As colas do Inserso e do Festival do Landro
A xente maior ten unha paciencia infinita! Fan cola para todo! Empezaron na postguerra coas colas do racionamento, seguiron coa cola da auga (habÃa que ir a fonte xa que non habÃa auga nas casas), logo, na década dos sesenta, empezaron as colas dos ambulatorios: toda unha mañá para ver a un médico (Esta cola aÃnda segue!)…
Cando se populariza o cine, as sesións féminas eran máis baratas e habÃa que gardar dúas horas mÃnimas de cola para conseguir unha entrada. Colas para todo! Nas tendas, supermercados e prazas de abastos! Pero ningunha cola supera ás das viaxes do Inserso e do Festival do Landro de Viveiro…Â
Para conseguir unha plaza do Programa de Turismo Social, ofertada polos gobernos autonómicos i estatais a prezos reducidos en temporada baixa, para poder viaxar polo Mediterráneo, hai que armarse de paciencia do santo Job e porse a cola das axencias contratantes anque chova a cachón. E para conseguir unha invitación de balde para asistir o Festival do Landro hai que gardar un mÃnimo de cinco horas de cola aÃnda que quente o sol…
Pero ós do Inserso dirÃase que non lle importa! Vamos! Que pasan o dÃa facendo cola con cara de satisfación! A meirande parte dos xubilados/as, xentiña do común, asisten as devanditas colas provistos de sillas plegables, barallas, froita e bocatas. Chegan, instalan a cadeira, sacan o bocadillo, ou as cartas, e pasan as horas falando cos veciños de cola como se se coñecesen de toda a vida. Hai que ver ós vellos e vellas gardando cola dende as seis da mañá diante dunha axencia de viaxes para poder ir as Baleares a prezo reducido; ou no Teatro Pastor DÃaz, para conseguir entradas para o Festival do Landro ou Mostra Folclórica, no Banco o dÃa de cobro das pensións…Â
Coido que deberÃan reducir as colas á nada. Fina Roca
Â