{"id":2332,"date":"2026-02-10T21:06:46","date_gmt":"2026-02-10T21:06:46","guid":{"rendered":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2332"},"modified":"2026-02-14T22:05:47","modified_gmt":"2026-02-14T22:05:47","slug":"lostregos-de-orballo-poemario-de-fina-roca-desenado-por-carolina-nunez-roca-editado-e-publicado-por-brit-es-magazine","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2332","title":{"rendered":"L\u00f3stregos de orballo Poemario de Fina Roca, dese\u00f1ado por Carolina N\u00fa\u00f1ez Roca. Editado e publicado por Brit Es MAGAZINE"},"content":{"rendered":"<p>Presentaci\u00f3n<strong> do Poemario L\u00f3stregos de orballo de Fina Roca, en Ferrol, por Siro L\u00f3pez Lorenzo. O d\u00eda 6 de xaneiro de 2026 no Ateneo Ferrol\u00e1n.\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2322\" rel=\"attachment wp-att-2322\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-2322 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0052-300x169.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0052-300x169.jpg 300w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0052-1024x576.jpg 1024w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0052-768x432.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0052-1536x864.jpg 1536w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0052.jpg 1777w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Boas tardes.<\/strong><br \/>\n<strong>Fina Roca<\/strong>, a dama a quen acompa\u00f1o hoxe neste escenario, \u00e9 unha poeta ferrol\u00e1 autora de varios libros; un recente, precioso de contido e de forma porque est\u00e1 dese\u00f1ado pola filla Carolina N\u00fa\u00f1ez Roca, que disto sabe canto c\u00f3mpre saber e m\u00e1is. O libro \u00e9 un poemario titulado L\u00f3stregos de orballo e Fina, por raz\u00f3n de amizade e por sermos ferrol\u00e1ns os dous, quixo que hoxe llo presentase eu no Ateneo. Foi unha mala elecci\u00f3n porque a mi\u00f1a formaci\u00f3n en Arte po\u00e9tica non est\u00e1 \u00e1 altura que a obra merece. <strong>O meu <\/strong><strong>primeiro contacto coa poes\u00eda foi a que tiven con catro e cinco anos na Noite <\/strong><strong>das Pepitas ao memorizar as letras que cantaban as rondallas:<\/strong><br \/>\n<em>Cuando duermen las flores<\/em><br \/>\n<em>en sus bellos pensiles<\/em><br \/>\n<em>y los blancos luceros<\/em><br \/>\n<em>comienzan a rutilar (\u2026)<\/em><br \/>\n<strong>Ou esta outra:<\/strong><br \/>\n<em>Por tus bellos encantos,<\/em><br \/>\n<em>Pepita hermosa,<\/em><br \/>\n<em>del jard\u00edn de mis sue\u00f1os<\/em><br \/>\n<em>t\u00fa eres la rosa.<\/em><br \/>\n<strong>Outra m\u00e1is:<\/strong><br \/>\n<em>Pepita bella y gentil,<\/em><br \/>\n<em>yo te amo con frenes\u00ed<\/em>\u2026<\/p>\n<p>A m\u00fasica tapaba todo como tapan o pement\u00f3n os chourizos malos e as especies os malos callos. Sempre pensei que aqueles letristas poder\u00edan facer mellores estrofas pero que se esforzaban en manter a cursiler\u00eda como un valor propio da noite m\u00e1xica ferrol\u00e1, e probablemente era as\u00ed. A mi\u00f1a relaci\u00f3n coa poes\u00eda mellorou cando nos primeiros anos do bacharelato descubr\u00edn a Rub\u00e9n Dar\u00edo cont\u00e1ndolle un conto a Margarita:<br \/>\n<em>Margarita est\u00e1 linda la mar,<\/em><br \/>\n<em>y el viento,<\/em><br \/>\n<em>lleva esencia sutil de azahar;<\/em><br \/>\n<em>yo siento<\/em><br \/>\n<em>en el alma una alondra cantar;<\/em><br \/>\n<em>tu acento:<\/em><br \/>\n<em>Margarita, te voy a contar<\/em><br \/>\n<em>un cuento.<\/em><\/p>\n<p>Con dez anos l\u00eda estes versos e non sab\u00eda que pensar, que sentir nin que dicir. O poeta parec\u00edame un fun\u00e1mbulo dos circos dando brincos nun aramio que se mov\u00eda dun lado a outro ameaz\u00e1ndoo con l\u00e1nzalo como un lote. Pero tam\u00e9n con dez anos lin nos mesmos libros a Manuel Machado, eloxiando ao Cid, e pareceume o forzudo do circo que coll\u00eda cos dentes o cinto dunha rapaza e levant\u00e1baa no ar. Eu l\u00eda:<br \/>\n<em>El ciego sol se estrella<\/em><br \/>\n<em>en las duras aristas de las armas,<\/em><br \/>\n<em>llaga de luz los petos y espaldares<\/em><br \/>\n<em>y flamea en las puntas de las lanzas.