{"id":2246,"date":"2023-12-07T16:11:07","date_gmt":"2023-12-07T16:11:07","guid":{"rendered":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2246"},"modified":"2023-12-07T16:13:14","modified_gmt":"2023-12-07T16:13:14","slug":"artigo-de-fina-roca-publicado-no-heraldo-07-12-2023-sobre-as-consecuencias-do-urbanismo-salvaxe-no-litoral-e-nas-praias-de-viveiro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2246","title":{"rendered":"Artigo de Fina Roca publicado no Heraldo (07\/12\/2023) sobre as consecuencias do urbanismo salvaxe no Litoral e nas Praias de Viveiro."},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><u>As praias de Celeiro e Viveiro<\/u><\/strong><\/p>\n<p>Dic\u00edame Rolindes, nunha entrevista publicada no Heraldo (30\/09\/1994), que os concesionarios do varadoiro co visto bo do Concello, Costas e Portos, intentaron acabar coa pouca praia que lles quedaba en Celeiro, para facer un xard\u00edn cunha pasarela de cemento, por\u00e9n as mulleres non llo permitiron: <em>&lt;&lt;manifest\u00e1monos coas crianzas na praia ata que desistiron. Mira ti! Un xard\u00edn na praia?! En que cabeza cabe? Nin que f\u00f3semos parvas e non soub\u00e9semos que quer\u00edan ampliar o varadoiro&#8230;&gt;&gt;<\/em> <strong>Rolindes Ba\u00f1o Louzao<\/strong> (1934-2021) \u2014mari\u00f1eira titulada, que durante tres d\u00e9cadas dedicouse \u00e1 pesca artesanal de baixura, \u00fanica armadora de Celeiro, memoria viva do sector pesqueiro europeo\u2014 loitaba polo areal urbano e do\u00edase da perda das praias de <strong>Lavandeiras, Espi\u00f1eira, Golpes, Covas<\/strong>&#8230;<\/p>\n<p>En Celeiro levan m\u00e1is de cincuenta anos pelexando cun varadoiro invasivo, instalado no medio da praia, a menos de quince metros das casas. Ten unha concesi\u00f3n Portuaria (17\/09\/1968) que vence dentro de catro anos (15\/12\/2027) cuxa solicitude de pr\u00f3rroga est\u00e1 sometida a informaci\u00f3n p\u00fablica (17\/08\/2021). Daquela os barcos eran de madeira, ti\u00f1an pouca tonelaxe e pint\u00e1banse a man, pero agora son de aceiro, pesan 500 toneladas e contaminan m\u00e1is que cando os carpinteiros de ribeira se encargaban da reparaci\u00f3n e mantemento dos barcos de pesca, e necesitan m\u00e1is espazo. Os varadoiros\/estaleiros est\u00e1n sometidos \u00e1 Normativa de Resgos Laborais, Sa\u00fade e Medio Ambiente, \u00e9 dicir, que te\u00f1en que facer un control rigoroso, fiable e constante da contaminaci\u00f3n ac\u00fastica, emulsi\u00f3n de part\u00edculas nocivas e sistema de recollida de augas para evitar vertidos ao mar. A contaminaci\u00f3n visual \u00e9 evidente&#8230;<\/p>\n<p>Nisto das concesi\u00f3ns, quen ten padri\u00f1os s\u00e1lvase e quen non os ten, non! Na <strong>Casa-Barro de Viveiro<\/strong> \u2014por po\u00f1er alg\u00fan exemplo de concesi\u00f3ns anuladas\u2014 os inquilinos, propietarios, empresarios e empregados foron desaloxados (2002) en tres d\u00edas, sen ter resoltos t\u00f3dolos recursos e sen dereito a ning\u00fan tipo de indemnizaci\u00f3n, vivenda ou negocio alternativos. Derru\u00edda no 2003, malia ser o \u00faltimo exemplo da arquitectura racionalista de tipo barco de Galiza, se cadra de Espa\u00f1a. Mandada constru\u00edr (1930) por <strong>Jos\u00e9 Barro Gonz\u00e1lez<\/strong> (1873-1943), que foi quen de fabricar en Chav\u00edn o primeiro autom\u00f3bil galego, entre outras moitas cousas&#8230;<\/p>\n<p>Os cruces de acusaci\u00f3ns, a falta de entendemento entre os partidos pol\u00edticos do Concello, Portos, Xunta de Galicia e construtores sen escr\u00fapulos acabaron coas praias. Na d\u00e9cada dos setenta para facer a estrada de Viveiro a Celeiro pola costa \u2014en lugar de arranxar a que xa exist\u00eda polo Pirixel (LU-102) \u2014sacrificaron a dos <strong>Golpes<\/strong> (raposos) \u00a0e a de <strong>Lavandeiras <\/strong>que non estorbaba ao trazado, pero hab\u00eda que recheala e rache\u00e1rona.