{"id":72,"date":"2007-01-14T22:37:30","date_gmt":"2007-01-14T20:37:30","guid":{"rendered":"http:\/\/www.finaroca.com\/?p=72"},"modified":"2007-01-14T22:37:30","modified_gmt":"2007-01-14T20:37:30","slug":"o-caldo-de-grelos-ou-cimos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=72","title":{"rendered":"O Caldo de Grelos, ou cim\u00f3s"},"content":{"rendered":"<p><font face=\"Times New Roman\"><strong><em><span lang=\"GL\">O Caldo de Cim\u00f3s&#8230;<br \/>\n<\/span><\/em><\/strong><strong><em><span lang=\"GL\">\u00a0<\/span><\/em><\/strong><strong><span lang=\"GL\">Os grelos, ou cim\u00f3s, son a parte m\u00e1is tenra dos nabos<\/span><\/strong><\/font><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">. As nabizas, anque son a mesma especie, son os gromos novos e os grelos a planta xa con flor. <\/font><a href=\"http:\/\/wwwcolineta.blogia.com\/\"><font face=\"Times New Roman\">http:\/\/wwwcolineta.blogia.com<\/font><\/a><font face=\"Times New Roman\">.<br \/>\n<\/font><\/span><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 En Galicia sem\u00e9ntanse os nabos no mes de agosto, logo de face-las mallas, danse tres meses ao ano, de decembro a marzo, anque cos invernadoiros hai grelos todo o ano, incluso no ver\u00e1n. Os chamados queixos dos nabos, frescos, ch\u00e1manse as\u00ed porque alimentan as vacas cos grelos, est\u00e1n riqu\u00edsimos no inverno, son manteigosos e desfanse na boca.<br \/>\n<\/font><\/span><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">Os grelos do val de Monfero te\u00f1en fama de ser os mellores, porque son pouco \u00e1cidos, pero os da Mari\u00f1a Luguesa do val do Landro, os de Galdo e San Pedro, am\u00e9n dos da Ferrer\u00eda e Valadouro, non lle te\u00f1en nada que envexar, e os de Ourense tampouco. Nas estradas rurais \u00e9 costume ve-los grelos rec\u00e9n cortados diante das casas para a s\u00faa comercializaci\u00f3n. Todos son riqu\u00edsimos, pero ollo! Os enfermos de tiroides e coraz\u00f3n, os que toman Sintr\u00f3n, non deben abusar dos grelos, para este tipo de enfermos conv\u00e9n escaldalos e conxelalos antes da s\u00faa preparaci\u00f3n, ou tomar outro tipo de verduras&#8230;<br \/>\n<\/font><\/span><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Os grelos deron lugar a moito tipo de refr\u00e1ns: <<<\/font><strong><font face=\"Times New Roman\">Quen non ten que facer sementa os nabos denantes de amencer.>><br \/>\n<\/font><\/strong><\/span><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Por estes pagos moitas costumes est\u00e1n relacionadas cos cim\u00f3s. As<strong> labregas galegas adoitaban tomar os ba\u00f1os mar\u00edtimos no mes de setembro logo de sementar os nabos<\/strong>. Os ba\u00f1os ti\u00f1an que ser nonos, non pod\u00edan ser menos de sete, nin m\u00e1is de 13, o n\u00ba ideal eran nove e ti\u00f1an que darse durante tres anos seguidos. Estas peculiares ba\u00f1istas recibiron varios nomes: <strong>en Viveiro cham\u00e1banlle Carrachentas, Catalinas na Coru\u00f1a (onde te\u00f1en dedicado un monumento en Riazor), Carolinas en Ferrol, Can\u00f3nigas en Mondo\u00f1edo e Ribadeo, Poubanas en Foz, Monta\u00f1esas en Cedeira e resto do pa\u00eds, tam\u00e9n eran co\u00f1ecidas como as Mantidas<\/strong>, porque cando \u00edan toma-los ba\u00f1os levaban a matanza da casa, os queixos, verzas, patacas etc., para aforra-los cartos da comida. Non hab\u00eda carrachentos porque os homes ficaban na casa coidando dos animais. Os ba\u00f1os eran das mulleres e nenos. As labregas foron as inventoras do caldo galego e as s\u00faas divulgadoras nas cidades, xa que cando \u00edan ba\u00f1arse alugaban as casas con dereito a coci\u00f1a e fac\u00edan o caldo que lles duraba varios d\u00edas, invitando aos pousadeiros e resto de persoal. Hai moitas formas de face-lo caldo, pero non sempre atop\u00e1mo-la verdura axeitada. O m\u00e1is rico \u00e9 o de grelos, no mes de xaneiro abundan no mercado, en Coru\u00f1a, non hai dificultade en consegui-los de Monfero, a un euro cincuenta o quilo, que fan moi bo caldo&#8230;<br \/>\n<\/font><\/span><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/font><strong><font face=\"Times New Roman\">Ingredientes para cinco persoas:<br \/>\n<\/font><\/strong><\/span><font face=\"Times New Roman\"><span lang=\"GL\">a)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><strong><span lang=\"GL\">Carnes: <\/span><\/strong><\/font><font face=\"Times New Roman\"><span lang=\"GL\">un rabo de cocho, un morro, un cacho de touci\u00f1o con febra e outro de costela, un oso de xam\u00f3n curado e outro de cuxa, un cuarto quilo de carne fresca, dous chourizos e 100 gramos de unto, se pode ser de Baralla. Mesturar a carne salgada coa fresca dalle un sabor moi rico ao caldo.