Anotacións do Tema 'Sen clasificar'

PUPO, UN MARIÑEIRO DO GRALLAL, Viveiro

Martes, Agosto 17th, 2010

Xosé Manuel Chaves Álvarez, alias Pupo, é un popular mariñeiro do Grallal a quen podemos ver nos días venteados da baixamar percorrer a praia de Coivas (Viveiro) voando veletas de fabricación caseira, ou navegando pola area mollada mediante unha vela con carriólana, ou patín. Fillo de Balbina da Raia, Pupo, pasa a vida na praia na casa da súa nai, única construcción decente do paseo marítimo de Covas a Xeiramar: unha casiña mariñeira con balcón de artesoado de madeira, pilón diante da porta e alpendre para secar chicharros lañados, no Pazo da Raia, clara alusión aos seus veciños do abandoado Pazo do Grallal, do  que prometo dar cumprida información xa que tan rico Patrimonio non pode seguir nas mans dos imbéciles e especuladores.

Ao que íamos, este singular mariñeiro, recórdame, incluso na súa estética, ao chifrado profesor Bacterio do TBO, quen era incapaz de estar inactivo e non paraba de inventar sofisticadas máquinas realizadas con obxectos comúns e senlleiros. Inspirado nas fontes Zen, que descubriu de casualidade por Internet, Pupo, deitándose da forza hidráulica do río de Covas que desemboca ao carón da súa vivenda, ven de facer un Batán e unha Noria cos cinco elementos principais da filososofía nipona: auga, canas de bambú, lume, terra e metal, un caldeiro e a roda dunha bicicleta. Unha pequena presa feita coas pedras da praia conduce o líquido elemento ate a noria que ao moverse acciona os mazos cargando a augua nos vasos e distribuíndoa a diversas alturas. Outro pequeno canal (xa dous) á maneira de batán conduce a augua ata unha cuba bagtendo con forza nun caldeiro (ou madeiro) facendo rúido entre carga e descarga: ‘Este trebello utilizábano nas aldeas para afuxentar aos xabarís dos campos de millo. Puñan a pota vella do caldo boca abaixo, pero, se eu poño unha pota faría tanto ruído que non deixaría durmir a miña nai. O bambú regaloumo Xavier Pernas’. Dicíamae Pupo todo cheo de razón pensando nun novo invento…

Artigo publicado en El Heraldo de Viveiro:  17 de agosto de 2010 

Velaiquí a Pupo ante a súa obra q que ven de engadir outro batán e unha ducia de troitas na represa.      

 Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 010.jpg 

Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 005.jpg

Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 003 A noria de Pupo.jpg

Fina Roca. Pupo. Covas. Detalle do Batán 1-8-10 004.jpg

Pupo coa súa familia diante da casa e coa súa nai.

Fina Roca. Pupo coa súa familia diante da cas.jpg

Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 012.jpg

Preparando a vea para navegar.

Fina Roca. Pupo. Covas 1-8-10 017.jpg

Texto e fotos: Fina Roca. 

Xoves, Agosto 5th, 2010

Atención a navegantes a Asociación Europea de afectados pola ley de Costas ben de poñerse en contacto comigo debido aos meus artigos sobre o acoso e derribo da casa Barro de Viveiro. Dado que os abusos continúan só cos pobres ou propietarios con pouco valor adquisitivo, suxiro que entredes nesta páxina por interesante, informativa e valiosa:  

http://perjudicadosporlaleydecostas.blogspot.com/

Fina Roca

Funcionarios e Funcionarias

Mércores, Xuño 2nd, 2010

A canción española de Eurovisión Algo Chiquitito non tardou en adaptarse na rede ao salario dos funcionarios/as, eramos poucos e pairu a avoa: algo chiquitito el salario se nos quedó, pero, habera quen pense, que os funcionarios e funcionarias viven  a corpo de rei borbónico.