<\/p>\n<p>En Celeiro morreron (mataron) as praias e a que queda est\u00e1<strong><em> okupada<\/em><\/strong> por unha empresa privada&#8230; Se as de Celeiro morreron, as urbanas de Viveiro est\u00e1n feridas de\u00a0 morte: <strong>Sacido<\/strong> situada ao p\u00e9 dun acantilado est\u00e1 pechada aos usuarios (2019), non polos fen\u00f3menos meteorol\u00f3xicos, como proclaman alg\u00fans interesados, sen\u00f3n m\u00e1is ben pola <strong>construci\u00f3ns dun paseo mar\u00edtimo dende a desembocadura do r\u00edo Loiba ata Sacido<\/strong> <strong>e dun complexo hoteleiro de 30.000 m\u00b2<\/strong> <strong>valados<\/strong> <strong>situado na parte m\u00e1is alta do acantilado cunhas vistas panor\u00e1micas espl\u00e9ndidas<\/strong>. A execuci\u00f3n das obras nun terreo de elevada pendente alteraron un h\u00e1bitat t\u00edpico das costas atl\u00e1nticas e b\u00e1lticas coa s\u00faa frondosa vexetaci\u00f3n e \u00e1rbores aut\u00f3ctonas. Tanto remexido de terras, desmontes, formig\u00f3n, incendios intencionados e talas salvaxes, produciron a erosi\u00f3n dos cant\u00eds cos consabidos derrubes. Menos mal que, de momento, paralizaron a II fase do paseo mar\u00edtimo dende Sacido ao miradoiro da Silvarosa, porque as consecuencias medioambientais ser\u00edan desastrosas.<\/p>\n<p><strong>A cala m\u00e1is linda de Viveiro est\u00e1 pechada ao p\u00fablico dende hai cinco anos, a de Seiramar \u00e9 unha pedreira e a praia de Covas est\u00e1 ferida de morte<\/strong> dende que ampliaron o espig\u00f3n de Celeiro (1983), que cambiou a din\u00e1mica das mareas e, non contentos con este, constru\u00edron outro en Viveiro de 850 metros\u00b2 (1986) para canalizar o r\u00edo Landro, cuxa canle chegaba maxestosa ata Celeiro. Na praia de Lavandeiras constru\u00edron unha piscina cuberta, un campo de f\u00fatbol e outro da festa, na dos Golpes unha Depuradora; na de Viveiro, entre outras moitas barbaridades, fixeron un campo de rugby no Cembedo e no navallal un xeri\u00e1trico xestionado pola empresa privada <strong>Domus VI que forma parte dun holding con capital voitre franc\u00e9s e ingl\u00e9s, cuxa empresa matriz est\u00e1 demandada polo alto \u00edndice de mortes nas s\u00faas residencias durante a pandemia.<\/strong><\/p>\n<p>O Concello de Viveiro, presidido por <strong>Melchor Roel<\/strong> (RIP), negociou (2007) con <strong>Sogaserso<\/strong> \u2014Sociedade galega de Servizos sociais impulsada por Anxo Quintana (2006) durante o bipartito\u2014 a construci\u00f3n dunha residencia de maiores nun terreo de propiedade municipal na que t\u00f3dalas prazas ser\u00edan p\u00fablicas (<em>La Voz de Galicia<\/em> 24\/11\/2007). Trala vitoria de N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o (2009), a Xunta despr\u00e9ndese do 45% das acci\u00f3ns a favor de <strong>Geriatros<\/strong> de Caixanova \u2014que participaba coa Caixa de Galicia co 55% restante.\u2014 A fusi\u00f3n das Caixas galegas de aforros (2010), impulsada tam\u00e9n por Feij\u00f3o, formaron un novo banco (NovaCaixaGalicia) que acabou cos seus directivos no c\u00e1rcere e vendido a prezo de saldo. A partir do 2014 a nova marca das caixas galegas pasa a ser A\/Banca e a de Geriatros (2017) <strong>Domus VI<\/strong>. O xeri\u00e1trico da domus viveirense est\u00e1 asentado nun terreo de titularidade municipal. Ollo! Que como non\u00a0 espabilen no Concello, transcorridos 30 anos da concesi\u00f3n, poder\u00e1n mercar o mellor solar de Covas a prezo de saldo&#8230;<\/p>\n<p><strong>Celeiro ben merece unha praia e Viveiro recuperar as que ten feridas de morte. Fina Roca.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; As praias de Celeiro e Viveiro Dic\u00edame Rolindes, nunha entrevista publicada no Heraldo (30\/09\/1994), que os concesionarios do varadoiro co visto bo do Concello, Costas e Portos, intentaron acabar coa pouca praia que lles quedaba en Celeiro, para facer un xard\u00edn cunha pasarela de cemento, por\u00e9n as mulleres non llo permitiron: &lt;&lt;manifest\u00e1monos coas crianzas &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2246\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;Artigo de Fina Roca publicado no Heraldo (07\/12\/2023) sobre as consecuencias do urbanismo salvaxe no Litoral e nas Praias de Viveiro.&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[35],"tags":[],"class_list":["post-2246","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-artigos-de-opinion"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2246","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2246"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2246\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2248,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2246\/revisions\/2248"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2246"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2246"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2246"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}