<strong> Pero tam\u00e9n se pode facer s\u00f3 cos osos e carne salgada, <\/strong>que hai que po\u00f1er a desalgar 24 horas antes.<br \/>\n<\/span><strong><span lang=\"GL\">b)\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><\/strong><strong><span lang=\"GL\">Cim\u00f3s, fabas e patacas: <\/span><\/strong><\/font><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">dous quilos m\u00ednimo de grelos, mellor que sexan tres, porque a\u00ednda que estean moi frescos, a hora de escollelos e de cocelos se quedan en nada; dous quilos de patacas e un pu\u00f1ado de fabas da casa, \u00e9 dicir, mercalas frescas no ver\u00e1n, que van baratas, debullalas na casa (sacalas fabas da va\u00ed\u00f1a)<strong> <\/strong>e conxelalas para o ano. Pero se non tedes fabas frescas, comprade as pequenas, as do caldo&#8230;<\/font><strong><br \/>\n<\/strong><\/span><font face=\"Times New Roman\"><span lang=\"GL\">c)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><strong><span lang=\"GL\">\u00a0Modo de facelo:<\/span><\/strong><\/font><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\"> m\u00e9tese toda a carne a cocer nunha pota grande, primeiro a fogo forte e logo medio, a medida que se vai consumindo a auga engadirlle m\u00e1is, que cubra a carne sempre. As fabas se son frescas conv\u00e9n facelas aparte ou botalas coas patacas. Unha vez cocida a carne, colar o caldo para outra pota, reservando unha ou d\u00faas cuncas, engadir as fabas frescas e cando leven cinco minutos fervendo engadir as patacas cortadas como se fosen para tortilla e, cando a pataca estea cocida engadir a verdura remex\u00e9ndoa pouco a pouco, tan pronto como empece a ferver de novo, para conservar a cor verde dos grelos, deixalos cinco minutos escasos e apaga-lo lume, deixalos que se refagan sos, sen tocalos e sen tapa-la pota, porque son moi ternos&#8230;<br \/>\n<\/font><\/span><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/font>\u00a0<\/span><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">Hai zonas de Galicia nas que se desfai o unto na tixola e se engade ao caldo, noutras botan no prato do caldo aceite e vinagre. Para acompa\u00f1a-la carne conv\u00e9n cocer unhas patacas no caldo reservado, uns chourizos e unha mada de grelos. Coidado coa auga e as patacas! Nas Baleares e Canarias, se queredes face-lo caldo galego, hai que que conseguir a auga e as patacas galegas, leva-la auga ou mercala en garrafas, porque se non non sabe ben&#8230;<br \/>\n<\/font><\/span><font face=\"Times New Roman\"><strong><span lang=\"GL\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Mi\u00f1a nai sempre di que cando temos escollida e lavada a verdura, o caldo xa est\u00e1 feito, porque a carne c\u00f3cese soa<\/span><\/strong><span lang=\"GL\">. Limpa-los grelos non \u00e9 tarefa f\u00e1cil, porque traen moitas trapalladas e bechos, eu recomendo escolle-la verdura o v\u00e9spera e deixala na neveira sen lavar metida nunha bolsa de pl\u00e1stico; os grelos hai que limpalos folla por folla, tirar as amarelas e picadas, pelar os tallos un por un para non atopar f\u00edos na boca; lavalos en varias augas ata que deixen de botar terra e a cor verde, \u00e9 dicir, ata que a auga salga branca. Logo deixalos escorrer e trochalos sempre coas mans&#8230;\u00a0\u00a0<\/span><\/font><\/p>\n<p><font face=\"Times New Roman\"><span lang=\"GL\">\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 <\/span><\/font><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\">\u00a0Que aproveite! <strong>Fina Roca.\u00a0\u00a0<\/strong><br \/>\n<\/font><\/span><strong><span lang=\"GL\"><font face=\"Times New Roman\" \/><\/span><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Caldo de Cim\u00f3s&#8230; \u00a0Os grelos, ou cim\u00f3s, son a parte m\u00e1is tenra dos nabos. As nabizas, anque son a mesma especie, son os gromos novos e os grelos a planta xa con flor. http:\/\/wwwcolineta.blogia.com. \u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 En Galicia sem\u00e9ntanse os nabos no mes de agosto, logo de face-las mallas, danse tres meses ao ano, de &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=72\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;O Caldo de Grelos, ou cim\u00f3s&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-72","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-recetas-de-fina-roca"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/72","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=72"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/72\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=72"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=72"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=72"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}