{"id":2249,"date":"2024-12-03T22:47:30","date_gmt":"2024-12-03T22:47:30","guid":{"rendered":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2249"},"modified":"2024-12-03T22:48:31","modified_gmt":"2024-12-03T22:48:31","slug":"mercados-de-abastos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2249","title":{"rendered":"Mercados de Abastos"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: center;\"><strong>Mercados de abastos<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><strong>Como habitual usuaria dos mercados municipais, cando viaxo, g\u00fastame visitar os zocos e prazas de abastos dos lugares <\/strong><strong>nos que me atopo, deix\u00e1ndome guiar polos sentidos da vista, olfacto e gusto,<\/strong> porque detr\u00e1s de cada mercado non so hai os mellores produtos alimenticios frescos, sen\u00f3n tam\u00e9n as grandes historias. Comparo prezos, sabores e aprendo<br \/>\nnomes noutras linguas. \u00c1s veces at\u00f3pome con especies que nunca antes vin e outras res\u00faltanme tan co\u00f1ecidas como as<br \/>\nsardi\u00f1as, que son un alimento b\u00e1sico en case t\u00f3dolos pa\u00edses costeiros do mundo e prep\u00e1ranse do mesmo xeito \u2014\u00e1<br \/>\ngrella, fritas, rebozadas, recheas, escabechadas, cocidas, en conserva, prensadas&#8230;\u2014 Apenas se diferencian no sabor<br \/>\nnin no nome: sardinhas (portugu\u00e9s), sardines (franc\u00e9s e ingl\u00e9s), sardelas (italiano), sard\u00e9llas (grego), sardalyas (turco),<br \/>\nsamak alsard\u00edn (\u00e1rabe)&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">As Prazas de Abastos son moi antigas, por\u00e9n, xeneral\u00edzanse no s\u00e9culo XIX nos centros urbanos por raz\u00f3ns hixi\u00e9nicas en edificios cubertos, a mi\u00fado hist\u00f3ricos, para poder abastecer as novas cidades industriais. <strong>Hoxe case t\u00f3dalas prazas das cidades galegas e do resto do mundo son importantes paradas tur\u00edsticas, lugares de encontro, de intercambios culturais e ocio; te\u00f1en servizo a domicilio, venta online e, incluso, cibermercados de excedentes alimenticios. Son un referente hist\u00f3rico dos lugares nos que se atopan: se os mercados van ben, os Concellos tam\u00e9n van ben. Se van mal, a decadencia municipal est\u00e1 servida.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Tal \u00e9 o caso da Praza de Abastos de Viveiro constru\u00edda hai 100 anos (1924\/25) onde antes hab\u00eda un Alfol\u00ed do sal , entre<br \/>\nas r\u00faas Ra\u00ed\u00f1a Mercedes (actual Pedro Farto), Benito Galcer\u00e1n e Avenida Cervantes; foi presupostada en 120.000 pesetas<br \/>\nsendo alcalde Xes\u00fas Franco (Heraldo de Viveiro 25\/10\/2024). Tr\u00e1tase dun edificio moderno dunha soa planta rectangular,<br \/>\ncon tellado a d\u00faas augas, front\u00f3n triangular, pintado de azul e branco, coma o P\u00f3sito, de altas fiestras cegas, contras de<br \/>\nferro forxado a xogo coas portas, similar aos pequenos mercados de ferro que se estenden polo Cant\u00e1brico. Outrora<br \/>\nhab\u00eda moita actividade dentro e f\u00f3ra da praza, onde se vend\u00eda todo tipo de produtos. No interior da praza hab\u00eda postos pechados para as carnicer\u00edas e corridos para as peixer\u00edas. As<br \/>\npescantinas utilizaban b\u00e1sculas de pesos de ferro e latas de marmelo para gardar os cartos.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">En Viveiro hab\u00eda unha pequena lonxa pegada \u00e1 praza pola r\u00faa Benito Galcer\u00e1n, onde hoxe gardan os contedores de<br \/>\nlixo, na que s\u00f3 pesaban o peixe e daban os tiques, xa que puxar, puxaban f\u00f3ra; tal \u00e9 o caso de No\u00edta e Xos\u00e9, o ingl\u00e9s,<br \/>\nque rulaban na r\u00faa a viva voz. As pescantinas mercaban e vend\u00edan o peixe al\u00ed mesmo ou mand\u00e1bano para Lugo. As<br \/>\ndatas de m\u00e1is volume de vendas foron nas d\u00e9cadas dos 60\/70 e principios dos 80, mesmo hab\u00eda alg\u00fan que outro<br \/>\narmador de Celeiro que vend\u00eda na Confrar\u00eda de Viveiro, en especial congros e raias. <strong>Antes de facer os impresentables<\/strong><br \/>\n<strong>recheos da r\u00eda de Viveiro, os barcos madeireiros e os de pesca da baixura atracaban no peirao: hoxe ser\u00eda imposible<\/strong><br \/>\n<strong>porque non hai calado suficiente.