Os Loureiros de Sacido e Seiramar…

O loureiro foi sempre unha árbore sagrada, romanos e gregos coronaban aos emperadores, deuses i heroes cunha coroa de laureiro. De feito Apolo represéntase cunha coroa de loureiro. Na idade media cando alguen realizaba unha gran fazaña, ou remataba os estudios con éxito coroabase con loureiro…

No concello de Culleredo (A Coruña), no Burgo, hai un interesante xardín botánico con paneles informativos onde podemos ver a palabra bacharelato ao pe dun loureiro. O nome de bacharelato, bacalaureatus, significa coronado de loureiro, laureado. En Galicia cólgase o loureiro bendecido o domingo de Ramos na cociña e cuadras para afuxenta-las meigas e diaños. O certo é que é unha árbore moi estimada e pode alcanzar máis de 20 metros.

As follas de loureiro teñen poderes curativos, axudan a face-la dixestión e dan un sabor incrible as comidas, tanto ao marisco como as carnes ou legumbres. Pero ollo! Que nin todo o loureiro sabe ben, nin ten o mesmo olor. Para cocer marisco e cociñar peixes de roca, ou para facer un bo escabeche, o loureiro recomendado é o que crece salvaxe nos acantilados, cerca das praias, entre toxos e piñeiros bravos. Este loureiro ten un olor especial a mar, ule que da gloria.

loureiros 001.jpg loureiros 003.jpg loureiros 004.jpg

Loureiros da Mariña luguesa situados entre as praias de Seiramar e Sacido, crecen entre piñeiros, toxos e fentos. Pero están a sufrir o ataque das urbanizacións da bisbarra, en especial, do Motel as Sirenas, que acaba con todo para ter boas vistas dende os bungalows, hotel, piscina e minigolf…

loureiros 005.jpg loureiros 006.jpg loureiros 008.jpg

Como gardar loureiro para o ano:

Hai que collelo no mes de xullo -no verán- porque está no seu mellor momento, é cando mellor ule e ten un color moi lindo. No hai que esperar a que se seque na árbore. Procurar collelo pola tarde noite, sen sol e sen xeada, que o loureiro estea limpo e sen auga. Escollemos unhas ramas boas, de follas duras, envolvémolas nun periódico en cucurucho, e deixamolas secar unha semana como mínimo, nun lugar obscuro:

loureiros 009.jpg loureiros 010.jpg

Seleccionar as melloras follas, duras, pero verdes…

Unha semana despois hai que separar as follas do talo, esparramándoas nunha fonte perante dous ou tres días, sen sol pero con aire, e logo metelas nun tarro de cristal. Se queredes conserva-lo laureiro fresco, hai que metelo na neveira nun frasco recén collido. O loureiro seco dura anos, pero recomendo collelo só para o ano…

 loureiros 012.jpg loureiros 013.jpg

 Secar no xornal, na fonte e meter en tarros de cristal: gardar entre as follas algún rabo de loureiro para conservar mellor o sabor. O loureiro mantén a cor verde perante meses, pero se se pon parduzco non pasa nada sempre e cando ula ben.

Para as carnes, caza e legumbres, hai que collelo nas marxes dos ríos ou na montaña, porque ten outro sabor diferente e vaille mellor co loureiro da mar e axuda a dixerir as comidas. 

Ir por loureiro anima o paseo! 

Texto e fotos: Fina Roca

Deixa unha resposta