Peches patronais. Lock-out…

 

Estamos nun período histórico no que O PP pasa os días e mailas noites chorando a perda do centralismo trasnoitado, facendo todo tipo de manifestacións e falcatruadas para volver á Moncloa…

Por min que segan a manifestarse, proba de que están na oposición. Ía sendo hora de que fosen as dereitas as que saíran as rúas, agora só lles falta pasar á clandestinidade e correr a mazo diante dos antidisturbios. Daba algo por ver a Ana Botella e Rajoy, agarrados aos bispos, esquivando os porrazos da garda pretoriana, alias chicos con cascos e chalecos azuis antibalas… 

Claro que, nesto de manifestarse, non todos somos iguais ante a Lei do Porrazo. Hai manifestantes de primeira, os da clase VIP, a quen os gardas organízanlles as manifestacións, e manifestantes de segunda, os pringados de sempre. Que llo pregunten aos coruñeses de Atento, filial de teléfonica que está a despedir traballadores, para externalizar os servizos de teléfono, Internet e SMS a países hispanoamericanos, onde os contratos son máis baratos… 

Vamos! Que as Forzas de Seguridade non se atreven coa clase VIP, pero atacan impugnemente a xentiña do común, ás desvalidas traballadoras/es de Atento, que defenden o seu pan, manifestándose pacíficamente diante da empresa, interrompendo o tráfico quince minutos, en Juan Florez, nunha rúa na que sempre hai atascos debido aos supercoches aparcados en doble fila. Ven poden! Cinco dotacións de antidesturbios contra 50 persoas. Por que non lle dan de hostias aos manifestantes da clase VIP, seica non interrompen o tráfico pola Castellana?

Coidadiño! Que cando as dereitas se manifestan en olor de multitude, benditas pola Igrexa, pretenden desestabilizar ao goberno legalmente establecido. Na España da II República, as manifestacións, serviron de escusa para da-lo Golpe de Estado e impoñe-la Ditadura franquista. En 1972 a C.I.A inverteu máis dun millón de dólares en Chile, para desestabilizar o goberno de Allende, fomentando a fuga masiva de capitais e dando lugar a repetidos peches patronais, alias lock-out, favorecendo o golpe militar de Pinochet.

En España hai un intento descarado de lock-out por parte das dereitas delirantes: peche de fábricas e empresas co despido masivo de traballadores sen causa xustificada. Mesmo a multinacional Alcoa ameaza con pechar se lle subimo-la luz. Iso non é chantaxe? Fina Roca 

?

Deixa unha resposta