<\/em><br \/>\n<em>El ciego sol, la sed y la fatiga<\/em><br \/>\n<em>por la terrible estepa castellana,<\/em><br \/>\n<em>al destierro, con doce de los suyos<\/em><br \/>\n<em>-polvo, sudor y hierro- el Cid cabalga.<\/em><\/p>\n<p>Mil veces que o l\u00eda, mil veces que un arrep\u00edo me percorr\u00eda o lombo. De maneira, querida Fina, que algunha sensibilidade te\u00f1o e leigo de todo, de todo, en materia po\u00e9tica non son e sei que hai poes\u00eda e poes\u00eda e poetas e poetas. E como n<strong>a mi\u00f1a casa cantabamos a Rosal\u00eda e a Curros<\/strong>, tam\u00e9n aprend\u00edn en galego algunhas das creaci\u00f3ns supremas da poes\u00eda universal. Certo que andando o tempo devorei e dixer\u00edn a obra de poetazos como <strong>Ux\u00edo Novoneira, Salvador Garc\u00eda-Boda\u00f1o, Luz Pozo, Xoana Torres, Celso <\/strong><strong>Emilio, Ramiro Fonte, Eva Veiga, Ferr\u00edn&#8230;<\/strong> Certo que ata fun tan ousado como para prologar un precioso poemario da ferrol\u00e1 Rosa Mar\u00eda Milleiro e presentar outro da inesquecible Fusa Guill\u00e9n, morta moi nova, demasiado nova. Certo que nos \u00faltimos anos do franquismo a mi\u00f1a relaci\u00f3n cos poetas amigos era moi intensa e que intensa era tam\u00e9n con poetas alleos que sent\u00eda cerc\u00e1ns, como Neruda e C\u00e9sar Vallejo. Xuntab\u00e1monos na mi\u00f1a casa de Villa Soledad varios matrimonios amigos e despois de cear escoitabamos a unha parella de rapsodas extraordinarios. El, anunciaba cunha fermosa voz de baixo: . E qued\u00e1bamos quedos, alentando a pouqui\u00f1os. E o rapsoda arrincaba:<\/p>\n<p><em>&lt;Desventurado, ni el fuego ni el vinagre caliente\/en un nido de brujas volc\u00e1nicas,\/ ni el hielo devorante,\/ ni la tortuga p\u00fatrida\/ que ladrando y llorando con voz de mujer muerta, te escarbe la barriga,\/buscando una sortija nupcial y un juguete de ni\u00f1o degollado,\/ser\u00e1n para ti una puerta oscura, arrasada&gt;.<\/em><\/p>\n<p>E n\u00f3s sen pestanexar. Remataba el, e empezaba ela cunha voz arxentina,<br \/>\ndoce, preciosa:<br \/>\n<em>Ni\u00f1os del mundo,<\/em><br \/>\n<em>si cae Espa\u00f1a -digo, es un decir-<\/em><br \/>\n<em>si cae<\/em><br \/>\n<em>del cielo abajo su antebrazo (\u2026)<\/em><\/p>\n<p><strong>Que? Que pasar\u00eda se caese Espa\u00f1a baixo a rebeli\u00f3n fascista?<\/strong><br \/>\nAquela muller dic\u00edallo aos nenos po\u00e9ticamente e con voz tr\u00e9mula:<em>Ni\u00f1os, \u00a1qu\u00e9 edad la de las sienes c\u00f3ncavas!<\/em><br \/>\n<em>\u00a1qu\u00e9 temprano en el sol lo que os dec\u00eda!<\/em><br \/>\n<em>\u00a1qu\u00e9 pronto en vuestro pecho el ruido anciano!<\/em><br \/>\n<em>\u00a1qu\u00e9 viejo vuestro 2 en el cuaderno!<\/em><\/p>\n<p>E a\u00ed, cando dic\u00eda o verso: <em>&lt;\u00a1Qu\u00e9 viejo vuestro 2 en el cuaderno!<\/em>&gt;, a min<br \/>\nench\u00edanseme os ollos de b\u00e1goas e Chente carraspeaba.<br \/>\nVerdade que tam\u00e9n a ti, Fina, te conmove a galanura do verso;<em> &lt;\u00a1qu\u00e9 viejo vuestro 2 en el cuaderno!&gt;.<\/em> \u00c9 a maxia da poes\u00eda. Si, todo \u00e9 certo. Zote de todo non son, pero<strong> este libro tan ben concebido, tan ben estruturado, tan ben dese\u00f1ado e tan ben editado merec\u00eda o mellor presentador, o que m\u00e1is sabe de poes\u00eda no mundo: o poeta ferrol\u00e1n Miguel Carlos Vidal, de 99 anos<\/strong>, creador con Tom\u00e1s Barros e Mario Couceiro da prestixiosa revista Aturuxo, editada nesta cidade de 1952 a 1960. Ese deber\u00eda ser o presentador do teu libro, Fina. O que ti, a t\u00faa filla e o voso libro merecedes. El far\u00eda virguer\u00edas. Eu farei o que poida. Falo de Miguel Carlos Vidal porque, certamente,<strong> \u00e9 quen m\u00e1is sabe de poes\u00eda no mundo<\/strong> e porque recentemente, coa presentaci\u00f3n da revista Ferrol An\u00e1lisis, recibiu unha homenaxe do Club de Prensa, \u00e1 que non puiden asistir, pero s\u00famome a ela aqu\u00ed e agora.