{"id":63,"date":"2006-12-15T22:09:15","date_gmt":"2006-12-15T20:09:15","guid":{"rendered":"http:\/\/www.finaroca.com\/?p=63"},"modified":"2006-12-15T22:09:15","modified_gmt":"2006-12-15T20:09:15","slug":"caldeirada-de-rape","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=63","title":{"rendered":"Caldeirada de rape"},"content":{"rendered":"<p><strong>Houbo un tempo en\u00a0que os mari\u00f1eiro galegos, cando pescaban\u00a0rape, cort\u00e1banlle a cabeza e\u00a0tir\u00e1bana ao mar, como os centolos, porque\u00a0que romp\u00edan as redes<\/strong>. En Cedeira, Barqueiro e Viveiro era habitual ver aos mari\u00f1eiros no malec\u00f3n\u00a0descabezando rapes enormes\u00a0rodeados de gaivotas, mulleres e nenos;\u00a0os cativos utilizaban as devanditas cabezas como\u00a0carnada para pescar\u00a0cangrexas coas zarandas, pero tam\u00e9n hab\u00eda quen\u00a0as levaba as\u00a0agachadas para as casas para\u00a0facer caldeiradas, ou salpic\u00f3n&#8230;<\/p>\n<p>Hoxe en d\u00eda se\u00a0comercializan as cabezas do\u00a0rape troceadas a tres euros o quilo, tanto\u00a0nos mercados municipais, como nas grandes superficies. Os osos de rape son\u00a0estupendos para facer un caldo de peixe, ou salpic\u00f3n:\u00a0quitar a carne dos osos, unha vez cocida, e mesturar\u00a0cun par de ovos, cebola picada\u00a0e un pu\u00f1ado de guisantes&#8230;\u00a0<\/p>\n<p><strong>O rape com\u00fan ou branco ten unha boca enorme e\u00a0cara de sapo<\/strong>.\u00a0<strong>\u00c9 moi sabroso,\u00a0rico en f\u00f3sforo e iodo. Se sabemos aproveitalo todo, todi\u00f1o todo, pois\u00a0non vai caro&#8230; <\/strong><\/p>\n<p>Na praza hai\u00a0rapes pequenos, &#8211;<strong>os rapi\u00f1os-<\/strong> a oito euros o quilo, que est\u00e1n riqu\u00edsimos en caldeirada, ou\u00a0\u00e1 prancha&#8230;<\/p>\n<p><strong>Rapi\u00f1os en caldeirada:<\/strong><\/p>\n<p>Hai que comprar un rape dun quilo para dous comensais. Sep\u00e1rade a cabeza do tronco aproveitando ao m\u00e1ximo a cola do peixe, quitarlle-los dentes \u00e1 boca e trocear a cabeza en dous cachos;\u00a0limpar con coidado as entra\u00f1as para\u00a0conservar enteiro\u00a0o f\u00edgado do rape, que ten un color laranxa\u00a0parecido ao dos mexill\u00f3ns\u00a0(esta tarefa vola fai a pescadeira\/o), quit\u00e1rlle-la pel exterior\u00a0das colas, que queden brancas, pero deixarlle\u00a0a teli\u00f1a negra do interior, non lla quitedes nunca. Unha vez limpo e troceado, adobalo con allo, sal e perixel, non m\u00e1is de\u00a0media hora&#8230;<\/p>\n<p><strong>Modo de Facelo:<\/strong> no fondo dunha tarteira ampla\u00a0po\u00f1ede unha capa de\u00a0patacas cortadas en rodaxas gordas, outra de cebola, pimento roxo e tomate fresco, tam\u00e9n en rodaxas, cubrir todo, en crudo, con aceite de oliva e caldo de peixe (s\u00f3 cubrir). Po\u00f1er\u00a0ao lume r\u00e1pido ata que ferva dez minutos aproximadamente, -depende da calidade das patacas-, logo po\u00f1er as colas dos rapi\u00f1os enriba do mexunxe e\u00a0un pu\u00f1ado de ch\u00edcharos da casa (guisantes), tapar a pota, deixar que levante o ferver de novo, menear a tarteira para esparexa-los sabores,\u00a0e cando estea listo engadirlle un sofrito\u00a0de allo e piment\u00f3n doce: no momento de servir espolvorear todo con pirixel picado.<\/p>\n<p><strong>Que facer coas cabezas do rape<\/strong>?\u00a0Antes de face-la caldeirada\u00a0hai que\u00a0cocer as cabezas\u00a0cunha cebola grande, d\u00faas follas de loureiro, un puerro, unha zanahoria\u00a0e mailos\u00a0f\u00edgados do peixe, e un bo chorro de aceite de oliva virxe. Cando estea todo cocido separade os trozos brancos de peixe\u00a0dos osos e reservar, colar o caldo, pasar polo chino a zanahoria, cebola e\u00a0puerro; mesturar todos os elementos co caldo e\u00a0azafr\u00e1n en rama.\u00a0Levar de novo ao lume, provar de sal e cando estea ao gusto de cadaqu\u00e9n, engadir os figadi\u00f1os do rape machacados cun tenedor.\u00a0Xa veredes que caldo de peixe tan rico! Podedes botarlle gambas peladas, berberechos, mexil\u00f3ns, taqui\u00f1os de xam\u00f3n, ou as socorridas verduras troceadas, cando non uns picatostes&#8230;\u00a0\u00a0<\/p>\n<p>Antes de face-la fum\u00e9 hai que reservar un baso de\u00a0caldo para a caldeirada&#8230;\u00a0<\/p>\n<p>Que aproveite! Que non se diga, que non comemos rape porque \u00e9 moi caro, non tal&#8230;\u00a0<\/p>\n<p>Espa\u00f1a \u00e9 o\u00a0segundo pa\u00eds do mundo en consumo de peixe por habitante, logo de Xap\u00f3n, claro! <strong>Fina Roca<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Houbo un tempo en\u00a0que os mari\u00f1eiro galegos, cando pescaban\u00a0rape, cort\u00e1banlle a cabeza e\u00a0tir\u00e1bana ao mar, como os centolos, porque\u00a0que romp\u00edan as redes. En Cedeira, Barqueiro e Viveiro era habitual ver aos mari\u00f1eiros no malec\u00f3n\u00a0descabezando rapes enormes\u00a0rodeados de gaivotas, mulleres e nenos;\u00a0os cativos utilizaban as devanditas cabezas como\u00a0carnada para pescar\u00a0cangrexas coas zarandas, pero tam\u00e9n hab\u00eda quen\u00a0as &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=63\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;Caldeirada de rape&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-63","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-recetas-de-fina-roca"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/63","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=63"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/63\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=63"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=63"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=63"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}