Solta amarras no KANALA…

O día 31 de maio celebrouse o día mundial sen tabaco. A Xunta de Galicia sumouse a tan egrexio evento cunha guía para deixar de fumar: SOLTA AMARRAS.VIVE SEN TABACO…

http://www.sergas.es/gal/documentacionTecnica/docs/SaudePublica/tabaco/Solta_amarras.pdf

Na Coruña montaron carpa-botiquín diante de Palesco, -onde celebraban o XIV Congreso Nacional y III Internacional da Sociedade Española de Menciña Preventiva-, na que non faltaba moneco inchable, chaveros, cuncas e bolsas de cores, bolis para facer pompas de xabrón, cartucheiras, pulseiras verdes e azuis coa bandeira galega, envoltas en celofán, MADE IN CHINA.

Amnis, tabaco 001.jpg  Amnis, tabaco 003.jpg Carpa xunteira coa ruleta e espirómetros para medir o volúmen pulmonar e fluxo respiratorio.

Corramos un tupido veo en tor a ‘made en China’. Toleadas xunteiras? Non grazas!

Vaiamos ao que de verdade importa. A proba do espirómetro tiña premio para quen deixou de fumar, dous anos como mínimo. Podías optar por xira-la ruleta na procura dun regalo ou dar unha volta en barco pola ría. A que subscribe optou -faltaría máis!- por navegar a vela, pero, todos cantos espirómetrando estaban, que non eran poucos, prefiriron xogar coa ruleta de cores. Soltar amarras, vento en popa toda vela, non ía con eles…

O día estaba gris e neboento… 

Tabaco 022.jpg Tabaco 021.jpg Tabaco 018.jpg Tabaco 025.jpg Tabaco 017.jpg 

O Kanala capitaneado por Jorge Pena e a autora desta reportaxe.

Ás doce e media da mañá cinco ex fumadores embarcamos no devandito KANALA con base en Sada, -44 pies, 14´5 metros de eslora e pau de entre 22 e 23 m-, capitaneado por Jorge Pena, mariño experto en navegación e crucerios, quen adoita navegar sen límites ao redor do mundo. Saímos da dársena co motor ao relentí ata despega-las velas. A mar estaba calmiña, agás na bocana da ría, non chovía, non venteaba demasiado, nin había maruxía. Andar a vela é unha maravilla! Tras navegar pola ría, vento en popa, Jorge, achegounos ata o castelo de San Antón, actual museo da arte castreña,  e bordeamos a monumental medusa do carbón, que están a piques de inaugurar…

  Tabaco 033.jpg Tabaco 034.jpg

A medusa portuaria vai acabar cos problemas do carbón, un cargueiro ao seu carón…

Tabaco 028.jpg Tabaco 029.jpg Castelo de San Antón dende a bocana da ría coruñesa, onde José María Bello, actual director, fixo unha importante labor de recopilación e explicación arqueolóxica. Paga a pena visitalo…

Kanala, kanala, kanala, quizais sexa un nome vasco, femenino analóxico de canal? Un lugar de Vizcaya, situado no mirador de Urdabai declarado pola UNESCO en 1984 reserva da biosfera? Ou grego? A Kanalia da illa de Citnos a 56 millass naúticas do Pireo. Quen sabe! Tanto ten! Non preguntei polo orixen do nome do veleiro, porque espero repetir experenzas e singladuras. Foi a única iniciativa da Xunta de Galicia que me gustou plenamente, e falo con propiedade xa que son foncionaria da categoría A con 35 anos de servizos prestados. Debería ser obrigatorio navegar, como mínimo unha vez ao ano.

Como deixei de fumar? Con moito mono. Estaba insoportable pero decidida a non volver coller un cigarro. Fixen unha lista de ventaxas e inconvintes. Era unha fumadora compulsiva, quemaba tres paquetes diarios de tabaco rubio. Decateime de que estaba a fumarme unha hipoteca, e quizais eso salvoume, amén de ver de cerca o cancro de pulmón. Que mal se pasa! Engordei un montón, porque deixei un vicio por outro: comía a mazo! Suprimín a comida, os bocatas denoite,  polas zanahorías. Saía a correr por lugares inhóspitos e sen cartos, pois, en máis dunha ocasión vinme mercando tabaco, ou pedíndoo. Tardei seis meses en regular a situación, vai case para catro anos que non fumo, xa non me apetece, mellorei en saúde, podo andar sen cansar e recobrei o olfato. Fumei dende os 14 anos ata os 56. É difícil deixar de fumar sen axuda, pero non imposible. Ánimo! 

Textos e fotos: Fina Roca  

Deixa unha resposta