Ensalada de espinacas con spaghetti…

 Ingredientes para catro persoas: 300 gramos de spaghetti do nº 3, dúas alcachofas, unha mada de espinacas frescas, un cacho de papaia, ou ‘papayón’, dous dentes de allos, unha cebola, sal e un chorro de aceite de oliva virxe.

 Modo de facelo: coce-la pasta en abundante auga, que ferva perante oito minutos, que quede ao dente, escorrela e pasar por auga fría. Limpa-las espinacas i escaldar (meter e sacar en auga fervendo), escorrer, lavar en auga fría e deixar enfriar. Cortar a papaia en dados e a cebola en xuliana. Limpa-las alcachofas e cocelas perante dez minutos en abundante auga con sal, cando estean cocidas quitar as follas exteriores e trocear, cortalas ao medio, procurando que queden enteiras. 

 Nunha tixola (sartén) grande cun pouco de aceite botar a cebola, pochala, engadi-los allos, a papaia e mailos spaghetis, darlle unhas voltas, que se mesture todo e por último engadir as espinacas e as alcachofas troceadas. A este prato se lle pode botar de todo, carne picada, berberechos, gambas, peixe ou mexillóns. É moi fácil de facer e os nenos comen verduras, a papaia dálle un sabor moi rico. 

 Servide diretamente da tixola ao prato…

                                   ensalada de espinacas.jpg

 A papar! Que aproveite…

 Textos e foto: Fina Roca

Deixa unha resposta