<\/strong> A praia de Covas era tan rica en bivalvos, que met\u00edas a man na area mollada e<br \/>\nsacabas unha boa presa de navallas ou berberechos. Os berberechos coll\u00edanse libremente, pes\u00e1banos e pag\u00e1banos<br \/>\nnun almac\u00e9n que hab\u00eda fronte da praza ao outro lado da estrada e met\u00edanos nos cami\u00f3ns: Dem\u00f3filo era un dos que<br \/>\nm\u00e1is marisco transportaba, pero tam\u00e9n as da Guisa de Viveiro e a Chavinesa, que segundo consta o cartel que ten no<br \/>\nposto da peixer\u00eda empezou contra o ano 1935.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><strong>Esta praza estivo a piques de desaparecer&#8230;<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Na d\u00e9cada dos noventa o Concello anunciou con grande alarde<br \/>\npublicitario, que \u00edan facer unha praza nova no recheo da marisma, entre o casino novo e a estaci\u00f3n de autobuses<br \/>\n(Acta da S.O. do 09\/11\/1992), pero era m\u00e1is rendible facer un Centro Comercial privado: o Mega Claudio, inaugurado<br \/>\npor Manuel Fraga (15\/12\/1994) sendo alcalde de Viveiro C\u00e9sar Aja, que sete anos despois (3\/04\/2001) ser\u00e1 o H\u00edper<br \/>\nHaley do grupo Gadisa e Gadis Hiper desde o 2012 ata agora. Dous d\u00edas antes da inauguraci\u00f3n do Claudio, segundo<br \/>\nconsta nunha placa no interior do mercado, abren a praza ao p\u00fablico (13\/12\/1994); mentres durou a remodelaci\u00f3n<br \/>\nestivo nas casetas de metal da Feira do Libro, preto do asilo.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><strong>Esta praza foi sempre un referente hist\u00f3rico para a<\/strong><br \/>\n<strong>compra diaria de peixe e marisco da lonxa, carne de criadores locais \u2014que o te\u00f1en duro dende que precintaron e<\/strong><br \/>\n<strong>desmantelaron o matadoiro comarcal de Viveiro\u2014, embutidos, hortalizas e panader\u00edas tradicionais, como a de<\/strong><br \/>\n<strong>Patricia \u00c1lvarez de M\u00e1is que Pan,<\/strong> que tivo que pechar tras 18 anos de actividade por non atopar xente para traballar<br \/>\nno obradoiro familiar do pol\u00edgono de Camba (Xove): \u00abNon hai quen queira traballar de panadeiro\/a, e menos de noite.<br \/>\nNon \u00e9 cuesti\u00f3n de cartos, \u00e9 un oficio moi duro! O obradoiro segue pechado en excelente estado de conservaci\u00f3n. Non<br \/>\nfoi f\u00e1cil pechar algo que funcionaba tan ben por falta de persoal, as vendas na praza cuadriplic\u00e1banse no ver\u00e1n\u00bb.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">Dende a remodelaci\u00f3n do ano 1994 pouco ou nada fixeron pola conservaci\u00f3n da Praza de Abastos que d\u00e1 m\u00e1goa vela<br \/>\ncon case todos os postos pechados e o chan sempre mollado. Os postos que pecharon non volveron abrir porque o<br \/>\nConcello non volveu convocar as puxas necesarias&#8230;<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\"><strong>Ata o mes de agosto do ano en curso hab\u00eda catro postos abertos ao p\u00fablico: tres peixer\u00edas \u2014As Chavinesas, Ramona das Monxas e D\u00edaz Arnejo\u2014 e a tendi\u00f1a de Lore coas s\u00faas<\/strong><br \/>\n<strong>delicatessen de Galicia e Asturias.<\/strong> A \u00faltima froitar\u00eda pechou no mes de xullo, Lore tivo que facelo o 31 de agosto pola ca\u00edda do \u00edndice de ventas tralo abandono do mercado e o peche dos postos tradicionais, en especial a panadar\u00eda de Patricia, que daba moita vida \u00e1 praza. <strong>Resisten as pescantinas, que non s\u00f3<\/strong><br \/>\n<strong>ofrecen unha gran calidade nos peixes e mariscos frescos,<\/strong><br \/>\n<strong>sen\u00f3n tam\u00e9n un magn\u00edfico trato personalizado<\/strong>. Ramona<br \/>\nRamil, filla de Xos\u00e9 O Ingl\u00e9s e Mari Carmen a Monxa, v\u00e9n<br \/>\nde coller a xubilaci\u00f3n tras 25 anos ao p\u00e9 do can\u00f3n sen<br \/>\nperder o sorriso: deixa ao seu fillo Xos\u00e9 (cuarta xeraci\u00f3n)<br \/>\nna peixar\u00eda, quen co\u00f1ece ben o oficio, xa que tivo as mellores mestras: bisavoa, avoa e nai. O Concello leva meses<br \/>\nanunciando que vai rehabilita-la praza! Por\u00e9n, o mal xa est\u00e1 feito e oxal\u00e1 non sexa irreparable! Os postos que<br \/>\npecharon nunca volveron abrir e moitos\/as das habituais clientas cambiaron a praza polas grandes superficies<br \/>\ncomerciais onde te\u00f1en de todo. <strong>Canto pechan, acaba<\/strong><br \/>\n<strong>mal: derrubaron