{"id":74,"date":"2007-01-18T16:03:25","date_gmt":"2007-01-18T14:03:25","guid":{"rendered":"http:\/\/www.finaroca.com\/?p=74"},"modified":"2007-01-18T16:03:25","modified_gmt":"2007-01-18T14:03:25","slug":"literatura-brasileira-a-mina-planta-de-laranxa-lima","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=74","title":{"rendered":"Literatura brasileira. A mi\u00f1a planta de laranxa lima&#8230;"},"content":{"rendered":"<p><strong><u><font face=\"Times New Roman\">Literatura Brasileira<br \/>\n<\/font><\/u><\/strong><strong><em><u><font face=\"Times New Roman\">A mi\u00f1a planta de laranxa lima<br \/>\n<\/font><\/u><\/em><\/strong><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\">A editorial coru\u00f1esa <em>Primerapersona<\/em> tivo o acerto de publicar a versi\u00f3n galega de<em> Meu P\u00e9 de Laranxa Lima<\/em>, obra mestra do brasileiro <strong>Jos\u00e9 Mauro de Vasconcelos <\/strong>(1920-1984), fermosa novela (1969) de denuncia social, na que <strong>o protagonista principal \u00e9 un cativi\u00f1o de cinco anos, Zez\u00e9, maltratado pola s\u00faa propia familia, fillo do paro e da mestizaxe<\/strong> <strong>colonial<\/strong> (portugu\u00e9s + india pinag\u00e9) listo como a fame, que vive nun barrio marxinal de R\u00edo de Xaneiro cercado de xurreiras no que non faltan escolas, luz roubada, garder\u00edas (as crianzas), tren (o Mangarativa),\u00a0 tenda do fiado e unha\u00a0 f\u00e1brica \u2018que escuma xente pola noite\u2019&#8230; <\/font><\/p>\n<p><font size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\"><strong>Zez\u00e9 vive nunha favela de Bang\u00fa, <\/strong>nun mundo de carencias\u00a0ao car\u00f3n da opulencia, sabe o que non ten e non renuncia\u00a0ao que desexa: <strong>quere ser sabio e poeta para<\/strong> <strong>sa\u00edr da miseria&#8230; <\/strong>Mi\u00f1a xo\u00ed\u00f1a! Vai sempre co coraz\u00f3n\u00a0ao descuberto e pasa tantas necesidades, tantas! Que o Nadal na s\u00faa casa parece o velorio do Neno Xes\u00fas. No seu barrio hai un tempo para xogar \u00e1s bolas de gude, \u00e1s buxainas, aos cromos e para bailar papaventos (cometas), que \u00e9 o m\u00e1is lindo de todos! Ten<strong> <\/strong>unha <strong>planta de laranxa lima<\/strong> coa que comparte sorrisos e b\u00e1goas e un amigo portugu\u00e9s para salvalo das s\u00faas incertezas. Por ser franco e bondadoso p\u00e9ganlle todos arreo, ag\u00e1s a s\u00faa naici\u00f1a que, como\u00a0est\u00e1 cansa de traballar, non ten forzas,\u00a0e z\u00f3scalle a modi\u00f1o&#8230; <\/font><\/font><\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><strong>Coido que \u00e9 unha das mellores novelas, ambientada no Brasil, xunto coa <em>Guerra do fin de mundo<\/em> de Mario Vargas Llosas. <\/strong><\/font><\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\">Dic\u00eda\u00a0 o viveirense, <strong>Lo\u00eds Tob\u00edo<\/strong>,\u00a0 traductor de Rilke\u00a0ao galego, que \u00f3s traductores\/as literarios son imprescindibles para co\u00f1ecer outras culturas, que raz\u00f3n ti\u00f1a!\u00a0Parab\u00e9ns \u00e1 traductora<strong> <\/strong>desta gran novela, <strong>M\u00aa Isabel Cornes,<\/strong> por acercarnos \u00e1 obra de Vasconcelos: agricultor, boxeador, garimpeiro (buscador de ouro e pedras preciosas) sertanista (explorador), mestre, modelo, actor, periodista, e escritor universal. <\/font><\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\">O protagonista desta historia ten moitas cousas en com\u00fan co<em> Principi\u00f1o<\/em> de <strong>Saint-Exupery<\/strong>, traducido\u00a0ao galego por <strong>Carlos Casares<\/strong> (Galaxia 1972) e, incluso, co <strong>pr\u00edncipe Myskhin de <em>O Idiota <\/em>de Dostoiewski<\/strong>, a quen se menciona no derradeiro cap\u00edtulo. Os tres persoeiros de car\u00e1cter franco e inocente, todo bondade e tenrura, te\u00f1en unha grande necesidade de afecto&#8230; <\/font><\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\">Zez\u00e9 anda descalzo e coa roupa rachada. <\/font><\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\">Actualmente, no Brasil, trinta e\u00a0sete anos despois de publicarse esta fermosa novela, que fai rir e chorar, hai demasiados rapaci\u00f1os famentos\/as, enfermos, maltratados e coas roupas rotas, que buscan algo para comer nos vertedoiros de lixo, como se fosen animais salvaxes sen dereito \u00e1 vida, como en Uganda&#8230; <\/font><\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><strong>En R\u00edo de Xaneiro morren m\u00e1is menores\u00a0ao ano que en t\u00f3dolos conflictos armados de Colombia, Serra