O caso é que en versión castelán a eurovisiva canción -unha merda- estase a facer famosa polas moitas adaptacións e críticas á redución salarial do funcionariado. Este vídeo non ten desperdicio, pois si, algo chiquitito el salario se nos quedó e cara de idiota tamén.

 http://www.youtube.com/watch?v=_POzXVyq6xA

Xa está ben de pagar xustos por pecadores, aínda se nos subisen o salario en tempos de bonanza, outro galo cantaría, pero non, ¿para que? Xa somos ricos de mais, malia ter que pedir un crédito para pagar a Facenda Pública e, aínda por riba os xornais que se las dan de progresitas, como El País, ousan facer enquisas cuestionando as vacacións do funcionariado educativo. A teñen clara como nos quiten as vacacións, logo de reducirmos o salario vai comprar periódicos, Coca-colas ou chupa-chups Deus do ceo…

Dende este intre declarome anti sistema e ex consumidora de todo, unha funcionaria coma min de salario reducido tras 39 anos de servizos prestados non pode gastar nada de nada, nin sequera en viños e tapas. Comprarei o mínimo, gastarei o imprescindible e pedirei baixas a mazo para compensar o que me quitan do froito do meu traballo.

Nin que estivesemos nunha checa ou no capitalismo salvaxe para que o patrono maior se deite do noso traballo. ¡Que os zurzan! Que lle quiten escaparates a Zara e que lles obriguen aos grandes constructores, embaxadores ou Papas a vivir coma un mestre de escola, por exemplo.

Por certo, ¿canto lles van descontar aos bispos e a duquesa de Alba para paliar a crise? A Globalización e o liberalismo político (tanto ten Xan ca Pericán) non conduce a ningures. Fina Roca. �

Baltasar Garzón te queremos

Venres, Maio 14th, 2010

Unha xa non sabe que dicir ante a historia que estamos a vivir e, coma sempre, síntome culpable de non ter feito máis para evitar que a xente boa sexa apartada do sistema por facer o que ten que facer. Pido perdón por non apoiar a tanta e tanta xentiña do común que, coma o xuíz Garzón, -quen traballou de albanel para se pagar os seus estudos- está a sofrir nas súa  carnes o acoso e derribo dos novos caudillitos e caudillitas democráticas. No Sistema Educativo son tantos, que xa nin vos conto.

Non hai dereito que no  caso que nos ocupa gañen a Falanxe, os Trillos and Matas, é dicir, os hi de putas, amén de resto de especuladores fronte  os xuíces xustos. O governo e maila oposición son culpables por non poñer fin a tantas  maldades humanas. Baltasar Garzón te queremos. Abaixo os políticos corruptus e os franquistas miserables.

http://es.wikipedia.org/wiki/Baltasar_Garz%C3%B3n

Fina Roca

Frases xeniais

Martes, Maio 4th, 2010

Drauzio Varella, oncólogo, e premio Nóbel de menciña dixit:

“No mundo actual estase a invertir cinco veces máis en menciñas para a virilidade masclina e en silicona para as mulleres que na curación do Alzheimer. No futuro teremos vellas de tetas grandes e vellos de pene duro pero ninguén recordará para que serven.“ 

A frase non ten despedicio e circula pola rede: 

http://pt.wikipedia.org/wiki/Dr%C3%A1uzio_Varella. �

Prensa nacional, internacional, local…

Mércores, Abril 21st, 2010

Este enlace é unha xoia, a xoia da corona, non tedes máis que seleccionar o periódico que querades e lelo. Pinchade aquí:

  www.kiosko.net

 �

A Praia de Riazor, Coruña…

Domingo, Abril 11th, 2010

A ensenada de A Coruña está formada polas praias de Riazor, Orzán, Matadeiro… Praias de augas limpas, tranquilas as veces e alporizadas outras, como debe ser. Recén veñen de concederlle un fermoso premio: o sonido das ondas da ensenada do Orzán é o máis fermoso do mundo:

 http://www.lavozdegalicia.com/coruna/2010/03/04/0003_8332898.htm

O caso é que os políticos de turno nunca están contentos con nada e non se lles ocurre outra cousa que facer o recheo da praia en contra da opinión pública, ecoloxistas e persoas de ben pensar e, máis aínda, escomenzar as obras agora, nos mellores días de sol para poder gozar da praia. Traen area de canteiras en gabarras que, cal dragado da ría, expulsan por grandes tubos ao areal coa consabida dispersión da mesma. Que ganas de gastat cartos onde non se debe, para que logo digan que hai crise. De momento, está cerrada ao público a praia do Orzán, dende o rompeolas ata a o Matadeiro, a zona dos surfeiros, que se quedaron sen lugar de práctica.

