Monelos e Imelga…

A Asociación de Veciños de Monelos Fuente das Pajaritas, cansa das falsas promesas do actual alcalde da Coruña, Losada, delfín de PAQUIÑO VÁZQUEZ, convocou unha manifestación pacífica, xoves 26 de abril, co fin de denunciar, que seguen sen local social e sen Parque de Oza; o único que fixo Losada foi vender terreo público en Elviña para facer un Centro Comercial e remexer a terra de Oza cunha paleadora para saír na foto preelectoral, deixando aos veciños co cu ao aire xa que non poder abrir as fiestras das casas porque enchénse de po e as moscas, asemade, nada se sabe dos 348.000 euros presupuestados para a realización do cacareado parque con xardíns nipóns, ingleses, franceses etc… O parque de Oza xa existe, natural, e só necesita unha boa limpeza. Ver o antes e despois nesta mesma páxina.

Os manifestantes concentráronse diante do centro cívico de Monelos e deron unhas voltas ao redor do barrio e do novo Centro Comercial de Elviña facendo unha parada técnica diante do Gadis, denunciando que, outrora, a asociación tiña a súa sede no mercado de Elviña, pero coa ‘Reforma’ botáronnos fóra para meter a Adolfo Domínguez, Gadis, Movistar, O Pincel e outras xoais da coroa, amén de mandar para a terceira planta aos usuarios e placeros: carniceiros, froiteiros, pescadeiros, amas de casa etc, ou sexa, que o mercado de Elviña quedou para os ricos de sempre…

Texto dunha das pancartas que abrían a manifestación:CONCEJALA, ALCALDE, CON IMELGA Y SIN LOCAL, MONELOS NO SALDRÁ DE VALDE.

       IMELGA = Instituto de Medicina Legal de Galicia. O Imelga coruñés estase a facer a marchas forzadas nos baixos do edificio de Raminosa, entre a travesía de Monelos e a rúa Juan Neira, sen o consentimento dos copropietarios do edificio como é preceptivo na apertura dun local, segundo os estatutos da Comunidade de Propietarios, que non descartan recurrir aos tribunais, xa que non están dispostos a ter os mortos e presos nos baixos das súas casas. Os manifestantes deron berros en contra do Imelga e a favor dun local social para os veciños de Monelos, acusando ao alcalde e a concelleira de barrio de traidores. Un equipo de patoloxía forenses, Imelga, nos baixos dun edificio, sito nun barrio superpoboado non é de recibo, é para botarse a tremer.

Mentres os manifestantes reuníanse diante do Centro Cívico de Monelos os membros da Xunta directiva repartían octavillas e explicaban o que pasou co mercado de Elviña, o club de chave e xardín, que agora ocupa Adolfo Domínguez e outros…

Texto doutra pancarta do movimento veciñal de Monelos: VÁZQUEZ LO PROMETIÓ Y UN AÑO MÁS TARDE LOSADA LO NEGÓ. NECESITAMOS UN LOCAL… ¡¡¡YA!!!

A única forza política que acudiu a manifestación foi Esquerda Unida (IU)…

Texto e fotos: Fina Roca

Deixa unha resposta