Leona, Iugoslavia, Iraq, Israel e Palestina xuntos<\/strong>, v\u00edctimas das mafias do tr\u00e1fico de drogas, armas, \u00f3rganos\u00a0 ou prostituci\u00f3n, que dominan a vida das persoas: <strong>a fartura duns poucos agrava a miseria de moitos. <\/strong><\/font><\/font><\/font><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><strong><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\" \/><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\" \/><\/font><\/font><\/strong><\/font><\/font><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><font face=\"Times New Roman\" size=\"3\"><\/p>\n<div><font face=\"Times New Roman\"><strong>En Bang\u00fa, <\/strong>lugar de acci\u00f3n da <em>Mi\u00f1a planta de laranxa lima<\/em>, est\u00e1 a prisi\u00f3n de m\u00e1xima seguridade do Brasil rodeada dunha muralla de 8 metros de altura con subsolo de cemento e aceiro para evita-las construcci\u00f3ns de t\u00faneles:<strong> o<\/strong> <strong>capo Lu\u00eds Fernando da Costa, alias Fernandinho Beira-Mar, lidera dende a c\u00e1rcere\u00a0o Comando Vermelho, controlando a totalidade das favelas cariocas.<\/strong><\/font>\u00a0\u00a0\u00a0<\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\">Unha favela \u00e9 un conxunto de casas sen infraestructuras urbanas, cuxo referente hist\u00f3rico data de finais do s\u00e9culo XIX, como resultado da<strong> Rebeli\u00f3n de Canudo<\/strong>: ante a subida dos impostos, Antonio o Conselleiro, un iluminado eremita, incita \u00e1 insurrecci\u00f3n popular de signo relixioso, proclamando\u00a0a fin do mundo coa chegada do Anticristo, a quen identifica coa Rep\u00fablica. O goberno promete vivendas sociais a t\u00f3dolos soldados que loiten contra os rebeldes: <strong>o fanatismo absurdo e a intolerancia pol\u00edtica do goberno militar levaron \u00e1 masacre de Canudos<\/strong>. En 1897, os soldados, cansos de esperar as vivendas prometidas, deciden asentarse nas chabolas do campo pr\u00f3ximo\u00a0ao ministerio da Guerra, onde xa hab\u00eda un asentamento de escravos libertos, v\u00edctimas do racismo e da especulaci\u00f3n inmobiliaria, un campo cheo de fabas pequeni\u00f1as: <strong>o diminutivo de faba en portugu\u00e9s \u00e9 favela.<br \/>\n<\/strong><\/font><font face=\"Times New Roman\"><strong>\u00a0<\/strong><\/font><\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\"><strong>Este episodio deu lugar \u00e1 novela de Mario Vargas Llosas\u00a0 <em>La Guerra del fin del mundo<\/em> (<\/strong>1981), a versi\u00f3n latinoamericana de <em>Guerra e paz<\/em> de <strong>Tolstoy<\/strong>. A brasileira N\u00e9lida Pi\u00f1\u00f3n, que estivo en Galicia hai dous anos\u00a0nas xornadas literarias do Pazo de Mari\u00f1\u00e1n, axudoulle moito a recomp\u00edla-los datos para facer esta historia de apocalipse i hecatombes. Desgraciadamente nas favelas brasileiras, un d\u00eda si e outro tam\u00e9n, hai guerras de bandas nas que as v\u00edctimas son os nenos, xoves e vellos. <\/font><\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\"><strong>Fina Roca, <\/strong>p<\/font><font face=\"Times New Roman\">rofesora de Literatura, vocal da Xunta Directiva do Seminario de Estudios Terra de Viveiro e colaboradora\u00a0 de prensa. Comentario literario publicado na revista Tempos Novos.<\/font><\/div>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><\/font><\/font><\/font><\/font>\u00a0<\/p>\n<p><\/font><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Literatura Brasileira A mi\u00f1a planta de laranxa lima A editorial coru\u00f1esa Primerapersona tivo o acerto de publicar a versi\u00f3n galega de Meu P\u00e9 de Laranxa Lima, obra mestra do brasileiro Jos\u00e9 Mauro de Vasconcelos (1920-1984), fermosa novela (1969) de denuncia social, na que o protagonista principal \u00e9 un cativi\u00f1o de cinco anos, Zez\u00e9, maltratado pola &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=74\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;Literatura brasileira. A mi\u00f1a planta de laranxa lima&#8230;&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[9],"tags":[],"class_list":["post-74","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-literatura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/74","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=74"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/74\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=74"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=74"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=74"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}