Naseiro 2007…

Naseiro é unha festa totalmente pagana, como os Caneiros de Betanzos, que nace no século pasado, na década dos trinta, baixo a iniciativa dun empresario, Ramón Barro, de Barro-Chavín (Viveiro), que decidiu celebrar as súas ganancias invitando aos seus empregados e familia a unha comida pantagruélica na beira do río Landrove, nun lugar coñecido como os naseiros, paradisíaco, rodeado de vexetación autóctona, nogais, castaños e frotais de todo tipo, onde non faltaban as manciñeiras, zorolleiros, figueiras, pereiras de urraque ou uvas de San Migueliño (as de canto me tardas e pouco me duras). 

O nome de Naseiro ven dado porque o Landro era navegable ata Chavín. Abundaban os cangrexos e mexilóns de río, as troitas e reos. Pero destas cousas xa falei largo e tendido nos artigos e reportaxes publicados en El Heraldo de Viveiro i El Mundo. A miña escrita me remito…

Os naseiros puñan as nasas río arriba e de aí ven o nome de Naseiro.

Perante o franquismo tentaron desvirtuar a festa pagana. Franquistas e falanxistas eran maniáticos, malos e intolerantes. Non podían admitir publicamente o que eles facían a miúdo: comer, beber e foder. O que se fai en Naseiro dende os tempos de María Castaña. Outrora, no campo da festa, había un peto de ánimas, unha capeliña en honor da Virxe dos Remedios e unha feira de gando…

Na década dos setenta fixeron unha capela nova, a actual, e un cruceiro, que inagurou don Manuel Fraga Iribarne. A partir de entón, o Naseiro multitudinario, crisitianizouse por decreto-lei. Hoxe en día hai misa solemne e procesión coa imposición do Santo como podemos ver nas fotos da actual edición. Cabe subliñar que a conmemoración da Virxe dos Remedios é o 8 de septembro. Pero, que queredes? San Naseiro existe que é o que de verdade importa. Celébrase o penúltimo domingo de agosto, ou cuarto se agosto tivese cinco domingos.

Dura cinco días como mínimo. O vernes (24 de agosto de 2007) é o día do pulpo e non hai orquestra, pero si gaiteiros e charangas. O pulpo podes comelo nos botiquíns ou nas mesas familiares e pandilleiras. Porque en Naseiro, como na feira de Sevilla, cadaquén monta o seu propio chiringuito con cociñas e camas. O Sábado é domingo son os días grandes, celébranse por tódolo alto a base de marisco e paellas idem. O luns é o día do caldo e o martes o das sardiñas. Pero, en realidade, a festa do Naseiro dura sete días entre montar os cabanotes e desmontalos.   

Eu son naseira dende o berce e mesmo celebrei o convite da miña voda no campo de Naseiro un 13 de agosto do ano 1972, non puiden casar na capela porque entón era un privilexio da casta castrense.

De nena adoitaba ir coa familia no coche de San Fernando. O único camiño de acceso era unha corredoira que había pola Casa do Menor. Daquela non había máis atracións cas barquiñas de cadeas e os cabaliños. Nós comiamos no chan, debaixo dunha manciñeira, onde hoxe está a tómbola do Cubo e o zoco dos negros e colombianos. Aquelo era un paraíso e bañabamonos no río.

Mesas había poucas, as do señorío con manteis de camariñas e vaixelas de Sargadelos. Na década dos 60 popularízase a festa: os donos dos campos cobraban pouco por instalar unha mesa, coches había poucos e íamos en bus, que nos deixaba arriba, na estrada.  Meu avolito, José Ariza, o fotógrafo, que inmortalizou Naseiro nas súas maxistrais fotos, ía na Montesa e as veces levábame de paquete. Que ben se pasaba e pasa! Recordo mesas diante do hórreo e no medio e medio do río.

Sen lugar a dúbidas a alma mater do Naseiro das décadas do setenta, oitenta e noventa, foron Toñín Colosía e Paco Chao, os pioneiros dos disfraces e de engalana-las mesas. Toñín seguiu a celebra-lo Naseiro ata que morreu! Hoxe en día as súas fillas e amigos seguen a manter a mesa ao pe do río, detras do hórreo, mesa aberta como manda a tradición…

A procesión dos Remedios non ten sentido, pero alá cadaquén coas súas manías.

