{"id":112,"date":"2007-02-07T14:40:23","date_gmt":"2007-02-07T12:40:23","guid":{"rendered":"http:\/\/www.finaroca.com\/?p=112"},"modified":"2007-02-07T14:40:23","modified_gmt":"2007-02-07T12:40:23","slug":"112","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=112","title":{"rendered":"O Entroido en Galicia, Entrudo en Portugal&#8230;"},"content":{"rendered":"<p><strong>O Entroido<\/strong><\/p>\n<p>A festa do Entroido ten as s\u00faas orixes nas saturnianas latinas e na Grecia Antiga coas celebraci\u00f3ns en honor a Dionisio, deus do vi\u00f1o e\u00a0 transformaci\u00f3n, que somet\u00eda aos seus feles a todo tipo de excesos. No seu honor fac\u00edanse desfiles en lanchas con rodas empuxadas por unha recua de s\u00e1tiros (seres mitol\u00f3xicos con cara humana e pes de carneiro) e por homes e mulleres espidos, enmascarados, que incitaban a beber, danzar e foder. En Roma, hab\u00eda a mesma festa\u00a0 en honor a Baco, nome latino de Dionisio\u2026 As Saturnianas se celebraban en honor a Saturno, Cronos para os gregos. os escravos disfraz\u00e1banse de amos e se\u00f1oras, desfilando e danzando polas r\u00faas reivindicando liberdade e igualdade.<\/p>\n<p>Os cristi\u00e1ns fan s\u00faa a festa nos s\u00e9culos XIV e XV. En Galicia e Portugal\u00a0 celebraban banquetes pantagru\u00e9licos para desquitarse da Coresma, co\u00f1ecidos como Entroido en Galicia i Entrudo en Portugal: entrada ou introducci\u00f3n \u00e1 Coresma xa que coarenta d\u00edas despois celebr\u00e1base a Semana Santa. Portugal exporta o entroido a Brasil no 1723, o carnaval, durante catro d\u00edas e noites, a m\u00fasica invade todo a rimo de samba,\u00a0 da herdanza musical dos escravos africanos.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0A primeira referencia literaria do Entroido, en castel\u00e1n, aparece no Libro del buen amor (s.XIV), de Juan Ru\u00edz arcipreste de Hita, la lucha de don Carnal y do\u00f1a Cuaresma, ir\u00f3nica e sagaz lea entre animais mar\u00edtimos e fluviais (ex\u00e9rcito de dona Coresma) e terrestres (ex\u00e9rcito de don Carnal) na que se\u00a0 parodian os excesos de don Carnal, fronte \u00e1s falsas virtudes de dona Co\u00e1resma, unha ambiciosa e ponderada dama cristi\u00e1&#8230;.<\/p>\n<p>\u00a0 O Entroido comprende un tempo de festas licenciosas no que est\u00e1 permitido todo, relacionadas coas festas do demo e estaci\u00f3ns, celebrando o fin do inverno. Choqueiros, comparsas, entroidadas e regueifas son os compo\u00f1entes esencias da festa, xunto co lac\u00f3n con grelos e doces tradicionais: filloas, orellas, chulas, flores e torradas. Choqueiros e comparsas est\u00e1n obrigadas a se meter cos sistemas pol\u00edticos e relixiosos establecidos, de a\u00ed que, en Espa\u00f1a, suprimiran o Carnaval en numerosos per\u00edodos hist\u00f3ricos, con Carlos V, Felipe II, Carlos IV\u00a0 e\u00a0 Franco, pero sen resultados positivos, seguiu a celebrarse nos clubs privados e aldeas coa complicidade dos alcaides e da propia garda civil.<\/p>\n<p>Os bailes de m\u00e1scaras foron\u00a0 importados de Francia, e prohibidos por Felipe V de 1716 ao 1745; as caretas son importadas de Venecia (caretas venecianas). O\u00a0 apoxeo dos bailes de entroido foi no s\u00e9culo XIX, que \u00e9 cando se populariza as festa, tanto en Galicia como Madrid, C\u00e1diz e Canarias, o carnaval Canario \u00e9 dos m\u00e1is importantes de Europa, tam\u00e9n se populariza o enterro da sardi\u00f1a, que\u00a0 comeza cunha procesi\u00f3n burlesca na que se parodian as c\u00e1ntigas e cerimonias eclesi\u00e1sticas, para acabar enterrando a sardi\u00f1a e as s\u00faas variante, como: o Meco, persoeiro burlesco e legendario, ao que lle botan as culpas de todo, que ven ser o Momo coru\u00f1\u00e9s, castelanizaci\u00f3n do meco: cousas do ex alcalde Paqui\u00f1o V\u00e1zquez e do seu delf\u00edn Losada\u2026<\/p>\n<p>En Galicia cons\u00e9rvase \u00edntegra a festa, incluso, cel\u00e9branse as v\u00e9speras co venres de comadres, s\u00e1bado de compadres e domingo fareleiro, oleiro ou corredoiro. Rober Schuman compuso (1835) un concerto para piano, o Carnaval, no que se mesturan os persoeiros da comedia del\u2019 Arte coas situaci\u00f3ns pantasmag\u00f3ricas, que reflicten moi ben o inicio dos bailes de carnaval.. Os Entroidos con maior tradici\u00f3n son os de Ver\u00edn, Xinzo de Limia\u00a0 e Laza, onde destacan os