<\/p>\n<p>Vou ao libro e empezo reparando no texto<strong>: &lt;&lt;Entre pregos, fotos e <\/strong><strong>Lembranzas&gt;&gt;<\/strong>, de introduci\u00f3n ao poemario porque nel hai unha declaraci\u00f3ns de intenci\u00f3ns da poeta: <strong>&lt;&lt;deixar aflorar os sentimentos e emoci\u00f3ns nun <\/strong><strong>mundo cada vez m\u00e1is deshumanizado e globalizado no que o gran capital <\/strong><strong>manda&gt;&gt;.<\/strong> E det\u00e9\u00f1ome en d\u00faas opini\u00f3ns de <strong>Xaime Oroza Carballo<\/strong>, oprologuista, que comparto totalmente: <em>&lt;&lt;L\u00f3stregos de orballo \u00e9 un conxunto de cincuenta poemas ensarillados, de alto valor po\u00e9tico, cunha voz moi persoal. \u00c9 Fina Roca dende o comezo ao remate, requintando a voz, sublimando o canto, abrindo o esp\u00edrito. Ata os m\u00e1is curtos te\u00f1en forza para soster o alento e deter o tempo co seu latexo de beleza&gt;&gt;. E m\u00e1is adiante: &lt;&lt;Fina escribe poes\u00eda como alenta, e deixa no ar a beleza do latexo da palabra, tinguindo de cor a n\u00e9boa da existencia coa s\u00faa voz&gt;&gt;. <\/em>Est\u00e1 moi ben, pero por que fai poes\u00eda Fina Roca? Polo mesmo que o fan todos os poetas de verdade: para ofreceren e compartiren o seu canto. Un poeta cantor que co\u00f1ec\u00edn pouco e admirei moito \u2013o arxentino Horacio Guaran\u00ed- dic\u00eda nunha canci\u00f3n: <em>&lt;Si se calla el cantor, calla la vida\/ porque la <\/em><em>vida, la vida misma, es todo un canto.\/ Si se calla el cantor mueren de <\/em><em>espanto\/ la esperanza, la luz y la alegr\u00eda&gt;<\/em><span style=\"font-size: 1rem;\">. Horacio Guaran\u00ed era un cantor e poeta popular, con problemas na disposici\u00f3n das comas e nas concordancias, pero a min emocionoume como poucos.<\/span><\/p>\n<p>E neses poucos est\u00e1 Fina Roca. Ela, que co\u00f1ece os seus poemas como a fillos, distribu\u00ednos en alcobas por grupos: unha para os l\u00f3stregos abstractos, outra para os sensitivos, outra m\u00e1is para os reflexivos, e a \u00faltima para os insens\u00edbeis. Iso est\u00e1 moi ben para quen queira facer unha an\u00e1lise profunda da s\u00faa poes\u00eda, pero a min a \u00fanica diferenciaci\u00f3n que me interesa \u00e9 a dos poemas que me chegan e non me chegan. E pr\u00e1ceme dicir que me chegan os m\u00e1is deles desde todas as alcobas.<br \/>\n<strong>Leo:<\/strong><br \/>\n<em>Dime, alma, raz\u00f3n et\u00e9rea da mi\u00f1a existencia,<\/em><br \/>\n<em>que entelequia, divina ou humana,<\/em><br \/>\n<em>pode apropiarse do meu esp\u00edrito soberano?<\/em><\/p>\n<p><strong>E m\u00e1is adiante:<\/strong><br \/>\n<em>Alma, altiva e vaidosa\/ <\/em><em>verxel de fracasos doridos\/,<\/em><br \/>\n<em>por que me humillas coas t\u00faas ansias perdur\u00e1beis<\/em><br \/>\n<em>de salvaci\u00f3n eterna?<\/em><\/p>\n<p><strong>Estes non son versos feitos con palabras buscadas no dicionario nin coa <\/strong><strong>Intelixencia Artificial. Son versos que te\u00f1en a fondura filos\u00f3fica dos <\/strong><strong>mellores aforismos e a maxia dos grandes acertos po\u00e9ticos<\/strong> como ese &lt;qu\u00e9 viejo vuestro 2 en el cuaderno&gt;, que levo comigo como unidade de medida po\u00e9tica sempre. Fina Roca fala das bolboretas e ch\u00e1malles: &lt;radiante luz dos sentimentos&gt;. \u00c9 un acerto, un grande acerto. As bolboretas son a luz da mi\u00f1a infancia na costa do Campo de Batall\u00f3ns, onde o secadoiro de peles do matadoiro. Eu medrei entre centos, milleiros, de bolboretas brancas, amarelas, azuis, violetas, de moitas e esplendorosas cores, que os nenos chamabamos &lt;reis&gt;\u00a0 e outras m\u00e1is pequenas e menos fermosas, que chamabamos ra\u00ed\u00f1as. Cando anos despois lin o <em>Merl\u00edn e familia<\/em> de Cunqueiro, pensei que o mundo que o mago mostraba aos nenos da Terra de Miranda a trav\u00e9s das pompas de xabr\u00f3n era o meu mundo entre as bolboretas da costa no Campo de Batall\u00f3ns.