto e Fotos: Fina Roca

?

Xesús Alonso Montero

O pasado día 30 de xaneiro, Xesús Alonso Montero, recibiu o Facho de ouro nun entrañable acto presidido polo presidente da institución cultural, Xosé Luís Rodríguez Pardo, quen, logo de subliñar a importancia do homenaxeado na Cultura Galega, fixo un chamamento en pro da nosa fala.

http://es.wikipedia.org/wiki/Xes%C3%BAs_Alonso_Montero

Xesús A. Montero subliñou a importancia das asociacións culturais da década dos sesenta (O Facho, Gallo, Abrente…) todas elas relacionadas coa luz fronte ao obscurantismo franquista. Facendo un xogo de palabras co termo Facho, o académico, profesor e escritor, remontouse a súa aldea natal (Ventosela) para recordarmos que alí a un facho (antorcha de palla) chamábanlle fachiqueiro: un fachiqueiro non só é unha tea accesa, senón tamén o portador dos fachos.

Emulando os versos do gaiteiro de Penalta de Celso Emilio Ferreiro (Tendes que acender un facho/ Un Prometeo cantando) -que segundo afirmou, deberían figurar no frontispicio da Asociación o Facho- chegamos ao Prometeo mitolóxico, ao Titán amigo dos mortais, que lle roubou o lume (o facho encendido) aos deuses do Olimpo para regalarllo aos humanos, Xesús A. Montero, mesmo chegou afirmar que deberíamos de facer ‘santo’ a Prometeo levándoo en procesión por toda Galicia cos fachos accesos, porque el si que fixo cousas pola Humanidade.

O acto estivo moi concurrido: académicas como Luz Pozo, políticos, escritores, profesoras, empresarias, etc..   

Texto e fotos: Fina Roca

Mouros e cristiáns

Mentres preparo novas receitas solidarias, invítovos a visionar este video, super interesante, sobre os costumes das persoas segundo lles toque nascer ou vivir nunha parte ou outra do mundo. Non serei eu quen xuzgue cal é a mellor sociedade ou relixión, pero non podo xustificar o integrismo veña de onde veña…

burka pode ser moi beneficioso no deserto, porque o que tapa o frío, tapa a calor, pero en situcións normais non deixa de ser máis cun espantallo que atenta contra a dignidade humana, das mulleres concretamente. Teño moi claro que todo home que obriga a taparse da cabeza aos pes as súas mulleres é que non confía en se mesmo, que é un acomplexado. Eles, integristas islámicos, os varóns, báñanse nas praias como os europeos, pregúntome, por que non se bañan vestidos e elas en bañador? En fin, abride o vídeo e logo xa falaremos. 

Moslem.pps (application/vnd.ms-powerpoint) 3.001,00 K

Texto: Fina Roca

Cabalgata de Reis

Na Coruña os reis magos chegaron en tren. Milleiros de nenos, avoas, nais e pais agardaban por eles na Estación de San Cristóbal. As seis menos dez empezou a cabalgata, como se pode observar no reloxo da torre, un recorrido espectacular dende a estación ata María Pita, pasando pola fonte de Catro Camiños. Ninguén perdía pancada, os pequerrechos a cabaliño dos seus proxenitores, e no colo dos avós e avoas. Os caramelos -este ano habíaos para cilíacos-voaban por riba das cabezas e, coma sempre, ao querer collelos, houbo algunha insesperada caíada. Había cativos/as con bolsas cheíñas de caramelos, os máis listos puñan o paraugüas ao revés. Os bombeiros coa estrela de Belén e o carteiro real guiaban a Melchor, Gaspar e Baltasar. Baltasar era un rapaciño de cor moi noviño, que non paraba de botar bicos e caramelos, gozaba a mazo co evento. A incorporación a Avenida para acceder á praza de María Pita foi perigroso. Xinetes e amazonas da Hípica acompañarn aos reis. E detrás de todos, pechando a cabalgata, ían as tanquetas de limpeza absorvendo os confettis. A cabalgata da Coruña, non é como a de Madrid, pero vale, xa ilusiona a nenos e maiores…

Velaqui:

Texto e fotos: Fina Roca.

Feliz ano 2010

Confeso que empezo a pasar das celebracións consumistas: o Nadal é unha das datas más estupidamente consumista e hipócrita de todas cantas hai no calendario; con todo, quero felicitarvos a todos coas miñas fotos: unha casiña que está na Coruña, entre a Avenida de Arteixo e os Mallos, xusto ao carón do Centro Cívico, na que vive -ou vivía pois hai tempo que non a vexo-unha encantadora señora maior que coidaba das poucas plantas que lle deixou a civilización:

-Antes tiña unha horta e galiñas! Dicíame 

Casas 0051.jpg

Casas 0041.jpg

Casas 0061.jpg

Casas 0071.jpg

Enfrente queda estaoutra con mini horta, habitada por un señor a quen si vexo a miúdo.

Non se trata de ningún barrio chabolista, nin moito menos…

Texto e fotos: Fina Roca

?

A praia das Catedrias

Cando era nena adoitaba bañarme na praia das Catedrais, en Ribadeo, de xoven e adulta tamén me bañaba alí de marea baixa. Sempre me gustou este lugar ata que se disparou a súa merecida fama e invadírona os turistas, que non sempre respectan o entorno natural. Agora a penas vou por alí, agás en inverno, xa que dende que lle concederon o galardón de patrominio natural non hai maneira de gozar da paisaxe, hai máis xente ca areal. Sempre temín e temo que alguen se fixe demasiado nas praias salvaxes que tanto me gustan, porque de seguida lles conceden bandeiras azuis. COAS BANDEIRAS CHEGA A URBANIZACIÓN DO ENTORNO E OS MALDITOS PASEOS MARÍTIMOS que parecen todos dun parto e acaban co litoral .

