{"id":45,"date":"2006-09-16T22:55:27","date_gmt":"2006-09-16T20:55:27","guid":{"rendered":"http:\/\/www.finaroca.com\/?p=45"},"modified":"2006-09-16T22:55:27","modified_gmt":"2006-09-16T20:55:27","slug":"atun-vermello-e-bonito-do-norte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=45","title":{"rendered":"At\u00fan vermello e Bonito do Norte"},"content":{"rendered":"<p>WWF\/Adena ven de presentar no Comit\u00e9 de Pesca do Parlamento Europeo os datos da campa\u00f1a pesqueira de 2006, facendo fincap\u00e9 nas actividades ilegais que est\u00e1n a acabar de maneira alarmante cos caladeiros de &#8216;at\u00fan rojo&#8217; no Mediterr\u00e1neo; non s\u00f3 pola sobrepesca, sen\u00f3n tam\u00e9n pola proliferaci\u00f3n de granxas mari\u00f1as, que est\u00e1n a ocupar tantos ou m\u00e1is espacios naturais ca enerx\u00eda e\u00f3lica, para satisfacer os gustos culinarios dos estadounidenses e nip\u00f3ns, que lle dan \u00f3 sushi e sashimi coma os borrachos \u00f3 vi\u00f1o pele\u00f3n&#8230;<\/p>\n<p>\u00d3 parecer, certos &#8216;granxeiros pisc\u00edcolas&#8217; de Croacia, Malta, Espa\u00f1a e Turqu\u00eda, capturan de forma ilegal centos de miles de crias de at\u00fan en liberdade para crialas nos criadeiros artificiais, en grandes tanques de auga, ceb\u00e1ndoas en cautividade coas modernas t\u00e9cnicas da acuicultura informatizada, como se fosen os cap\u00f3ns de Vilalba, para a s\u00faa posterior comercializaci\u00f3n en fresco i enlatado&#8230;<\/p>\n<p>Grazas \u00e1s t\u00e9cnica de engorde, multipl\u00edcase por 15.000 toneladas anuais a producci\u00f3n de at\u00fan en cautividade, descendendo en 22.000 a producci\u00f3n do peixe en liberdade. Vamos! Como os rodaballos, robalizas ou troitas, que desapareceron do mapa, debido os recheos das r\u00edas e r\u00edos, para facer urbanizaci\u00f3ns, pero que se venden a esgalla nos hipermercados a prezos desorbitados, malia que saben \u00f3 penso das piscifactor\u00edas&#8230;<\/p>\n<p>Namentres Adena insta \u00e1 Comisi\u00f3n Europea para protexe-lo at\u00fan do Mediterr\u00e1neo, en Galiza, o Bonito do Norte, que nada lle ten que envexar en sabor \u00f3 at\u00fan vermello, ten prezos de risa (entre tres e catro euros quilo): o bonito vai m\u00e1is barato co polvo e, incluso, cas sardi\u00f1as e chicharros, ata que cheguen as granxas de engorde a San Cibr\u00e1n. Claro!<\/p>\n<p>Bonitos e atunes son curm\u00e1ns! Despl\u00e1zanse en grupos, son gregarios e necesitan nadar continuamente recorrendo grandes espacios abertos porque carecen de vexiga natatoria. Capturalos en estado salvaxe para cebalos en granxas acu\u00edferas \u00e9 contra natura! Que barbaridade! De a\u00ed a importancia da denuncia de Adena ante a UE, (http:\/\/www.wwf.es) que segue sen reaccionar ante as xustas reclamaci\u00f3ns dos cient\u00edficos, ecoloxistas e pescadores. A situaci\u00f3n \u00e9 dura de roer! Se desaparece o at\u00fan vermello debido \u00f3 saqueo constante dos criadeiros e da pesca industrial, a culpa \u00e9 dos gobernos correspondentes&#8230;<\/p>\n<p>A costeira do bonito \u00e9 unha das mellores cousas que temos por estes pagos, os barcos galegos utilizan artes de pesca tradicionais garantindo as\u00ed a calidade e frescura deste pez tan singular, sabroso e &#8216;lindo&#8217;&#8230; Unha ventresca de bonito \u00e1 prancha sabe a Deus! Como vai barato hai que consumilo en fresco, ou mercalo para a s\u00faa conservaci\u00f3n, cocido, conxelado ou precocinado&#8230;<\/p>\n<p>Para ter bonito fresco perante o inverno (o bonito s\u00f3 se captura nos meses de ver\u00e1n) abonda con cocer os toros m\u00e1is grandes