o casino vello e o novo deix\u00e1rono caer,<\/strong><br \/>\n<strong>tiraron o matadoiro vello e o novo est\u00e1 en ru\u00ednas,<\/strong><br \/>\n<strong>pecharon o bar do parque e non o volveron abrir,<\/strong><br \/>\n<strong>desfixeron os xard\u00edns e non volveron a facelos, cortaron<\/strong><br \/>\n<strong>arbores senlleiras, e non volveron plantar, pecharon<\/strong><br \/>\n<strong>Viveiro ao mar e non volveron abrilo&#8230;<\/strong> A cidade ten<br \/>\noutro mercado de alimentaci\u00f3n ao aire libre: o do xoves<br \/>\nna praza Pastor D\u00edaz. Un luxo para os sentidos, no que os<br \/>\nlabregos\/as dos arredores ofrecen produtos frescos de<br \/>\ntemporada de gran calidade sen necesidade de<br \/>\nintermediarios. Funciona ben, pero xa funcionou mellor!<br \/>\nNon deber\u00edan cambialo tan a mi\u00fado de sitio porque corr\u00e9mo-lo risco de que a venda tradicional desapareza en<br \/>\nbeneficio dos cami\u00f3ns de venta ambulante, cando se celebra no paseo mar\u00edtimo hai menos vendedoras das s\u00faas casas<br \/>\nque na praza. Ten m\u00e1is dun s\u00e9culo, e ao longo da historia conviviu coas festas patronais ata que cambiaron a Pastor<br \/>\nD\u00edaz de sitio, para ver mellor a Mostra Folcl\u00f3rica&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<figure id=\"attachment_2252\" aria-describedby=\"caption-attachment-2252\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2252\" rel=\"attachment wp-att-2252\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-2252\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1958-otono-Barrio-Pescaderia.-4-300x189.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"189\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2252\" class=\"wp-caption-text\">Foto do arquivo de Foto Carlos.<\/figcaption><\/figure>\n<figure id=\"attachment_2253\" aria-describedby=\"caption-attachment-2253\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2253\" rel=\"attachment wp-att-2253\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-2253\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1960-Decada-Reproduccion-Discurso-Avda.Cervantes.-2-300x212.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"212\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1960-Decada-Reproduccion-Discurso-Avda.Cervantes.-2-300x212.jpg 300w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1960-Decada-Reproduccion-Discurso-Avda.Cervantes.-2-1024x723.jpg 1024w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1960-Decada-Reproduccion-Discurso-Avda.Cervantes.-2-768x542.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1960-Decada-Reproduccion-Discurso-Avda.Cervantes.-2-1536x1085.jpg 1536w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1960-Decada-Reproduccion-Discurso-Avda.Cervantes.-2-2048x1446.jpg 2048w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2253\" class=\"wp-caption-text\">A esquerda da foto do arquivo de Foto Carlos o alfol\u00ed do sal onde se construiu \u00e1 actual praza de Abastos de Viveiro.<\/figcaption><\/figure>\n<p><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2256\" rel=\"attachment wp-att-2256\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-2256\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-5-Prepa.venta-Marisco-194x300.jpg\" alt=\"\" width=\"194\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-5-Prepa.venta-Marisco-194x300.jpg 194w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-5-Prepa.venta-Marisco-663x1024.jpg 663w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-5-Prepa.venta-Marisco-768x1186.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-5-Prepa.venta-Marisco-994x1536.jpg 994w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-5-Prepa.venta-Marisco.jpg 1032w\" sizes=\"auto, (max-width: 194px) 100vw, 194px\" \/>Cargando os berberechos no cami\u00f3n.<\/a><\/p>\n<figure id=\"attachment_2255\" aria-describedby=\"caption-attachment-2255\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2255\" rel=\"attachment wp-att-2255\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-2255\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-1-Pescantinas-Plaza-Vivero.-2-300x194.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"194\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-1-Pescantinas-Plaza-Vivero.-2-300x194.jpg 300w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-1-Pescantinas-Plaza-Vivero.