Celeiro, a procesión marítima…

Celeiro é un porto galego, da mariña luguesa (VIVEIRO), cunha flota pesqueira moi importante, onde habería que borrar do mapa as construccións salvaxes e un varadoiro que fixeron na praia co seu chorreo continuo noite e día. Un lugar ligado a pesca e industria conserveira, onde o alcalde da quenda e Costas, foron capaces de desfacer unha praia, a de Lavandeiras, para facer unha piscina cuberta. Os habitantes de celeiro chámanse popularmente os chilindrís. Con todo o pobo é un encanto e garda as súas tradicións, tal como a procesión marítima de Celeiro, como colofón das festas patronais en honor de Santiago e Santa Ana, que duran seis días. Pero, a procesión non é en honor dos santos patróns senón da virxe do Carme. Engalanan o percorrido da imaxe con alfombras de flores. A procesión  realízase en dúas etapas. O día 28 de xullo trala misa solemne (7 e media da tarde) baixan a Virxe dende a igrexa parroquial ata a lonxa, facendo parada e fonda na Casa de Saleta para escoitar a Salve Mariñeira e diante do monumento ao náufrago do escultor viveirense Neira Broch. Contra as doce da noite entra na Lonxa de celeiro entre cantigas, pétalos de rosa e Vivas: Viva a Virxe do Carme e viva Celeiro…

Ao día seguinte, as once da mañá sae da lonxa para embarcar e face-la procesión marítima entre foguetes e sereas. Tódolos barcos están engalanados de proa a popa, agás o barco portador (O Anxuela) que estaba de loito pola recén morte do seu patrón, levaba  abandeira a media asta e non tiña o código marítimo de bandeiras e gallardetes.

 Celeiro 2007 004.jpg Celeiro 2007 012.jpg Celeiro 2007 018.jpg

 Celeiro 2007 016.jpg Celeiro 2007 025.jpg Celeiro 2007 029.jpg 

Os chilindrís asocian as festas coa bandeira nacional! Pasan da galega! Só ondea en algún barco e casa. Nin na Igrexa nin na procesión, nin no barco portador, que este ano foi o Anxuela, non ondeaba a bandeira galega…

Celeiro 2007 030.jpg Celeiro 2007 032.jpg Celeiro 2007 031.jpg

Velaquí a bandeira nacional por doquier…

A procesión marítima de Celeiro:

A Virxe do Carme bendicindo os barcos.jpg O Anxuela, barco portador da Virxe.jpg Celeiro 2007 064.jpg 

Celeiro 2007 060.jpg Celeiro 2007 062.jpg Celeiro 2007 044.jpg

 Celeiro 2007 034.jpg Celeiro 2007 053.jpg Celeiro 2007 084.jpg

A Virxe do Carme no momento de embarcar e O Bautista Pino acompañándoa en procesión. É costume xeralizada almorzar nos barcos invitados polo armador. O Bautista Pino estaba capitaneado por Francisco (Paco) López Fernández… 

                                         Celeiro 2007 085.jpg 

Celeiro 2007 036.jpg Celeiro 2007 039.jpg Celeiro 2007 041.jpg 

A familia Pino e amigos dentro do barco o día da procesión marítima

Celeiro 2007 046.jpg Celeiro 2007 047.jpg Celeiro 2007 043.jpg

Celeiro 2007 051.jpg Celeiro 2007 079.jpg Celeiro 2007 083.jpg

A travesía no barco foi inenarrable e inesquecible. Difícil de explicar o que se sinte cando pasas a bocana da ría, en procesión, seguindo ao Anxuela, nun arrastreiro…

Celeiro 2007 003.jpg Celeiro 2007 021.jpg Manolo Montero de bispo na costa da Arribada.jpg

A procesión atrae a diversos persoeiros, como o mindoniense Manolo Montero Rego, vestido de bispo. Disque foi o libreiro de cámara de Álvaro Cunqueiro, o inspirador do mago Merlín. As monxas do asilo, Sor María e sor Josefa, tampouco quixeron perder pancada da procesión marítima, son de Ourense i encántalles navegar:

                                                 Celeiro 2007 103.jpg

Texto e fotos: Fina Roca

Deixa unha resposta