en auga con sal, unha cebola enteira e unha folla de laurel seco. Unha vez cocido, en fr\u00edo, qu\u00edtanselle as espi\u00f1as e pel met\u00e9ndoo en frascos de cristal de boca ancha, cortado en cachos e cubr\u00edndoo con aceite puro de oliva: para facer un bo salpic\u00f3n (bonito+cebola picada+guisantes ali\u00f1ados con aceite e vinagre) unha ensalada ou en salsa de tomate non hai cousa mellor que o bonito cocido en f\u00e1brica ou na casa. Conxelado non debe de estar m\u00e1is de tres meses porque se oxida e non sabe ben&#8230;<\/p>\n<p>Na costa luguesa nunca falta o bonito en roio para conmemora-las festas de agosto. Da choio facelo, pero paga a pena mercar un bonito de cinco o seis quilos para facer este esquisito prato: desmigalla-lo bonito en fresco sen que leve ningunha espi\u00f1a e ad\u00f3balo con allo, sal e pirixel, engadirlle un pimento roxo e outro verde, non moi grandes, e un trozo de touci\u00f1o con febra: todo moi ben picadi\u00f1o (a cebola vai a gusto do consumidor). Mesturar e amasar cun par de ovos frescos e un pouco de pan raiado, ou miga de pan, para que ligue a masa. Facer os roios, como se fosen croquetas moi grandes, pas\u00e1ndoos primeiro pola fari\u00f1a, logo polo ovo e pan raiado. Fritilos en abundante aceite de oliva, escurrilos e deixalos enfriar mentres facedes a salsa. Para facer a salsa: cocer as espi\u00f1as do bonito e maila cabeza en auga con sal, unha cebola e zanahorias. Reservar e colar: se trata de facer un abundante caldo limpo de peixe: unha fum\u00e9! Sofreir na tixola unha cebola grande, un tomate e un pimento en tiras, engadirlle unha pizca de piment\u00f3n doce e un chorro de vinagre. Mesturar esta salsa coa fume e cubri-los roios de bonito nunha tarteira grande. Po\u00f1er \u00f3 lume, primeiro forte e logo lento ata que o bonito se faga por dentro. Cando empece a ferver engadirlle un bo chorro de vi\u00f1o branco do Ribeiro. Para saber se est\u00e1 feito abonda con probar un cacho de bonito. S\u00e9rvese en rodaxas cuberto coa salsa tamizada e pirixel picado acompa\u00f1ado de patacas cocidas. Que non falte a ensalada de leituga, cebola e tomates!<\/p>\n<p>Os roios, unha vez fritos, poden conxelarse e face-la salsa en calquera outra ocasi\u00f3n, ou conxelar aparte a devandita salsa. Recomendo facelo por etapas para non cansarse! Pola tarde facede os roios e maila fum\u00e9, e \u00f3 d\u00eda seguinte o resto. Que aproveite! Fina Roca.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>WWF\/Adena ven de presentar no Comit\u00e9 de Pesca do Parlamento Europeo os datos da campa\u00f1a pesqueira de 2006, facendo fincap\u00e9 nas actividades ilegais que est\u00e1n a acabar de maneira alarmante cos caladeiros de &#8216;at\u00fan rojo&#8217; no Mediterr\u00e1neo; non s\u00f3 pola sobrepesca, sen\u00f3n tam\u00e9n pola proliferaci\u00f3n de granxas mari\u00f1as, que est\u00e1n a ocupar tantos ou m\u00e1is &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=45\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;At\u00fan vermello e Bonito do Norte&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[7],"tags":[],"class_list":["post-45","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-recetas-de-fina-roca"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/45","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=45"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/45\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=45"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=45"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=45"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}