{"id":340,"date":"2007-05-18T14:47:02","date_gmt":"2007-05-18T12:47:02","guid":{"rendered":"http:\/\/www.finaroca.com\/?p=340"},"modified":"2007-05-18T14:47:02","modified_gmt":"2007-05-18T12:47:02","slug":"dia-das-letras-galegas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=340","title":{"rendered":"D\u00eda das letras galegas&#8230;"},"content":{"rendered":"<p>Paso o 17 de Maio,\u00a0d\u00eda das Letras Galegas,\u00a0en Viveiro, escoitando unha orquestra na Fonte Nova, que interpretaba boleiros en castel\u00e1n,\u00a0anque\u00a0tam\u00e9n interpretou a\u00a0<strong>Negra Sombra <\/strong>en galego. Pareceume pouco apropiado o dos\u00a0&#8216;bailables en lingua castel\u00e1&#8217;. Cabe subli\u00f1ar que, os nacionalistas con representaci\u00f3n municipal, estaban presentes e aplaud\u00edan a rabechar. Para min que a &#8216;orquestina&#8217; tomoulle o pelo ao concello. Dir\u00edase que eran do PP preconciliar.\u00a0A \u00e1mbolos dous lados da praza hab\u00eda dos tenderetes de libros, en galego, que pouco ou nada vend\u00edan&#8230;<\/p>\n<p>Mal anda quen lle dedica un s\u00f3 d\u00eda a Cultura!\u00a0As\u00ed non vamos a ningures. O galego ten pouco porvir como non volvan a popularizalo&#8230;<\/p>\n<p>En vista de que non hab\u00eda moito que celebrar na vila, encami\u00f1ei as mi\u00f1as pegadas ao paseo do r\u00edo Landro, popularizado polo pr\u00edncipe do romanticismo, <strong>Nicomedes Pastor D\u00edaz<\/strong>. Que maravilla! Senteime na ribeira a ler o libro de <strong>Fran Alonso, <em>A vida secreta de Mar\u00eda Mari\u00f1o<\/em><\/strong><em>, Ed.Xerais,<\/em> da que, confeso, nada sab\u00eda ata que a homenaxeron este ano. Na represa, preto do Pozo de Piago, no medio da natureza do val de Landrove, lin o libro dunha tacada, ten unha lectura agradable e f\u00e1cil.\u00a0O tempo era bo e a paisaxe extraordinaria ata que a n\u00e9boa por facer a pu\u00f1eta\u00a0apoderouse do solpor.<\/p>\n<p>A N\u00e9boa a onde non chega manda recado!<\/p>\n<p>Curiosamente estaba a ler estes versos de Mar\u00eda Mari\u00f1o cando me tiven que erguer e abrigar: <strong>Quen eres- preguntareiche- quen eres?\/ Son a n\u00e9boa que anda soia, sen o sol\/ que quenta as queixas dos cami\u00f1os&#8230;\u00a0 (&#8230;)\u00a0 Tiven medo de vogar\/tiven medo da auga crara. \/Anque fora cunsn bos remos\/anque fora na mar calma\/ non vogaba!\/ Non vogaba&#8230;\u00a0 <\/strong><\/p>\n<p>Paga a pena ler a obra desta poeta amiga de Ux\u00edo Novoneyra. <strong>Fina Roca<\/strong>.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Paso o 17 de Maio,\u00a0d\u00eda das Letras Galegas,\u00a0en Viveiro, escoitando unha orquestra na Fonte Nova, que interpretaba boleiros en castel\u00e1n,\u00a0anque\u00a0tam\u00e9n interpretou a\u00a0Negra Sombra en galego. Pareceume pouco apropiado o dos\u00a0&#8216;bailables en lingua castel\u00e1&#8217;. Cabe subli\u00f1ar que, os nacionalistas con representaci\u00f3n municipal, estaban presentes e aplaud\u00edan a rabechar. Para min que a &#8216;orquestina&#8217; tomoulle o pelo &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=340\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;D\u00eda das letras galegas&#8230;&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-340","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-clasificar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/340","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=340"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/340\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=340"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=340"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=340"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}