cocochas de merluza conxeladas…

Ingredientes para tres persoas: unha tarrina de 250 gramos de cocochas de merluza -trae entre 25 e 30 cocochas e custa 5 euros- unha cebola e un pimento verde grandes, oito patacas pequenas, un bote pequeno de champiñóns, pirixel picado, allo e unha copa de viño Alvariño.

Modo de facelas: deixar desconxelar as cocochas á súa vara na neveira ou temperatura ambente; cando estean desconxeladas, dez minutos antes de cociñalas, adobalas con allo sal e pirixel; pochar a lume lento a cebola e mailo pemento; engadir as cocochas e os champiñóns en lata, deixar facer primeiro a lume lento e logo, no momento de botar o viño, a lume forte.

Servir na propia sartén e espolvorealas con pirixel picado.

Cocer as patacas con monda (cachelos), un cacho de cebola e unha folla de loureiro.

cocochas de merluza 001.jpg cocochas de merluza 003.jpg

cocochas de merluza 005.jpg cocochas de merluza 006.jpg

Por sete euros aproximadamente e 15 minutos de tempo podedes comer a corpo de rei tres persoas.

A receta vale para as frescas, pero son máis caras, merman máis e non sempre as atopamos no mercado. Tamén se poden facer coas cocochas do bacallao, pero hai que poñelas a remollo cando están salgadas.

A papar! Que aproveite!

texto e fotos Fina Roca.