A virxe dos Remedios celébrase en septembro segundo a Xunta de Galicia:

http://www.xunta.es/Dog/Dog2003.nsf/FichaContenido/20046?OpenDocument

Velaquí a capela dos Remedios, en Naseiro, coa imposición do Santo e a imaxe da Vrxe:

Naseiro 07 024.jpg

Naseiro 07 027.jpg Naseiro 07 150.jpg Naseiro 07 028.jpg

Festa rachada Naseiro 2007 (24, 25, 26, 27 e 28 de agosto)

Empeza a festa todo estaba limpo e tranquilo:

Naseiro 07 023.jpg Naseiro 07 006.jpg Naseiro 07 017.jpg

Empezan os atascos e os coches mal aparcados. O día do pulpo:

Naseiro 07 0011.jpg Naseiro 07 007.jpg Naseiro 07 022.jpg

O día do marisco na rúa máis naseira, a de Guillermo Toxo…

Aquí están as mellores mesas abertas, a da ONU, presidida por Pepe do Galicia e Salomé, e dos Jiménez Díaz, presidida por Juan Feal e Africa Jiménez.

Naseiro 07 066.jpg Naseiro 07 131.jpg

Naseiro está dividido en tres:

A) Campo da festa cos palcos. Este ano por primeira vez dende o día da inauguración non houbo orquestra no Hórreo. Dous camións xigantes supriron o tradicional palco de cabozo.

Naseiro 07 093.jpg Naseiro 07 092.jpg Naseiro 07 121.jpg

Naseiro 07 151.jpg  Naseiro 07 135.jpg

O psicodélico escenario da orquestra París de Noia ocupou medio campo da festa e contrasta co paisano que durme a sesta na hamaca diante dunha caseta do Naseiro. Debido a este descomunal escenario desapareceron varios botiquíns e mesas. Nunha romaría sobran os macroescenarios.

B) Atraccións feirais, tómbolas e tendas de todo tipo, incluso, ferreterías:

Naseiro 07 029.jpg Naseiro 07 037.jpg Naseiro 07 040.jpg

Naseiro 07 036.jpg Naseiro 07 048.jpg Naseiro 07 044.jpg

C) Mesas abertas e pechadas. Por primeira vez ondeou a bandeira gai en Naseiro:

Naseiro 07 201.jpg Naseiro 07 203.jpg Naseiro 07 202.jpg Naseiro 07 073.jpg

Naseiro 07 0671.jpg Naseiro 07 072.jpg Naseiro 07 0941.jpg

A Naseiro acude xente de tódalas idades, mesas familiares con pais, fillos, netos e bisnetos engradecen a festa e mestúranse con todos…

Naseiro 07 033.jpg Naseiro 07 058.jpg Naseiro 07 063.jpg

Porretas, caveiras e motos nos tellados:

Naseiro 07 014.jpg Naseiro 07 008.jpg Naseiro 07 015.jpg

Disfraces, gorros, Chupetes, Pachulín, La Pantoja, Vodas, Abellas Maias, familias, charangas, gaiteiros, o negro de ollos saltóns, o fotógrafo do minuto…

Naseiro 07 165.jpg Naseiro 07 153.jpg Naseiro 07 167.jpg

Naseiro 07 124.jpg Naseiro 07 120.jpg Naseiro 07 096.jpg

Naseiro 07 090.jpg Naseiro 07 003.jpg Naseiro 07 087.jpg

Naseiro 07 088.jpg Naseiro 07 059.jpg Naseiro 07 106.jpg

Naseiro 07 169.jpg Naseiro 07 109.jpg Naseiro 07 110.jpg

Naseiro 07 158.jpg Naseiro 07 129.jpg Naseiro 07 117.jpg

Baixada polo río, luns de Naseiro, o río estaba limpo e as galiñas campaban as súas anchas a ámbolas dúas marxes, ata chegar ao lugar onde se poñen as atraccións, a partir de aquí, entre  os coches que chocan e maila meta, o río estaba moi cocho, cheo de merda; os desaprensivos tiran todo a auga, lavan pratos e potas, e mexan e cagan no río. Os participantes puideron coller unha gran infección na zona subliñada, de feito queixáronse de que daba noxo acercarse áo campo da festa. Os retretes non estaban nada limpos e duchas non había para poder lavarse. Con todo a baixada foi moi divertida anque este ano faltaba Tarrío:

Naseiro 07 136.jpg Naseiro 07 174.jpg Naseiro 07 185.jpg

Naseiro 07 173.jpg Naseiro 07 193.jpg Naseiro 07 196.jpg

Foi no Naseiro onde se inventaron as leiras aparcacoches:

Naseiro 07 198.jpg Naseiro 07 046.jpg Naseiro 07 010.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

Deixa unha resposta