-2-1024x664.jpg 1024w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-1-Pescantinas-Plaza-Vivero.-2-768x498.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-1-Pescantinas-Plaza-Vivero.-2-1536x996.jpg 1536w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1963-1-Pescantinas-Plaza-Vivero.-2.jpg 1674w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2255\" class=\"wp-caption-text\">Pura da Chupitina e Marianela vendendo agullas. A caixa do peixe co nome das pescantinas. Foto Carlos 1961<\/figcaption><\/figure>\n<figure id=\"attachment_2254\" aria-describedby=\"caption-attachment-2254\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2254\" rel=\"attachment wp-att-2254\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-2254\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1961-pescantinas-300x198.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"198\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1961-pescantinas-300x198.jpg 300w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1961-pescantinas-1024x674.jpg 1024w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1961-pescantinas-768x506.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1961-pescantinas-1536x1011.jpg 1536w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1961-pescantinas.jpg 1692w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2254\" class=\"wp-caption-text\">vendendo e mercando chicharros. Marianela, Carmen da Taragalla, Blanca da Chiruleta, Lolita da Guisa e Carmen Fustes, Foto Carlos1963<\/figcaption><\/figure>\n<figure id=\"attachment_2257\" aria-describedby=\"caption-attachment-2257\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?attachment_id=2257\" rel=\"attachment wp-att-2257\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"size-medium wp-image-2257\" src=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1970-pesca-Cillero.-9-300x198.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"198\" srcset=\"https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1970-pesca-Cillero.-9-300x198.jpg 300w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1970-pesca-Cillero.-9-1024x675.jpg 1024w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1970-pesca-Cillero.-9-768x506.jpg 768w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1970-pesca-Cillero.-9-1536x1012.jpg 1536w, https:\/\/www.finaroca.com\/wp-content\/uploads\/2024\/12\/Carlos-1970-pesca-Cillero.-9.jpg 1674w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-2257\" class=\"wp-caption-text\">Rulando diante da praza, pesando os berberechos. O municipal \u00e9 Xos\u00e9 do Pirixel (Rev\u00f3lveres)<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: left;\"><strong>Dedicado \u00e1s tres peixer\u00edas de Viveiro que resisten<\/strong><br \/>\n<strong>no Mercado, en especial a Ramona das Monxas pola s\u00faa merecida xubilaci\u00f3n. Fina Roca D\u00edaz\u00a0 Reportaxe publicada no Heraldo de Viveiro o 29\/11\/2024<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mercados de abastos Como habitual usuaria dos mercados municipais, cando viaxo, g\u00fastame visitar os zocos e prazas de abastos dos lugares nos que me atopo, deix\u00e1ndome guiar polos sentidos da vista, olfacto e gusto, porque detr\u00e1s de cada mercado non so hai os mellores produtos alimenticios frescos, sen\u00f3n tam\u00e9n as grandes historias. Comparo prezos, sabores &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2249\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;Mercados de Abastos&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":2257,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[40],"tags":[],"class_list":["post-2249","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-prazas-de-abastos"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2249","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2249"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2249\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2268,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2249\/revisions\/2268"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/2257"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2249"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2249"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2249"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}