{"id":2212,"date":"2022-08-19T21:11:02","date_gmt":"2022-08-19T21:11:02","guid":{"rendered":"http:\/\/www.finaroca.com\/?p=2212"},"modified":"2022-08-19T21:11:02","modified_gmt":"2022-08-19T21:11:02","slug":"xoguetes-para-nenos-cegos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2212","title":{"rendered":"Xoguetes para nenos cegos"},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong><em><u>Xoguetes para nenos cegos <\/u><\/em><\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: center;\"><strong><em>(Luz Darriba)<\/em><\/strong><\/p>\n<p><em>Xoguetes para nenos cegos<\/em> \u00e9 unha novela curta narrada en primeira persoa por Xos\u00e9, un home xa maior, que rememora os tempos vividos da posguerra na s\u00faa aldea natal. <strong>Luz Darriba<\/strong> <strong>Magad\u00e1n<\/strong> escribiuna en galego no ano 2014, nun momento moi duro da s\u00faa vida, de desesperaci\u00f3n, segundo conta: \u00abA mi\u00f1a nai estaba agonizando en Bos Aires e eu estaba en A Coru\u00f1a sen poder estar a s\u00faa beira.\u2026\u00bb Foi publicada en castel\u00e1n no 2016 (Ed. Tandaia) e en galego no 2021 (Ed. Belagua). Ten un interesante e acertado limiar da escritora <strong>Helena Villar Janeiro<\/strong>.<\/p>\n<p>A novela narra a historia de dous rapaci\u00f1os dende os dez anos ata que son adultos: <strong>Xan<\/strong> \u00e9 un neno cego de nacemento, rico de m\u00e1is, que vive no ostentoso e amurallado pazo dos Pena Moura, na casa m\u00e1is grande e rica do lugar.<strong> Xos\u00e9<\/strong> \u00e9 vidente pero moi pobre, que malvive nun chamizo con tres adultos ?os seus pais e a t\u00eda Pepa?, d\u00faas vacas e unhas poucas gali\u00f1as. A s\u00faa casa \u00e9 tan pobre e triste, que ten as portas pechadas \u00e1 esperanza. Xan \u00e9 fillo dun militar con mando, que pertence \u00e1 cara triunfante da guerra fratricida, a do bando dos ga\u00f1adores: a s\u00faa familia xa era rica antes da guerra e pos\u00faa moitos bras\u00f3ns. O pai de Xos\u00e9 \u00e9 do bando oposto, pertence \u00e1 \u00faltima escala social, a dos perdedores pobres, era un home moi triste, que disparaba palabras como dardos, cando estaba borracho, e que xa renunciara a todo, incluso, ao seu propio fillo. O neno rico medra entre algod\u00f3ns pero sen o agarimo dos seus pais, que est\u00e1n sempre viaxando, mentres el queda nas mans da servidume e dunha ama de cr\u00eda perversa, quen lle fai crer que a s\u00faa cegueira era un castigo divi\u00f1o. Xan estaba malcriado, era moi caprichoso e malia que pos\u00faa os mellores xoguetes do mundo, gozaba m\u00e1is inventando cousas ou facendo falcatruadas, que xogando con eles. Ti\u00f1a un can gu\u00eda, que \u00a0morre en estra\u00f1as circunstancias e, como non quer\u00eda m\u00e1is cans, decide co benepl\u00e1cito dos seus proxenitores contratar a Xos\u00e9, quen vai vivir a s\u00faa casa \u00a0sen que ningu\u00e9n o consultase, para servirlle de gu\u00eda. Para a familia de Xos\u00e9 a s\u00faa marcha representaba unha boca menos que alimentar e vestir, e uns cartos no peto polos servizos prestados. Xos\u00e9 non tarda en descubrir o ben que viven, comen e dormen os ricos! Tam\u00e9n descubre que Xan era m\u00e1is listo ca fame e que era capaz de velo todo cos seus enormes ollos de azul agrisado, malia estar \u2018baleiros de posibilidades\u2019, mesmo xogaba ao xadrez sen tirar ningunha peza. Xos\u00e9 conv\u00e9rtese nun ap\u00e9ndice de Xan, o seu novo xoguete mercado polos seus pais, para telo contento. O neno rico \u00e9 maligno e vingativo, pero ao neno pobre ao principio non parece importarlle\u2026<\/p>\n<p>A autora utiliza a Biblia como intertexto, para sinalar os cap\u00edtulos desta gran novela, invit\u00e1ndonos \u00e1 lectura activa e reflexiva dos aconteceres coti\u00e1ns en Pena Moura; partindo das citas do Antigo e Novo Testamento fainos mergullar naqueles tempos de opresi\u00f3n, miseria e incultura. Luz Darriba, como gran lectora, \u00e9 consciente de que cadaqu\u00e9n ten unha maneira especial de ver e interpretar as cousas reais ou fabuladas. O ca\u00ednismo, tema permanente da literatura Universal, est\u00e1 presente nesta novela: o conflito permanente das d\u00faas Espa\u00f1as trala guerra incivil. Ca\u00edn \u00e9 o primox\u00e9nito de Ad\u00e1n e Eva, o primeiro fillo var\u00f3n e \u00a0o primeiro fratricida da Historia.<\/p>\n<p><em>Xoguetes para nenos cegos<\/em> comeza coa cita b\u00edblica de Mateo 12, 43-45. Mateo era recadador de impostos e debido a s\u00faa profesi\u00f3n era dos poucos evanxelistas, por non dicir o \u00fanico, que sab\u00eda ler e escribir. Non! Non \u00e9 casualidade que Luz Darriba recorra a Mateo para empezar a historia dun neno pobre sen escola e doutro rico que lee e escribe en braille en varios idiomas. Unha historia que, como a propia autora indica, transcorre nun lugar apracible, en aparencia. Por\u00e9n, como en Ca\u00edn e Abel, a condici\u00f3n humana pode chegar aos l\u00edmites incribles de crueldade e submisi\u00f3n, \u00e1 cegueira humana, na que os pobres sempre levan as de perder. \u00a0A novela lese dun tir\u00f3n porque a intriga vai in crescendo ata chegar ao derradeiro cap\u00edtulo coa s\u00faa correspondente cita b\u00edblica: Jn 8, 81-32, d\u00edxolle Xes\u00fas aos xudeus, \u00abco\u00f1eceredes a verdade, e a verdade faravos libres\u00bb. Un final inquietante e misterioso. <strong>Fina Roca.<\/strong><\/p>\n<p>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Xoguetes para nenos cegos (Luz Darriba) Xoguetes para nenos cegos \u00e9 unha novela curta narrada en primeira persoa por Xos\u00e9, un home xa maior, que rememora os tempos vividos da posguerra na s\u00faa aldea natal. Luz Darriba Magad\u00e1n escribiuna en galego no ano 2014, nun momento moi duro da s\u00faa vida, de desesperaci\u00f3n, segundo &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=2212\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;Xoguetes para nenos cegos&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-2212","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-clasificar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2212","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=2212"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2212\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2214,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/2212\/revisions\/2214"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=2212"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=2212"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=2212"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}