Alfonso Otero Regal gaña o Premio Nacional de Artesanía, Viveiro…

Alfonso Otero Regal leva máis de trinta anos traballando na cerámica, primeiro no seu taller da Porta da Vila, Viveiro, e dende hai uns anos na Xunqueira, onde foi quen de transformar unha antiga fábrica de curtidos, que se caía a cachos nun complexo cultural único, de tres pisos, perfectamente identificado coa paisaxe e entorno no que además do seu propio taller aberto ao público, hai xardíns, Museo, Biblioteca, Auditorio, Sá de exposicións…

Todo o entorno é idílico xa que está ubicado ao carón do Convento de Valdeflores onde o tempo se para invitando á reflexión.

Cabe subliñar que o taller de Otero Regal está presidido pola bandeira republicana. 

Nada mellor que entrar no seu propio enlace para comprobar o que dimos:

 http://www.oteroregal.com/

Ou no seu blog, A Maliña de Lugo, xa que ademais de ser un creador artesanal, un artista, escribe artigos de opinión que por regra xeral aparecen publicados en El Progreso de Lugo ou en revistas especializadas:

http://www.blogoteca.com/viveiro/index.php?cod=105778

Regal adoita traballar no taller da Xunqueira coas portas abertas cara ao público. Habida conta que é una eciclopedia andante e coñece un sinfín de anécdotas dos tempos precedentes e presentes, adoita falar cos visitantes e amigos de mil cousas sen deixar de traballar no seu taller, moldeando ou pintando cerámica antes de ir ao forno.

Vaia dende aquí a miña noraboa persoal ao artista polo merecido Pemio Nacional de Artesanía

O Taller é unha especie de remanso cheo de luz. Velaiquí parte do taller coa bandeira republicana ao fondo  

Regal y Fina Roca.JPG

Texto: Fina Roca. Foto: JMCI

?

Frases xeniais

Drauzio Varella, oncólogo, e premio Nóbel de menciña dixit:

“No mundo actual estase a invertir cinco veces máis en menciñas para a virilidade masclina e en silicona para as mulleres que na curación do Alzheimer. No futuro teremos vellas de tetas grandes e vellos de pene duro pero ninguén recordará para que serven.” 

A frase non ten despedicio e circula pola rede: 

http://pt.wikipedia.org/wiki/Dr%C3%A1uzio_Varella. ?

Xosé Neira Vilas recibe o Facho de Ouro

A Agrupación Cultural o Facho premia a Xosé Neira Vilas co Facho de Ouro no Hotel Riazor (A Coruña 31-01-09) como ‘testimuña e recoñecemento a súa longa traxectoria na defensa e dignidade da cultura do País’.

O acto estivo moi concurrido anque notábanse as ausencias como o presidente da Academia Galega, TVG e resto de medios de comunicación, máis pendentes da filla de Lola Flores, alias Lolita, ca da cultura galega. Vamos! Que non é de recibo que, unha cantante mediocre, chupe máis cámara e prensa que un escritor universal. Cabe subliñar que, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, si que estivo presente.

O intelectual Isaac Díaz Pardo non quixo perderse o evento e foi dos primeiros en chegar saúdando e falando con todos, dando mostras, coma sempre, de educación, cultura e afabilidade: 

 http://gl.wikipedia.org/wiki/Isaac_D%C3%ADaz_Pardo . 

A escritora e xornalista, Anisia Miranda, esposa do homenaxeado, que foi agasallada cun fermoso ramo de frores, non se cansaba de dar mostras de afecto e cariño ao seu gran amigo Díaz Pardo: ‘canto quero a este home’, dicía.  

http://www.xerais.es/cgigeneral/ficha_autor.pl?id_autor=100005504&id_sello_editorial_web=13

A mellor voz da xeración de Voces Ceibes, Miro Casabella, -quen no seu álbum ‘Picap/2004’ canta o desastre do Prestige- tampouco quixo perderse a cea homenaxe, como o escritor Xulio Valcárcel, a concelleira coruñesa María josé Bravo, o historiador Felipe Senén e o presidente coruñés da Memoria Histórica Manuel Monje.

