Semana Santa de Viveiro

Un ano máis os viveirenses demostraron o seu saber facer pola Semana Santa…

 Só houbo dous pontos negativos:

A) Os descomunais cadros colgados polas fermosas fachadas dos edificios máis emblemáticos e os que chantaron no medio e medio da praza de Pastor Díaz. Que horterada! Por favor! Outro galo cantaría se colgaran os cadros nos edificios en ruínas, ou nos máis feos, nos que sustituiron a pedra polo cemento, en Ilda, gráficas Neira, mobles Iglesias, Elite etc, por exemplo! Mira que escarallar a fachada das concepcionistas con semellante mamonada. A praza de Pastor xa estaba escarallada dende a Reforma de César Aja, para cando máis coas xigantescas fotos! Que excesivos! Diríase que aproveitan os decorados da Mostra Folclórica e Festival do Landro para decorar a Semana Santa e mailas navidades. Vamos! Viveiro non necesita máis nada que deixar á vista as galerias mediavais,  monumentos románicos, góticos e barrocos. Non é de recibo que empapelen a vila con litografías xigantescas, malas, moi malas, enmarcadas en escaiola marrón…  

Semana Santa 0011.jpg Xoves Santo, Viveiro 005.jpg Praza Maior e Concepcionistas

B) O coche do crego, Manuel G. L, Lu-2979.M, estivo chantado no atrio de Santa María o Xoves Santo! Que insensible! O vernes cambiouno de sitio, apárcandoo no solar do antigo forno, a poucos metros da grota de Lourdes. Por moitos permisos que teña ese curiña para circular polo casco antigo, non debería abusar do poder ‘celestial’. Iso facíano certos alcaldes nos tempos precedentes… 

Vernes Santo, Viveiro 017.jpg O coche do crego con permiso municipal

Polo demáis a Semana Santa foi un exemplo de traballo e recollimento! Noraboa a tódolas confradías. Emocionante a saída do ECCE-HOMO da capela da Misericordia. Centos de fieles, especialmente chilindríns, -mariñeiros de Celeiro-, acompañaron a imaxe ata a porta de Carlos V onde se xuntou coa procesión da Paixón. Pero ollo! Que esta talla non é procesional e pódese rachar, mellor facer unha réplica para os desfiles, como fixeron en Ferrol co Cristo da Misericordia, e deixala na súa furna. O ECCE-HOMO é coñecido polo Cristo dos mariñeiros e polo Santo Iciombre: a tradición popular confundía o Cristo co Santo, quizais pola dificultade da pronunciación das voces latinas ecce homo= ese home. Venérase o día das Tres Grazas. O Ecce-Homo cruzou por primeira a vez a ponte, para saír en procesión, en 1899, logo volveu saír en outra ocasión en 1987. 2007 marca un fito na historia desta imaxe que quixeron queimar pola súa provocadora postura…

Viveiro, coma Ferrol, ten portadoras femininas, bailan o paso da Virxe da Cruz de forma maxistral. Este ano, en Viveiro, montaron unha carpa na ábside gótica de San Francisco para expor os pasos de Semana Santa:

Semana Santa 004.jpg Foto: Marta Michelena.

Vernes Santo, Viveiro 023.jpg Vernes Santo, Viveiro 025.jpg Vernes Santo, Viveiro 106.jpg Vernes Santo, Viveiro 028.jpg Fotos: Fina Roca

O bo tempo permitiu expor o ECCE-HOME diante da capela do seu nome. Cabe subliñar a postura amanerada de Xesús Cristo, talla do século XVII…

Preparativos previos ao desfile:

Os máis pequenos participan activamente nas tamborradas, desfiles e Banda Municipal de Viveiro que é un luxo ao alcance de poucos. Paga a pena ir a procesión dos Caladiños, só por escoitar a Marcha Fúnebre da Banda Municipal de Viveiro…

   Xoves Santo, Viveiro 013.jpg Xoves Santo, Viveiro 016.jpg Vernes Santo, Viveiro 002.jpg Xoves Santo, Viveiro 020.jpg Xoves Santo, Viveiro 028.jpg Vernes Santo, Viveiro 036.jpg Vernes Santo, Viveiro 037.jpg Vernes Santo, Viveiro 077.jpg

