{"id":516,"date":"2007-07-06T12:31:58","date_gmt":"2007-07-06T10:31:58","guid":{"rendered":"http:\/\/www.finaroca.com\/?p=516"},"modified":"2007-07-06T12:31:58","modified_gmt":"2007-07-06T10:31:58","slug":"pon-unha-oposicion-na-tua-vida","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=516","title":{"rendered":"Pon unha oposici\u00f3n na t\u00faa vida&#8230;"},"content":{"rendered":"<p>Os mal chamados profesores &#8216;non universitarios&#8217; est\u00e1n a examinarse para conseguir unha praza de mestre de Infantil e Primaria, ou de Secundaria&#8230;<\/p>\n<p>E digo &#8216;mal chamados non universitarios&#8217;, porque todos\/as pasaron pola universidade, cando non te\u00f1en un doutorado ou tropecentos m\u00e1sters. Claro que, para ser profe de Infantil, Primaria e Secundaria,\u00a0non basta con ter tropecentos t\u00edtulos, hai que ter vocaci\u00f3n de ensinante, xa que alumnos e\u00a0xuntas directivas nomeadas a dedo poden acabar coa paciencia de calquera.\u00a0Non son os m\u00e1is preparados, -quen ten dominio de\u00a0aula e vocaci\u00f3n- os que acceden ao ensino p\u00fablico, sen\u00f3n quen m\u00e1is enchufes ten.\u00a0 A\u00a0preparaci\u00f3n acad\u00e9mica depende dos\u00a0cartos e\u00a0ata os m\u00e1is burros poden adquirir t\u00edtulos. Na privada, c\u00f3mpranse as prazas, dependendo do centro, constitu\u00eddo en cooperativa, pero subvencionado polo Estado, unha praza de profe est\u00e1 nos tres quilos m\u00ednimo&#8230;<\/p>\n<p>Antes os ricos invert\u00edan nos bancos para empregar aos fillos &#8216;tontos&#8217;, aos\u00a0que non val\u00edan\u00a0para estudiar, e \u00e1s fillas busc\u00e1banlles un marido con posibles. Agora inverten en Pol\u00edtica (subvencionando partidos) ou en\u00a0Educaci\u00f3n, pag\u00e1ndolles\u00a0m\u00e1sters e cursos no estranxeiro a esgalla, baremables,\u00a0para facelos funcionarios docentes, cando non valen para o Senado&#8230;<\/p>\n<p>Vocaci\u00f3ns docentes\u00a0hai poucas! Xunta,\u00a0tribunais e sindicatos\u00a0seguen a exercer o corporativismo i enchufismo. Dende que as oposici\u00f3ns son auton\u00f3micas, quen m\u00e1is quen menos, ten un parente nun tribunal, ou catro paisanos da s\u00faa parroquia. Quen ten padri\u00f1os s\u00e1lvase, quen non os ten, ten que ser o n\u00famero un en todo&#8230;<\/p>\n<p>Das 18.000 persoas que aspiran a unha praza\u00a0das 3.125 ofertadas pola Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n da Xunta de Galiza, o 60% son interinos\/as. Entraron pola porta de atr\u00e1s, present\u00e1ndose a unha oposici\u00f3n e suspend\u00e9ndoa. Das listas de suspensos, que non sempre son transparentes, e corren cando non deben, saen os futuros profes\u00a0substitutos e interinos.\u00a0Os interinos, para ga\u00f1a-la oposici\u00f3n, s\u00f3 te\u00f1en que\u00a0presentar e defender unha programaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Pois ben! 500 interinos da presente convocatoria\u00a0foron exclu\u00eddos das oposici\u00f3ns por non axustarse a dereito a programaci\u00f3n presentada, segundo\u00a0\u00e1s normas da Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n.<\/p>\n<p>E van e montan en c\u00f3lera, non s\u00f3\u00a0os exclu\u00eddos, sen\u00f3n os Sindicatos&#8230;<\/p>\n<p>Manda truco na Habana! Non se explica que os Sindicatos do Ensino armen a Marimorena a favor dos exclu\u00eddos en contra\u00a0dos tribunais docentes, que por primeira vez fan o que deben: axustarse a normativa vixente. De seguro que te\u00f1en alg\u00fan fillo entre os exclu\u00eddos, cando non son eles mesmos, os sindicalistas, os que quedaron f\u00f3ra do sistema&#8230;<\/p>\n<p>Est\u00e1n exclu\u00eddos e punto! Que cada quen presente o seu propio\u00a0recurso. Non \u00e9 de recibo que a Conseller\u00eda ve\u00f1a de garantirlles o posto de traballo para o pr\u00f3ximo ano aos 500 exclu\u00eddos por facer mal a programaci\u00f3n, para evitar o co\u00f1azo dos sindicatos&#8230;<\/p>\n<p>Os opositores restantes, os non exclu\u00eddos, non te\u00f1en quen os defenda.