Resurrectión Fest e regatas de Kayak en Covas, Viveiro

Onte podíamos ver no parque de Cantarrana e bisbarra os derradeiros vestixios das mellores bandas actuais do panorama mundial de metal, harcord e punk. Un espectáculo do que xa din ampla difusión nesta mesma páxina en anos anteriores. A carta edición do Resurrection fest que se celebra en Viveiro no campo de fútbol novo, porta con porta do camping e do novo xeriátrico, aínda sen inagurar, atraxo algo máis de 12.000 espectadores, que non é moco de pavo para unha vila de apenas 15.000 habitantes: Down, Lagwagon, Sick Of It All, Gallous, No Use For a Name Converge, etc. A oferta hosteleira puxo o cartel de ‘agotadas as habitacións’, tanto nas pensións baratas coma nos hoteiis de más de tres estrelas, amén dos supermercados que agotaron as existencias nos tres días que durou o festival (29, 30 e 31 de xullo de 2010). Para máis información podedes consultar este enlace: 

http://www.resurrection-fest.com/festival/index.php

 Afortunadamente non houbo que lamentar grandes incidentes e, en urxencias médicas, non houbo máis movemento ca nun día de festa normal; si se votaba en falta máis servicios e duchas para tantos seguidores do harcord que malia pagar  as entradas a 35 euros os tres días, tiñan que se asear nas duchas da praia utilizando xabón e champoo, malia estar prohibido.  A ausencia de vixilancia no parque Pernas Peón facía posible que proliferasen os cans soltos de razas perigrosas cagando onde lles petaba e mesmo correndo ceibes pola praia, para acabar bañándose na mar co consabido susto dos habituais bañista. Unha paisana de Covas, vendo que eu estaba a facer fotos, fíxome saber que a ela multouna a policía autonómica por levar o caniche solto polas dunas ás nove en punto da mañá. Disque cando inauguren o xeriátrico para dependentes en primeira liña de praia, o Festival. desaperecerá ou se desviará a Naseiro, o que sería unha estupidez mental, pois, onde está non hai que coller o coche para desprazarse, nin para mercar as cousas. Multiplicaríanse os accidentes e o pobo quedaría desvalido ante unha forte fonte de ingresos. Alá eles, os bares e comercios. Se por min fose pagaríalle tres días de vacacións aos futuros residentes do xeriátrico se non resisten a música de metal rock. Velaiquí o día despois de Resurrectión Fest: a basura acumúlase como nos botellóns. ¿E que non hai maneira de concenzar aos usuarios dos especios públicos, xoves, nenos e maiores de non tirar desperdicios ao chan?

Non vale acampar nos xardíns:

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 001.jpg

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 016.jpg

non vale acampar no medio do camiño nunha haima, consumir drogas á vista dos nenos e telos cans soltos:

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 006.jpg

Non vale deixar merda por todas partes:

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 009.jpg

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 013.jpg

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 0141.jpg

Paso de aparcar coches no club de fútbol de Viveiro para paliar a crise do club. Pero non paso por vender alcohol a menores en botiquíns ou neveiras portátiles, nin comida de dubidosa procedencia.

O caso é que mentres uns e outras se marchaban recollendo ou tirando as suas pertenenzas, outros chegaban a praia de Covas para celebrar o circuito galego de kaiak no mar baixo a plica de Juan Anido en honor dun palista ferrolá que faleceu en 2006 na rota de Ortigueira. Hai xente para todo, incluso, para o casposo Festival do Landro 

Velaquí:

http://www.xornalgalicia.es/index.php?name=News&file=article&sid=24993

O día estaba gris e neboento:

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 032.jpg

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 028.jpg

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 034.jpg

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 036.jpg

Fina Roca. Harcore e bateis en Covas 1-8-10 033.jpg

En fin! Que non decaia a festa. Texto e fotos: Fina Roca