F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 009.jpg F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 006.jpg F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 004.jpg

F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 024.jpg F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 034.jpg F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 032.jpg F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 036.jpg

F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 002.jpg

F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 010.jpg F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 026.jpg F.Roca. O Facho. Neira Vilas 31-01-09 031.jpg 

(Carmen a esquerda participou no teatro de Luís Freire na Arxentina)

 Tras recoller o Facho de Ouro das mans do presidente, José Luís Rodríguez,  Neira Vilas dei unha lección maxistral sobre a cultura galega no exilio –Anisa reivindicou unha parte do ‘facho de pedra con letres en ouro’ ao que Neira repinicoulle que a partir de agora formaba parte dos bens gananciais-. As lembranzas do egrexio escritor remontáronse a súa aldea natal, Gres, onde se alumeaban cos fachos, fachas e fachóns. No seu relatorio non faltaron ás conversas no exilio con Manuel María, o himno, a creación da bandeira galega: os emigrantes que partían ás Américas dende o porto de A Coruña o útimo que vían era a bandeira da Comandancia Portuaria Coruñesa de cor branca e banda azul francia, pensando que era o símbolo da nación, acabaron convertédoa na bandeira galega; os colectivos galegos na Arxentina boicoteaban a todos cantos se burlaban do galego e dos galegos/as, como Pepe Iglesias, o Zorro, e Radio Splend; tamén fixo unha semblanza  do Grupo de Teatro Luís Lugrís Freire no que participaban Anisa Miranda, Carmen Moreno -presente no hotel Riazor- e Faustino Blanco; fixo fincapé en como tomou conciencia de Galicia grazas aos intelectuais galegos no exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo. Segundo o egrexio escritor en ningún país do mundo houbo tanta defensa da República como en Cuba. Na Patagonia había campamentos xuvenís co nome dos libros galegos, non como agora en que, os libreiros, nos expositores e escaparates sempre poñen os libros galegos por detrás’. Tamén reivindicoou máis Asociacións Culturais como o Facho, nas vilas e, incluso, no rural, con ampla participación da xuventude e xentiña do común de tódalas idades.

Para máis información sobre Neira Vilas:

 http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XosNeira&alias=&solapa=biografia

En fin! Todo un luxo poder escoitar en directo o relatorio dunha memoria viva ilustrada nas actividades culturais do exliio galego perante o franquismo. Noraboa ao Facho por seguir na brecha. 

Texto e Fotos: Fina Roca. ?

Luís Neira (Viveiro)

 O Consello de Ministros vén de conceder a Medalla de Ouro ao Mérito no traballo a Luís Neira (1917), redactor xefe de El Heraldo de Vivero: xornal fundado no ano 1912, medalla de honor da cidade de Viveiro e Decano dos seminarios locais de Galicia, dirixido por Ángel M. Fernandez de la Vega e editado por Javier Canosa Penaba.

Don Luís leva case toda a súa vida vinculado a El Heraldo, anque tamén foi carteiro, tipógrafo e impresor, oficios dos que se sente moi orgulloso. Segundo o Heraldo desta semana, Neira, entrou a traballar aos once anos de idade como cajista da imprenta Fojo, compoñendo os orixinais do El Heraldo e de El Momento. Luís Neira e a súa dona, Melina Brochs -muller traballadora onde as haxa-mercaron unha pequena imprenta na rúa Zapatería de Viveiro (Almirante Chicarro 27) que é onde actualmente se compón e edita El Heraldo, semanario que non se vende -fonciona polas subscripcións- pero que se lee en todo o mundo. Onde hai un viveirense ou alguén ligado á vila, alá hai un subscriptor deste singular peródico, historia viva dos aconteceres de Viveiro.

Trinta foron os galalardonados deste ano.

Noraboa don Luís por tan merecido premio!

Luís Neira e Fina Roca (4-07-03) no Garoa na homenaxe ao seu gran amigo Luís Tobío.

Foto e texto: Marta Michelena e Fina Roca