Con todo paga a pena visitar as Catedrais, mirade:

http://commons.wikimedia.org/wiki/Praia_das_catedrais

 

Fina Roca

Exposición de Lola España en A Coruña

Lola España (Dolores F. España) ven de colgar os seus cuadros na coruñesa sala de exposicións Alen Klass http://alenklass.es/

Licenciada en Bellas Artes pola facultade de Pontevedra e Máster de Creatividade pola Universidade de Santiago esta xenial pintora ten obra abondo como para ser recoñecida no mundo artístico. A búsqueda da cor e de novos materias, que plasma de forma maxistral en forma de collage, sitúana a medio camiño entre o surrealismo pictórico e a literatura fantástica. Lola recoñece que, dende que abre a fiestra da casa ata que se deita, o mundo rural que a rodea, a cultura castreña ou unha semple horta, danlle voltas e reviravoltas na testa ata que é capaz de plasmar o que sente ao través dos pinceis. A cor ilumiña toda a súa obra.

Lola con Eugenia, a directora da Galería Alen Klass

Monte Blanko:

O castro de OKa (acrílico):

Magnífico collage acrílico: no curro da horta

A exposición está aberta de luns a venres 17:3o-20:30 H; sábados 11:00-14:00H

Alen Klass, Rúa Dolores Rodríguez Sopeña 9. A Coruña

Texto e Fotos: Fina Roca

Arroutada Party en A Coruña

http://ga.arroutada.info/

Que pasada! Prometo apuntarme o próximo ano. Os organizadores estaban exhaustos, tres días e tres noites sen dormir é moito! Rapazas hai poucas e maiores de coarenta non hai ninguén. Marcos Fariña, un dos organizadores, aseguroume que ontes houbo un visitante de máis de setenta anos. Había moita solidaridade entre todos os amigos da arroutada party, de feito se alguén se levantaba dicindo que tiña fame, de seguida, os coleguiñas de PC ofrecíanlle bocatas ou patatas fritas.

Veñen de todas partes e algúns traen súper equipos e outros mini portátiles. Chaman a atención as Pantallas xigantes de máis de 40 pulgadas con cómodos asientos para os seus usuarios, como se de Formula I se tratase. Permiten fumar anque os fumadores sitúanse aparte e non parecen molestar a ninguén. Hai máis limpeza que nos botellóns e menos porros e pirulas, tampouco se observa excesivo consumo de alcohol. En todas as mesas: coca-colas e patatas fritas.

Velaiquí:

Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 008.jpg
Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 002.jpg
Os participantes poden apuntarse por Internet ou en taquilla previo pago para poder facer fronte aos gastos. Os visitantes non pagan: teñen que deixar o DNI que recollerán a saída. Con un semple portatil se pode navegar a velocidade de vértixe, baixar películas, arquivos, música… 

Prevalecen os xogos interactivos.

Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 005.jpg
Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 004.jpg
Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 007.jpg

 

Fina Roca. Arroutada Party.30-10-09 010.jpg

 

Texto e fotos: FIna Roca

Resurrection Fest, Viveiro

Máis de cinco mil persoas déronse cita no Campo de Fútbol  e bisbarra de Viveiro para acoller o RESURRECTION FEST considerado o mellor FESTIVAL de HARDCORE de Europa e parte do estranxeiro:

http://www.resurrection-fest.com/

Abarrote no parque de Viveiro perante dous días: 31 de xullo e 1 de agosto. Acampada libre no parque, San Roque e Lavandeiras (Celeiro)… O bono para os dous días custa 18 euros. De crises, nada, de nada…  Impresionante concertación de xente de todas partes. Porreros, borrachos e abstemios. Hai de todo. Ferve Viveiro co hardercord neiorquino, británico, español e galego. Non pasa nada que non pase nun botellón local. Como unha imaxe vale máis que mil palabras velaquí:

Quentando máquinas: Overcome.

Gardando cola: rapaces e rapaciñas do Primeiro Ciclo da ESO amén de adultos de tódalas nacionalidades, e profesións, en especial lusos, – seguidores dos portugueses Fort de Glory e Ratos de Porao- non queren perder pancada  dos principais grupos hardecord: The Eyes, Rain Is Art, Madballl, H2O, Hazen Street, The Toy Dolls, Mad Caddies, Bytheface, etc…

Tendas de campaña da marca Quechua ata no arcén do Estadio:

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 021.jpg

No parque predominaban as cores negras propias dos grupos musicais Metal. Por faltar non faltaban nin os Skingers, nin os PUNK de cores diversos: rubios, rousados, zanahoria etc:

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 004.jpg

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 012.jpg

O chiringito do camping estaba a tope. Mesmo había grupos coas súas mascotas preferidas, dende cans, cadelas, paxaros e furons:

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 027.jpg

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 057.jpg

Tanto os cans como o furón estaban tranquilísimos! Sen problemas…

Sorprendía a profusión de rapaces e rapazas tatuadas de arriba abaixo: alá cadaquén coas súas manías.

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 020.jpg

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 022.jpg

Namentras a xuventude gozaba a tope da vida e da musica, en Viveiro, na praza de Pastor Díaz quentaban motores para celebrar o Festival máis casposo do mundo mundial: O Festival do Landro:

Fina Roca. Resurrection Fest, Viveiro, 31 de xullo de 2009 028.jpg

E o máis lindo da xornada: Carlos Romero e os seus amigos. Uns monicreques fabulosos con guitarra tradicional:

Texto e fotos: Fina Roca.