A area é de canteira e, anque estea lavada, é dura, moi dura, demasiado para poder pasear descalza… 

Antes. Augas limpas nas que bañarse en inverno e verán, unha gozada:

Riazor 0010111.jpg 

Riazor 0010105.jpg

Agora. Po, augas branquecinas, raras e tubos a moreas…

Oza 2010,y Riazor.  Fina Roca. 046.jpg

Oza 2010,y Riazor.  Fina Roca. 047.jpg

Un grupo ecoloxista está a facer castelos de cartón e area xusto no rompeolas, no lugar onde se xuntan, ou separan, as praias do Orzán e Riazor, tamén están no facebook…

http://defendendoaspraias.wordpress.com/

Fotos e texto: Fina Roca

O Parque de Oza, A Coruña…

Martes, Abril 6th, 2010

Non podo evitalo, me cabrea tanto arboricida neste parque, que se ben por zonas pode que ate quede ben, -grazas a oposición veciñal á tala indiscriminada- por outras a substitución da cor verde polo cemento e asfalto da mágoa velo. Nunca entenderei que se poda acabar con tantas arbores centenarias, frondosas e frutais - manciñeiras, pereiras, cerdeiras, zorolleiros ou figueiras-para acabar poñendo palmeiras ananas ou cipreses, pero, desto levo falando largo e tendido neste blog dende que empezaron as obras a bombo e plaltillo. 

Losada non admite críticas adversas e, incluso, insulta ás súas propias electoras chamándolles maleducadas. Por que? Por negarse a saír na foto con el e por plantarlle cara cando ousa dicir que as árbores taladas estaban enfermas. El sí que está enfermo de poder e soberbia… 

Nesta zona vivía xente do común, que cultivaban as súas leiras… 

No caso que nos ocupa unha imaxe vale máis que mil palabras: vealiquí o antes e o despois. 

O camiño do Corgo, A rúa monte, Hortas en Oza 035.jpg

As noces 002.jpg

parque de Oza 043.jpg

eclipse 012.jpg

O camiño do Corgo, A rúa monte, Hortas en Oza 037.jpg

O camiño do Corgo, A rúa monte, Hortas en Oza 040.jpg

Parque de Oza, 057.jpg

Parque de Oza.Rúa Montes 7.jpg

Parque de OZA nº 5 004.jpg

E chegaron os destructores:

Fina Roca,  Parque de Oza, maio de 2009 004.jpg

Fina Roca,  Parque de Oza, maio de 2009 006.jpg

Oza-Corgo agosto07 023.jpg

Parque de OZA nº 5 052.jpg

 

Parque de Oza. 05-04-10.  Fina Roca. 006.jpg

Parque de Oza. 05-04-10.  Fina Roca. 007.jpg

Parque de Oza. 05-04-10.  Fina Roca. 001.jpg

Parque de Oza. 05-04-10.  Fina Roca. 012.jpg

Parque de Oza. 05-04-10.  Fina Roca. 015.jpg

Teño fotos a moreas do día a día…

É curioso, mentres eiquí sustitúe bosque e leiras por cemento, o alcalde, fai leiras nos xardíns da Mariña, fronte ao porto deportivo: un xardín a base de porros, coliflores, leitugas, repolos de Betanzos e máis cebolas. Para quen son a leña e mailos productos da horta da Mariña. Non ten desperdicio, mirade:

Parque de Oza. 05-04-10.  Fina Roca. 003.jpg

Parque de Oza. 05-04-10.  Fina Roca. 004.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

Domingo de Ramos en Monelos…

Domingo, Marzo 28th, 2010

Hoxe Domingo de Ramos escomenzaron os actos litúrxicos da Semana Santa e, este ano, decidín percorrer as parroquias menos emblemáticas a nivel turismo, para saber como se vive o Domingo de Ramos a nivel barrio. Pagou a pena visitar a parroquia de Santa María de Oza, en Monelos, A Coruña…  

A procesión da borriquiña en Viveiro, Ferrol, Coruña, Lugo, Santiago ou Ourense remóntase a épocas ancestrais e son transmitidas pola TVGa, pero, observar en directo como se mantén a Liturxia en barrios como Monelos (A Coruña), problemáticos, periféricos e asociados ao mundo da droga, do paro e xubilacións adiantadas, é moito máis interesante e, incriblemente, máis positivo ca aqueles lugares de interés turístico. Podedes ver nesta mesma páxina o derradeiro asesinato ocorrido nesta zoa, na Rúa da Igrexa. Pero, créedeme a xente do lugar é familiar, boa xente, que se preocupa polos gatiños, polos anciáns e nenos a tódolos niveis, malia a fama do trapicheo de drogas…