\u00a0Deben loitar por esas 500 prazas a maiores, recorrendo, incluso, aos tribunais de xustiza,\u00a0porque, ao non\u00a0estar exclu\u00eddos, suponse que fixeron as cousas ben, pero van suspender por falta de prazas&#8230;<\/p>\n<p>500 prazas m\u00e1is non \u00e9 moco de pavo&#8230;<\/p>\n<p>M\u00e1is ainda, os opositores non presentados, no caso de que lle dean a raz\u00f3n\u00a0\u00e1 totalidade dos\u00a0exclu\u00eddos, deben reivindicar o seu dereito a permeanecer nas listas de contrataci\u00f3n por agravio comparativo e favoritismo manifesto&#8230;<\/p>\n<p>Vamos! Non ten sentido que, as mulleres embarazadas, a piques de dar a luz, aspirantes a unha praza na rama sanitaria,\u00a0non tiveran ningunha prevenda\u00a0\u00e1 hora de examinarse, pero\u00a0queren favorecer\u00a0a 500 interinos, que fixeron mal a programaci\u00f3n. Se o requisito indispensable para optar\u00a0\u00e1s devanditas prazas era facer unha programaci\u00f3n e fix\u00e9ronna mal, pois a outra cousa: \u00e1s colas do desempleo, por exemplo!\u00a0Como o resto de galegos e galegas que traballan na Hosteler\u00eda ou construcci\u00f3n, malia ter carreiras universitarias&#8230;<\/p>\n<p>\u00a0Basta xa de favoritismos! En Galicia, coma sempre, quen ten padri\u00f1os s\u00e1lvase e quen non os ten, vaise ao carallo&#8230;<\/p>\n<p>Para confirmar o que digo, abonda con observa-la lista dos futuros\u00a0aprobados, ou interinos. Quen m\u00e1is, quen menos, os\/as profes, te\u00f1en un fillo\/a examin\u00e1ndose, e son os profes os que forman parte dos tribunais. Nun mesmo IES pode haber catro ou m\u00e1is membros dos tribunais. Todos nos co\u00f1ecemos&#8230;\u00a0<\/p>\n<p>As\u00ed funciona:<\/p>\n<p>-Eu vou de vocal, ou presidenta,\u00a0a Matem\u00e1tica, pero ti vas a Lingua, onde est\u00e1 matriculado o meu fillo,\u00a0ti apr\u00f3bao, ou dalle boa nota para que quede nas listas de contrataci\u00f3n. Eu farei o mesmo pola t\u00faa sobri\u00f1a&#8230;<\/p>\n<p>Como funcionan as listas?<\/p>\n<p>As\u00ed:<\/p>\n<p>-Sintoo, pero pasou o seu turno, cans\u00e1monos de chamalo e mandarlle comunicados sen que vosteda nos\u00a0respondera.<\/p>\n<p>-Nunca nada recib\u00edn!\u00a0<\/p>\n<p>Coas listas hai que esta ao loro, non \u00e9 o mesmo facer unha substituci\u00f3n de seis meses que de quince d\u00edas. Todo depende do controlador de turno, de como corren sen que os &#8216;sen padri\u00f1os&#8217; se decaten.<\/p>\n<p><strong>No<\/strong> <strong>Ensino, como nas notar\u00edas, o corporativismo existe co visto bo dos Sindicatos desclasados&#8230;<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u00a0Fina Roca<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os mal chamados profesores &#8216;non universitarios&#8217; est\u00e1n a examinarse para conseguir unha praza de mestre de Infantil e Primaria, ou de Secundaria&#8230; E digo &#8216;mal chamados non universitarios&#8217;, porque todos\/as pasaron pola universidade, cando non te\u00f1en un doutorado ou tropecentos m\u00e1sters. Claro que, para ser profe de Infantil, Primaria e Secundaria,\u00a0non basta con ter tropecentos &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=516\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;Pon unha oposici\u00f3n na t\u00faa vida&#8230;&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[6],"tags":[],"class_list":["post-516","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-educacion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/516","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=516"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/516\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=516"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=516"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=516"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}