Unha curiosidade que mantivo intrigados aos amantes da prensa do fígado. Dicíase que Terelu Campos ía desfilar de mantilla española coa Confradía dos de Fóra para facerlle a competencia ao seu ex Pipi calzas follas. Pero non! Terelu Campus e o seu noivo viveirés, o Agrelo, só desfilaron polas tascas e vinotecas de Viveiro. Os defiles estiveron a velos dende o balcón de César Pais, o presidente da Aociación Comarcal de Viveiro. Aquí están ben, ninguén os molesta, nin sequera eu físenlle fotos malia telos ao meu carón. Para que? Os protagonistas non eran eles, eran os portadores anónimos/as e tantas outras persoas, que traballan arreo todo o ano para que Viveiro sega a celebrar de maneira maxistral a súa Semana Santa…

Xoves Santo, Viveiro 010.jpg Xoves Santo, Viveiro 032.jpg O xuíz, o alcalde, o pregoeiro e o cronista de Viveiro…

Xoves Santo, Viveiro 027.jpg Semana Santa 003.jpg Franciscanos e tamborrada feminina, emulando aos tambores de Calanda…

Semana Santa 007.jpg Xamóns e desmesurado cartel da Xemana Santa, o peor de todos cantos se publicaron, con super cirios e trapos vermellos tapando un burato…

Viveiro 013.jpg A fermosa fachada da farmacia dos Casariego, recén restaurada, tapada cun dos cuadros subliñados…

Vernes Santo, Viveiro 046.jpg Vernes Santo, Viveiro 050.jpg Vernes Santo, Viveiro 051.jpg Vernes Santo, Viveiro 055.jpg Vernes Santo, Viveiro 049.jpg Vernes Santo, Viveiro 061.jpg

O Desprendemento en Santa María, auto Sacramental,  e o Santo Enterro. Mágoa de que un ano si e outro tamén, a liturxia, sexa en castelán con castrapo, acento e interferencias galegas…

Vernes Santo, Viveiro 085.jpg Vernes Santo, Viveiro 083.jpg Vernes Santo, Viveiro 060.jpg Vernes Santo, Viveiro 069.jpg Vernes Santo, Viveiro 072.jpg Vernes Santo, Viveiro 088.jpg Vernes Santo, Viveiro 093.jpg Vernes Santo, Viveiro 097.jpg Don Amado Aguiar non podía faltar aos oficios…

O bo tempo axudou a celebrar as procesións e, incluso, puidemos gozar da praia…

Da Coruña a Oviedo pasando por Cudillero…

A Rota da Rexenta…

Excursión lúdica cultural recomendada para alumnos/as de 4º de ESO e bacharelato e, naturalmente para viaxeiros con gañas de gozar da paisaxe, arte e novas teconoloxías. Levo anos facendo esta rota co meu alumnado e sempre pasámolo ben, moi ben. Viaxamos ao través da Literatura (A Rexenta de Leopoldo Alas Clarín), da arte prerrománica (Santa María do Naranco e San Miguel de Lillo), da Tecnoloxía (Museo da Mina de El Entrego), da pesca e natureza en estado puro, Cudillero: http://www.cudillero.org.  En honor a La Regenta escomenzamos o percorrido no parque dos Franciscanos onde está o monumento a Clarin (foto nº 1), os pavos reais, que andan ceibes polo parque e bisbarra( foto nº 2) e a fonte dos sapos facendo alusión capítulo final da Rexenta. Seguimos polo Teatro Campoamor, catedral (4), monumento á Rexenta (5) e barrio antigo, coa visita obrigada ao mercado de La Fontan, onde se comercailizan os carballóns e, dende 1918, os famosos doces de avellanas ‘os carajitos do profesor’ Que ricos!

A segunda etapa obrigada é aos monumentos do prerrománico asturiano, declarados pola UNESCo patrimonio da Humanidade en 1985: Santa María del Naranco e San Miguel de Lillo (fotos 6-10) onde se celebran bodas e bautizos por 450 euros.

O museo da mina de El Entrego (foto nº 11), na conca do Nalón, é algo digno de ver, aos estudiantes encántalles baixar ao pozo cos cascos postos e facer de mineiros por unhas horas, baixan a pelo polas galerías e ramplas, e gozan a mazo coas antigas e novas tecnoloxías. Non falla! A visita a mina é o que máis lles gusta de todo o percorrido. Pasan da arte!

Cudillero é una vila de cine, punto de paso da rota costeira do Camiño de Santiago. As paleadoras non fixeron estragos, de momento! Aquí naceu, extendéndose a todo o principado de Asturias, a denominación de pixuetos para os pescadores e caizos para os labregos. Ten un curioso paseo fluvial, peatonal, que remata nunha casacada e que atravesa o monte de lado a lado (fotos 12, 13 e 14)