Cigarr\u00f3ns, disfrace , que se caracteriza por levar na cabeza un tricorne, do que pendura unha pelica de carneiro; o tricorne leva carauta de madeira tallada, pintada co sol e\u00a0 lua; completa o vestuario un chaleco bordado, un calz\u00f3n curto con borlas, unha faixa e un cinto do que colgan varias chocas que ocasionan gran ru\u00eddo ao andar. Pantallas, caretas pintada, os peliqueiros, propios de Laza e Ver\u00edn (Ourense) que se caracterizan por levar un traxe moi vistoso e unha carauta, que se prolonga na parte superior cunha especie de mitra, adornada con s\u00edmbolos animais (serpes, cabalos, le\u00f3ns) ou astrais, semellante aos cigarr\u00f3ns\u2026<\/p>\n<p>\u00a0Lu\u00eds Tob\u00edo e Neira Vilas son as mellores referencias hist\u00f3ricas e literarias do entroido galego do s\u00e9culo XX. Tob\u00edo nas D\u00e9cadas (pax. 42 )\u00a0 describe o entroido viveirense: \u201ctodo era latricar, rir, cantar, bourear, beber e xantar larpeiradas, orellas de frade, freix\u00f3s, pasteli\u00f1os de nata, chulas, torradas, flores. As comparsas desfilaban polas r\u00faas, cantando coplas con alusi\u00f3ns e sucesos da vila, vellas habaneiras e valses que estaban de moda: Ven due\u00f1o m\u00edo, ven que mi alma te a\u00f1ora. O disfrace m\u00e1is usado era o de Pierrot con viol\u00edn, fronte ao do domin\u00f3, que tanto predicamento tivera nos tempos rom\u00e1nticos. Os Pierrots con mascaritas, aflautando a voz,\u00a0 met\u00edanse con todo o mundo, publicando segredos e historias. O d\u00eda culminante era o martes de entroido, de a\u00ed o dito \u2018non todos os d\u00edas do ano son martes de Entroido\u201d. Os nenos disfraz\u00e1banse de chulas madrile\u00f1as e gal\u00e1ns rom\u00e1nticos ou de choqueiros con calquera cousa. A festa remataba co enterro da sardi\u00f1a, que era de moita risa con aquel arremedo que se fac\u00eda das cousas m\u00e1is respectables e santas, quer da igrexa, quer das autoridades, co desfile do enterro e o falso crego a botar un serm\u00f3n cheo de chistes e alusi\u00f3ns, e aqueloutros de comer chourizos colgados dun penico cheo de vi\u00f1o branco. Hoxe en d\u00eda, en Viveiro, o enterro da sardi\u00f1a comeza \u00e1s 10 da noite, preside o acto un meco sentado nun barril\u00a0 de vi\u00f1o, detr\u00e1s do barril, van as pla\u00f1ideiras (homes vestidos de negro con mantilla espa\u00f1ola, e mulleres \u00eddem) consoladas polo bispo de Mondo\u00f1edo e polo alcalde, detr\u00e1s das pla\u00f1ideiras vai o pobo, todos cubertos cunha saba branca, cal \u00e1nimas en pena da Santa Compa\u00f1a cunha vela acesa, ou un fach\u00f3n, parodiando a procesi\u00f3n de Semana Santa, advertindo do que lles espera cando enterren o entroido. Polo medio das filas van os augardenteiros, repartindo vi\u00f1o,\u00a0 facendo parada e fonda en t\u00f3dolos bares da vila&#8230;\u00a0<\/p>\n<p>Neira Vilas, en Memorias dun neno labrego fai unha an\u00e1lise con ollos de neno do tempo de tolear (entroido) e do tempo de chorar (coresma). O carnaval \u00e9 contado desde a fiestra dunha vella casa de aldea, por un neno, Balbino, que est\u00e1 de loito por un t\u00edo das Am\u00e9ricas\u2026<> Fina Roca<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Entroido A festa do Entroido ten as s\u00faas orixes nas saturnianas latinas e na Grecia Antiga coas celebraci\u00f3ns en honor a Dionisio, deus do vi\u00f1o e\u00a0 transformaci\u00f3n, que somet\u00eda aos seus feles a todo tipo de excesos. No seu honor fac\u00edanse desfiles en lanchas con rodas empuxadas por unha recua de s\u00e1tiros (seres mitol\u00f3xicos &hellip; <\/p>\n<p class=\"link-more\"><a href=\"https:\/\/www.finaroca.com\/?p=112\" class=\"more-link\">Continuar lendo<span class=\"screen-reader-text\"> &#8220;O Entroido en Galicia, Entrudo en Portugal&#8230;&#8221;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-112","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-clasificar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/112","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=112"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/112\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=112"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=112"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.finaroca.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=112"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}