<\/p>\n<p>Alg\u00fans versos de Fina Roca te\u00f1en un punto de humor que os converte en agudos aforismos, dignos de Bergam\u00edn e Juan Ram\u00f3n Jim\u00e9nez, mestres do x\u00e9nero. Enc\u00e1ntame este: &lt; <em>O libre albedr\u00edo fux\u00edu de min\/ para evistarme molestias<\/em>&gt;. Par\u00e9ceme sublime. E este outro: <em>&lt;Os so\u00f1os af\u00e1stanse de min\/ e non te\u00f1o inimigos a quen botar a culpa&gt;.<\/em> <strong>Esta muller pensa, pensa tanto <\/strong><strong>que \u00e1s veces ten maniotas no pensamento<\/strong>. C\u00f3ntao nun verso. Te\u00f1o que rematar e f\u00e1goo cunha dobre observaci\u00f3n: engai\u00f3lame a poes\u00eda amorosa de Fina Roca. Apr\u00e9ixanme os versos en que expresa o desexo, a necesidade, de ser amada alma a alma e pel a pel : &lt;<em>Nisto e noutro,\/ que non podo explicar,\/ invadiume o desexo irreprim\u00edbel\/ de querer ser amada\/\/ sen redimirme de nada\/ de sentir a sensaci\u00f3n de gloria<\/em><em>&gt;<\/em>. E arrep\u00edanme pero apr\u00e9ixanme tam\u00e9n os versos de denuncia da violencia machista: &lt; <em>Tentache cambiar a mi\u00f1a vida sen consultarme\/ manipulaches a mi\u00f1a propia percepci\u00f3n da realidade,\/ para controlarme, asustarme, humilarme e illarme<\/em>&gt;. E de s\u00fapeto, no medio do poema, este verso terrible: &lt; <strong><em>Que che fixen para odiarme tanto<\/em><\/strong>&gt;.<\/p>\n<p>Versos terr\u00edbeis todos son os do poema Violaci\u00f3n: <em>&lt;Non chegaches \u00e1 floraci\u00f3n&#8230;\/ Anxo meu,,,&gt;.<\/em><\/p>\n<p>Non leo m\u00e1is.<\/p>\n<p><strong>O prologuista Xaime Oroza Carballo di que Fina \u00e9 unha voz orixinal na <\/strong><strong>poes\u00eda galega. Iso \u00e9 dif\u00edcil, \u00e9 o dif\u00edcil, o m\u00e1is dif\u00edcil; pero ela cons\u00edgueo e <\/strong><strong>danos a clave<\/strong>: &lt;<em>Peneiro a\u00a0 luz das palabras\/ nun mui\u00f1o de mareas literaias<\/em>&gt;. Diso se trata: non de peneirar as palabras \u2013iso fac\u00e9molo todos-, sen\u00f3n de peneirar a luz das palabras para quedar coa propia luz. E esa luz &#8211; a s\u00faa luz- est\u00e1 en versos que son s\u00f3 raiolas de luz e versos que proxectan sombra, \u00e1s veces negra sombra. Versos breves, case silentes, e versos soltos e libres como andori\u00f1as que voan e &lt;&lt;zurrichan, zurrichan, zurrichan e zurrichan&gt;&gt;. Eu calo e non zurricho m\u00e1is. D\u00e9ixovos coa poeta Fina Roca.\u00a0 <strong>Siro L\u00f3pez Lorenzo<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2318\" rel=\"attachment wp-att-2318\">\u00a0<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-2318 alignright\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0071-202x300.jpg\" alt=\"\" width=\"197\" height=\"293\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0071-202x300.jpg 202w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0071-689x1024.jpg 689w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0071-768x1142.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0071-1033x1536.jpg 1033w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0071.jpg 1126w\" sizes=\"auto, (max-width: 197px) 100vw, 197px\" \/><\/a>\u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 \u00a0 <a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2324\" rel=\"attachment wp-att-2324\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-2324\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0010-1-169x300.jpg\" alt=\"\" width=\"169\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0010-1-169x300.jpg 169w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0010-1-577x1024.jpg 577w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0010-1-768x1364.