A Igrexa da Parroquia de Santa María de Oza está porta con parta das primeiras vivendas sociais coruñesas de integración xitana, un barrio cheo de churembeis/las que xogan no atrio da Igrexa baixo a atenta mirada das súas nais e avoas. Nunca houbo problemas coa parroquia malia que a meirande parte dos xitanos pertencen a Igrexa Evanxelista e que adoitan facer as barbacoas e tende-la roupa nas beirarrúas da Igrexa. Que queredes? A min, estéticamente, moléstame máis o polideportivo do IES de Monelos que pegaron a fermosa Igrexa de Santa María de OZA, que as bragas, calzoncillos ou sabas, que os xitanos tenden na acera da Igrexa, como podedes ver nestas páxinas. Os xitanos/as, cando pasamos diante deles, adoitan dicir: que pase a boa xente, e iso reconforta a calquera.

 Na parroquia da que nos ocupamaos, a Eucarestía do Domingo de Ramos, celébrase no Atrio da Igrexa, ao aire libre, ao pe do fermososo cruceiro de pedra; a misa, cantada por parroquíáns dirixidos maxistralmente por unha muller moi nova, invita ao recollemento e reflexión. Como en toda A Coruña, e Galicia en xeral, o crecemento cero da pobación, -agás entre a poboación de etnia xitan que son evanxelistas a meirande parte- notábase na celebración de Monelos: palmas e palmeiras portadas por nenos ou nenas había poucas.

Ramos a base de loureiros e olivos había moitos pero portados por xente maior coas súas mellores galas, como manda a tradición. A misa, en castelán, pero, os cregos, logo da Eucaristía, falaban en galego cos seus fregueses/as. Co linda que é a Eucarestía en galego…

Velaiquí algunhas imaxes que inmortalizaron o Domingo de Ramos en Monelos: 

 Domingo de Ramos  Monelos 2010.  Fina Roca. 001.jpg  

Domingo de Ramos  Monelos 2010.  Fina Roca. 008.jpg

O coro da parroquia:

Domingo de Ramos  Monelos 2010.  Fina Roca. 007.jpg

Domingo de Ramos  Monelos 2010.  Fina Roca. 012.jpg

Domingo de Ramos  Monelos 2010.  Fina Roca. 005.jpg

Sinceramente, que molesta máis? A roupa a secar dos xitanos que viven no edificio de enfronte ou o pabellón deportivo do IES de MONELOS?

Domingo de Ramos  Monelos 2010.  Fina Roca. 016.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

  

Gran Formato…

Sábado, Marzo 27th, 2010

Una exposición que paga a pena e nun lugar, que incita ao paseo e sosego: Aula de Natureza do Xardín Botánico da Ría do Burgo (Culleredo-A Coruña). Dende o 26 de marzo ao24 de abril. Horario: Luns a venres de 18.00 a 21.00 h. Sábados: de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.

Expoñen en gran formato, -acrílicos, óleos e técnicas mixtas- , os/as artistas: Alfonso Costa, Ángeles Jorreto, Laureano Vidal, Lola Beade, Luís Romero, María Manuela, Mª Xesús Díaz, Oscar Cabana, Pedro Bueno, Rilo, Tino Poza e X.Vázquez Castro. A presentación correu a cargo de Celestino Poza, concellleiro de Cultura de Culleredo. Escritores e poetas non faltaron como podemos ver nas fotos.

 María Manuela e Oscar Cabana (de quen xa teño falado amplamente nestas páxinas) falan amizosamente nos minutos previos a inauguración. 

marzo 2010,  Fina Roca. Exposición Gran formato. 003.jpg

Cumbre de Lola Boedo:

marzo 2010,  Fina Roca. Exposición Gran formato. 006.jpg

Os autores fronte a súa obra:

marzo 2010,  Fina Roca. Exposición Gran formato. 010.jpg

marzo 2010,  Fina Roca. Exposición Gran formato. 001.jpg

marzo 2010,  Fina Roca. Exposición Gran formato. 004.jpg

marzo 2010,  Fina Roca. Exposición Gran formato. 011.jpg

Texto e fotos: Fina Roca