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0010-1-865x1536.jpg 865w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0010-1.jpg 1126w\" sizes=\"auto, (max-width: 169px) 100vw, 169px\" \/> <\/a><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2360\" rel=\"attachment wp-att-2360\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-2360\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0018-1-300x169.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0018-1-300x169.jpg 300w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0018-1-1024x577.jpg 1024w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0018-1-768x432.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0018-1-1536x865.jpg 1536w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0018-1.jpg 2000w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/> <\/a><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2356\" rel=\"attachment wp-att-2356\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-2356 aligncenter\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0079-300x169.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0079-300x169.jpg 300w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0079-1024x577.jpg 1024w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0079-768x432.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0079-1536x865.jpg 1536w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0079.jpg 2000w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2357\" rel=\"attachment wp-att-2357\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-2357\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0027-169x300.jpg\" alt=\"\" width=\"169\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0027-169x300.jpg 169w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0027-577x1024.jpg 577w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0027-768x1364.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0027-865x1536.jpg 865w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0027.jpg 1126w\" sizes=\"auto, (max-width: 169px) 100vw, 169px\" \/>\u00a0<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2362\" rel=\"attachment wp-att-2362\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-2362\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0013-300x169.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"169\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0013-300x169.jpg 300w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0013-1024x577.jpg 1024w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0013-768x432.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0013-1536x865.jpg 1536w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/IMG-20260206-WA0013.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Presentaci\u00f3n do Poemario L\u00f3stregos de orballo de Fina Roca, en Ferrol, por Siro L\u00f3pez Lorenzo. O d\u00eda 6 de xaneiro de 2026 no Ateneo Ferrol\u00e1n.\u00a0 &nbsp; Boas tardes. Fina Roca, a dama a quen acompa\u00f1o hoxe neste escenario, \u00e9 unha poeta ferrol\u00e1 autora de varios libros; un recente, precioso de contido e de forma porque &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2332\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;L\u00f3stregos de orballo Poemario de Fina Roca, dese\u00f1ado por Carolina N\u00fa\u00f1ez Roca. Editado e publicado por Brit Es MAGAZINE&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[9,1],"tags":[41],"class_list":["post-2332","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-literatura","category-sen-clasificar","tag-poesia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2332","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2332"}],"version-history":[{"count":15,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2332\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2383,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2332\/revisions\/2383"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2332"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2332"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2332"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}